Chordata
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Cordados | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||
|
||||||||
| Subfilo | ||||||||
Os cordados (nome científico Chordata) constitúen un filo animal que comprende os anfioxos, os tunicados e os vertebrados, que están dotados, ao menos durante unha das fases de súas vidas, dunha notocorda, fendas branquiais na farinxe e dun cordón nervioso.
O filo chordata está subdividido en catro subfilos: Urochordata , Cephalochordata, Myxini e Vertebrata. No subfilo Urochordata, as larvas teñen notocordio e tubo neural, desaparecendo ambas no estado adulto. Os Cefalocordados teñen notocordio e tubo neural, mais sen vértebras. Nos vertebrados, o notocordio foi substituído por unha columna vertebral ósea. Son animais triblásticos, enterocelomados, deuteróstomos, con segmentación heterónoma, esqueleto interno.
O filo chordata ten dez clases extintas: unha no subfilo Urochordata, un no subfilo Cephalochordata, e oito no subfilo Vertebrata.
A clasificación tradicional dos vertebrados contén unha ampla variedade de grupos parafiléticos que, nos novos sistemas taxonómicos, foron considerabelmente alterados debido a novos dados filoxenéticos.
Outros grupos usados frecuentemente (en orde alfabética):
- Agnatha – vertebrados sen mandíbula
- Amniota – réptiles, aves e mamíferos
- Anapsida - tartarugas
- Archosauria – crocodilos, aves, dinosauros, etc.
- Craniata - vertebrados e enguías-de-casulo
- Diapsida - lepidosauros e arcosauros
- Dinosauria - dinosauros, incluíndo, por veces, aves
- Gnathostomata – vertebrados con mandíbula
- Lepidosauria – lagartos e cobras
- Lissamphibia – píntegas (Caudata), sapos (Anura) e cobras-cegas
- Osteichthyes – peixes óseos: actinopteríxeos e sarcopteríxeos – na análise cladística, inclúe todos os tetrápodos (Tetrapoda)
- Sarcopterygii – peixes con barbatanas lobadas, como o celacanto e o peixe-pulmonado, – na análise cladística, inclúe todos os tetrápodos (Tetrapoda)
- Synapsida – mamíferos e outros animais aparentados, extintos
- Tetrapoda – vertebrados con catro membros (ou descendentes de animais con catro membros, como as cobras)
Índice |
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Bibliografía
[editar] Ligazóns externas
| Filos do Reino Animal |
| Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanomonada | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Echiura | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Myxozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | (Pogonophora) | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida |

