Ligamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ligamento

Latín = ligamenta

Knee diagram.svg
Diagrama do xeonllo dereito.
Joint.png
Articulación típica

Un ligamento é unha estrutura anatómica en forma de banda, composto por fibras resistentes que conectan os tecidos que unen os ósos nas articulacións. En resumo, é unha banda fibrosa resistente que confere estabilidade á articulación, de maneira que é fundamental para o movemento dos ósos.

Composición[editar | editar a fonte]

O ligamento componse de fibras musculares ríxidas, dunha natureza similar aos tendóns. Este tecido preséntase estruturado por un grupo de pequenas entidades denominadas fascículos, os cales conforman as fibras básicas. Á súa vez, nesta estrutura existen fibras onduladas que contribuen de forma significativa na súa resposta non lineal a un esforzo de tensión aplicado; non obstante, aínda non está claro en que forma e cantidade é a relación función-estrutura que desempeña un papel no comportamento dun ligamento.

Función[editar | editar a fonte]

A función dos ligamentos é a unión e estabilización de estruturas anatómicas, de modo que é común encontrar entre os ósos e cartilaxes do organismo, especialmente naqueles en que forman articulacións. A diferenza dos tendóns, que conectan músculos con óso, os ligamentos interconectan ósos adxacentes entre si, tendo un rol moi significativo no sistema músculo-esquelético. Nunha articulación, os ligamentos permiten e facilitan o movemento dentro das direccións anatómicas naturais, mentres que restrinxe aqueles movementos que son anatomicamente anormais, impedindo lesións ou protrusións que poderían xurdir por este tipo de movemento.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Os ligamentos clasificanse tradicionalmente como:

  1. Acintados: ligamentos que pasan dun óso a outro sen perder contacto en ningún momento co óso.
  2. Cordonados: ligamentos que saltan dunha estrutura ósea á seguinte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]