Proverbio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Proverbio provén do latín proverbium. Sinónimos de proverbio son: refrán, adagio, máxima, sentenza, aforismo, dito, paremia e apotegma. O estudo dos proverbios denomínase paremioloxía.
Os refráns son sentenzas, habitualmente, anónimas. No entanto, moitas expresións literarias e doutras culturas tamén pasaron a formar parte do refraneiro popular. Moitas son observacións acuñadas pola experiencia colectiva ao longo do tempo, con temas que van desde a meteoroloxía ata o destino invariable e fatalista de existencia. Constitúen a bagaxe cultural do pobo en tempos nos que a tradición oral pasaba a sabedoría popular dunha xeración a outra.
A súa estrutura adoita ser pareada e recorren tanto á rima como a figuras literarias (antíteses, elipse ou paralelismo) para facilitar o seu perpetuación oral.
Miguel de Cervantes, en Don Quixote da Mancha, defínenos o que é un refrán: "los refranes son sentencias breves, sacadas de la experiencia y especulación de nuestros antiguos sabios". Seguirá dicindo Don Quixote sobre a utilidade dos refráns: "cualquiera de los que has dicho [, Sancho,] basta para dar a entender tu pensamiento" (Segunda parte, capítulo LXVII).
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Proverbios galegos na Galicitas
- na WikiNotes
- Cadernos de Fraseoloxía Galega: numerosas monografías sobre refráns e fraseoloxía, de diversa autoría, publicadas polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Todas listas para a súa descarga ou consulta en "pdf".

