Homeopatía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A homeopatía ou homœopatía (do grego όμοιος: hómoios, similar, semellante, e πάθος: páthos, doenza) é un polémico método terapéutico baseado no "principio de similitude". A teoría da homeopatía foi desenvolvida polo médico saxón Samuel Hahnemann (1755-1843), e publicouse en 1796.

Polémica[editar | editar a fonte]

Para máis información sobre as críticas da homeopatía, ver: pseudociencia.

A pesares de ter unha ampla e crecente popularidade nas áreas nas que se practica, os seus fundamentos empíricos e teóricos non son aceptados por ningunha organización científica ou médica importante. A maior parte dos científicos, epistemólogos e filósofos da ciencia, como Mario Bunge, consideran que a homeopatía, de forma similar á psicanálise ou á astroloxía, é unha pseudociencia.

A eficacia terapéutica da homeopatía é obxecto de controversia. Os remedios homeopáticos foron suxeito de numerosos ensaios clínicos, que comprobaron a posibilidade de que puidesen ser efectivos por algún mecanismo polo momento descoñecido pola ciencia. Considerados en conxunto, estes ensaios non mostraron ningún efecto máis alá do placebo. Aínda que algúns ensaios deron resultados positivos, [1][2] as revisións sistemáticas indicaron que isto ou ben foi por casualidade, ou por métodos de investigación incorrectos, ou por nesgo á hora de realizar o informe.[3][4][5][6] [7] Os mecanismos propostos para a homeopatía fan imposible segundo as leis da física coñecidas que teñan efecto.[8]

Principio de similitude[editar | editar a fonte]

Consonte este principio, que data da Antigüidade, a determinación dun síntoma provocado nun suxeito san por unha substancia calquera (de orixe vexetal, mineral ou animal) permitiría coidar un suxeito enfermo que presente un síntoma semellante.

O adxectivo correspondente é "homeopático" e a persoa que aplica este método é un "homeópata". Por deslizamento semántico, "homeopático" designa a miudo, na linguaxe corrente, unha dose mínima dun produto, en tanto a especificidade orixinal da homeopatía reside na similitude.

A homeopatía oponse a alopatía, que designa todo tratamento medicamentoso que se apoia sobre a noción de "molécula activa" e non se apoia na similitude nunha escolla terapéutica, senón sobre o "principio dos contrarios". Así, a fitoterapia é un método de coidado alopático.

As bases da homeopatía foron expostas en 1796 polo médico alemán Samuel Hahnemann e organízanse, segundo el, nun principio e dous corolarios :

  • o principio de "similitude": a cura dun conxunto de síntomas é realizada por unha substancia que provoca signos semellantes nun suxeito san, conforme o principio similia similibus curantur (as semellanzas son curadas polas máis semellantes);
  • a "adaptación" do tratamento ao paciente: a aplicación do principio de similitude, logo da súa verificación, ten lugar cada vez que a busca do remedio máis semellante foi efectuada de maneira concienzuda polo práctico. Cada tratamento está personalizado para cada paciente, calquera que sexa o nome da enfermidade, sendo o centro do método a busca da "totalidade" dos síntomas presentados polo paciente. Iso explica a longa duración do diálogo entre o médico e o paciente. A etapa de observación dos síntomas provocados por unha substancia nun individuo san, que precede sempre a aplicción do principio de semellanza, e a súa transcrición, corresponde a estabelecemento dunha patoxenesia.
  • a "dinamización": este segundo corolario é experimental. O principio activo sofre dinamizacións, termo que designa as dilucións repetidas asociadas a "sacudimentos": o preparado é sacudido en cada dilución.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cucherat, M; Haugh, MC; Gooch, M; Boissel, JP (2000), "Evidence of clinical efficacy of homeopathy. A meta-analysis of clinical trials. HMRAG. Homeopathic Medicines Research Advisory Group", European journal of clinical pharmacology 56 (1): 27–33, PMID 10853874
  2. Caulfield, Timothy; Debow, Suzanne (2005), "A systematic review of how homeopathy is represented in conventional and CAM peer reviewed journals", BMC Complementary and Alternative Medicine 5: 12, doi:10.1186/1472-6882-5-12, PMC 1177924, PMID 15955254
  3. Shang, Aijing; Huwiler-Müntener, Karin; Nartey, Linda; Jüni, Peter; Dörig, Stephan; Sterne, Jonathan AC; Pewsner, Daniel; Egger, Matthias (2005), "Are the clinical effects of homoeopathy placebo effects? Comparative study of placebo-controlled trials of homoeopathy and allopathy", The Lancet 366 (9487): 726–732, doi:10.1016/S0140-6736(05)67177-2, PMID 16125589
  4. Kleijnen, J; Knipschild, P; Ter Riet, G (1991), "Clinical trials of homoeopathy", BMJ 302 (6772): 316–23, doi:10.1136/bmj.302.6772.316, PMC 1668980, PMID 1825800
  5. Linde, K; Clausius, N; Ramirez, G; Melchart, D; Eitel, F; Hedges, L; Jonas, W (1997), "Are the clinical effects of homoeopathy placebo effects? A meta-analysis of placebo-controlled trials", The Lancet 350 (9081): 834–43, doi:10.1016/S0140-6736(97)02293-9, PMID 9310601.
  6. Linde, K; Scholz, M; Ramirez, G; Clausius, N; Melchart, D; Jonas, WB (1999), "Impact of Study Quality on Outcome in Placebo-Controlled Trials of Homeopathy", Journal of Clinical Epidemiology 52 (7): 631–6, doi:10.1016/S0895-4356(99)00048-7, PMID 10391656
  7. Adler J (2004-02-04). "No way to treat the dying".
  8. Grimes D R (2012). "Proposed mechanisms for homeopathy are physically impossible". FACT 17 (3): 149. DOI:10.1111/j.2042-7166.2012.01162.x. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]