Marc Gasol
| Memphis Grizzlies – No. 33 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de xaneiro de 1985 (28 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
| Peso | 95 kg (210 lb) |
| Instituto | Lausanne Collegiate School |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2007 / Rolda: 2 / Elección: 48
Escollido por Los Angeles Lakers |
| Carreira | dende 2007 |
| Historial de equipos | |
| FC Barcelona (2004–2006) Akasvayu Girona (2006–2008) Memphis Grizzlies (2008–presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| Campión da Liga ACB (2004) MVP da ACB (2008) 2º equipo de rookies NBA (2009) 1× NBA All-Star (2012) |
|
| Información en nba.com | |
Marc Gasol i Sàez, nado en Barcelona o 29 de xaneiro de 1985, é un xogador catalán de baloncesto profesional que xoga nos Memphis Grizzlies da NBA. Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2007, na 48ª posición, polos Los Angeles Lakers. É o irmán pequeno do ala-pivote dos Lakers Pau Gasol.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Tras a súa graduación en Laussane, Gasol volveu a España para xogar na Liga ACB. Xogou no FC Barcelona antes de fichar polo Akasvayu Girona, onde xogou dúas tempadas e foi nomeado MVP da liga en 2008.
Gasol foi elixido na 48ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Los Angeles Lakers. O 1 de febreiro de 2008, os seus dereitos foron traspasados aos Memphis Grizzlies, como parte do traspaso do seu irmán maior, Pau, aos Lakers. O 23 de xuño de 2008, asinou o seu contrato cos Grizzlies.[1] Ao remate da tempada 2010-11 será un axente libre non restrinxido.
Gasol comezou a súa tempada coma rookie con éxito, anotando 10 ou máis puntos en 10 partidos seguidos, con 49 de 84 tiros, en outubro de 2008.[2]
Gasol conseguiu bater a marca da franquía dun rookie con maior porcentaxe de tiros campo ao remate da tempada, cun 53%. A marca anterior a tiña o seu irmán Pau, cun 51.8% de tiros de campo na súa tempada coma rookie.[3]
Na tempada 2011-12, foi elexido por primeira vez para disputar o All-Star Game da NBA.[4]
Selección española [editar]
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Baloncesto | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Prata | Beijing 2008 | España | |
| Prata | Londres 2012 | España | |
| Campionato do Mundo da FIBA | |||
| Bronce | Xapón 2006 | España | |
| EuroBasket | |||
| Prata | España 2007 | España | |
| Ouro | Polonia 2009 | España | |
Gasol foi parte da selección española de baloncesto que gañou a medalla de ouro do Campionato do Mundo da FIBA no ano 2006, e a medalla de prata no Eurobasket 2007 en España. Ademais gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2008 en Beijing e a medalla de ouro no Eurobasket 2009 en Polonia.
Galardóns [editar]
- Campión da Liga ACB: 2004
- Campión da Supercopa de España de Baloncesto: 2004
- Campión da EuroChallenge: 2007
- Campión da Copa de Catalunya de baloncesto: 2007
- MVP da Liga ACB: 2008
- Membro do 2º equipo de rookies da NBA: 2008-09
Selección española [editar]
- Campionato do Mundo da FIBA 2006: Medalla de ouro
- Eurobasket 2007 (España): Medalla de prata
- Xogos Olímpicos de 2008 (Beijing): Medalla de prata
- EuroBasket 2009 (Polonia): Medalla de ouro