Xavier Gómez Noya

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xavier Gómez Noya, logo de vencer na Copa do Mundo de Madrid de 2006

Xavier Gómez Noya naceu o 25 de marzo de 1983 en Basilea, (Suíza), fillo de emigrantes galegos, mais na actualidade vive en Ferrol. Este triatleta, campión mundial sub-23 en 2003, campión de Europa en 2007, campión da Copa do Mundo de 2006 e de 2007 e campión do mundo en 2008, é un dos máis importantes deportistas galegos.

Especialista en natación, deporte no que posúe récords galegos en longas distancias, leva anos dedicándose ao triatlón e participou na primeira selección galega deste deporte, que debutou internacionalmente na Copa de Europa de Estoril, en 2006.

No ano 2004 non é seleccionado para os Xogos de Atenas pola Federación Española de Triatlón, o que motiva numerosas protestas do deporte en Galicia e ata no Congreso dos Deputados. Uns meses despois, o Consello Superior de Deportes retíralle a licenza para competir internacionalmente, por entender que a alta competición, sumada a unha valvulopatía aórtica que padece, lle pode supor un grave risco para a saúde. En febreiro de 2006, logo de intensas xestións e de ditames médicos internacionais, Gómez Noya recupera a licenza. Nesa mesma tempada remata segundo na Copa do Mundo de Aqaba, vence na Copa de Europa de Estoril e vence tamén na Copa do Mundo de Madrid, por diante do seu compañeiro Iván Raña, e mais na de Hamburgo e proclámase campión da Copa do Mundo, algo que nunca fixera una triatleta galego.

No ano 2007 realiza unha tempada de éxito impoñéndose en tres probas da Copa do Mundo (Lisboa, Salford, Tiszaujvaros e Beixín), e sendo podio en todos os outros triatlóns nos que participa. Nos mundiais de Hamburgo, obtivo a medalla de prata logo de que o derrotase no esprín final o alemán Daniel Unger. Ademais, conseguiu matematicamente o campionato da Copa do Mundo a falta de tres probas para o seu remate.

Integrou a selección galega de triatlón na Copa de Europa de Estoril, a canda Alberte Trillo, Aida Valiño e Saleta Castro, e na Copa de Europa de Alexandrúpoli (Grecia), con estes triatletas e ademais Antón Ruanova.

Ata a fin da tempada 2008, o seu adestrador foi José Angel Rioseco que adestra a Iván Raña[1], e foi substituído por Omar González[2].

Índice

[editar] Mellores resultados

[editar] Campionatos do mundo

Lugar Posición Data Título
Flag of New Zealand.svg Queenstown (Nova Celandia) 1 (Sub23) 6.12.2003 Ouro Ouro (Sub23)
Flag of Portugal.svg Madeira (Portugal) 8 9.5.2004
Flag of Switzerland.svg Lausanne (Suíza) 10 03.09.2006
Flag of Germany.svg Hamburgo (Alemaña) 2 02.09.2007 Prata Prata
Flag of Canada.svg Vancouver (Canadá) 1[3] 08.06.2008 Ouro Ouro

[editar] Copa do Mundo

Lugar Posto Data Marca Título
Flag of South Korea.svg Ton-ieon (Corea do Sur) 4 12.06.2004 1:50'34"
Flag of the United Kingdom.svg Salford (Reino Unido) 9 25.07.2004 1:57'21"
Flag of Spain.svg Madrid (España) 6 19.09.2004 1:56'37"
Flag of Bahrain (bordered).svg Doha (Bahrain) 10 3.03.2006 1:53'00"
Flag of Jordan.svg Aqaba (Xordania) 2 10.03.2006 1:47'35" Prata Prata
Flag of Spain.svg Madrid (España) 1 04.06.2006 1:53'09" Ouro Ouro
Flag of Canada.svg Corner Brook (Canadá) 3 23.07.2006 1:55'10" Bronce Bronce
Flag of Germany.svg Hamburgo (Alemaña) 1 09.09.2006 1:43'01" Ouro Ouro
Flag of the People's Republic of China.svg Beixín (China) 2 24.09.2006 1:52'58" Prata Prata
Flag of Mexico.svg Cancún (México) 1 5.11.2006 1:47'32" Ouro Ouro
Flag of Australia.svg Mooloolaba (Australia) 2 25.3.2007 1:49'26" Prata Prata
Flag of Portugal.svg Lisboa (Portugal) 1 5.5.2007 1:52'41" Ouro Ouro
Flag of Spain.svg Madrid (España) 2 3.6.2007 1:55'52" Prata Prata
Flag of the United States.svg Des Moines (Estados Unidos) 3 17.6.2007 1:50'46" Bronce Bronce
Flag of the United Kingdom.svg Salford (Reino Unido) 1 29.7.2007 1:51'47" Ouro Ouro
Flag of Hungary.svgTiszaujvaros (Hungría) 1 11.8.2007 1:47'44" Ouro Ouro
Flag of the People's Republic of China.svg Beixín (China) 1 16.9.2007 1:48'41" Ouro Ouro
Flag of Australia.svg Mooloolaba (Australia) 1 30.3.2008 1:49'50" Ouro Ouro
Flag of New Zealand.svg Novo Plymouth (Nova Celandia) 1 6.4.2008 1:47'33" Ouro Ouro
Flag of Spain.svg Madrid (España) 1 25.5.2008 1:56'25" Ouro Ouro
Flag of Hungary.svgTiszaujvaros (Hungría) 1 13.7.2008 1:51'32" Ouro Ouro

[editar] Campionatos de Europa

Lugar Posición Data Marca Título
Flag of France.svg Autun (Francia) 5 25.6.2006
Flag of Denmark.svg Copenhague (Dinamarca) 1 1.7.2007 1:51'58" Ouro Ouro
Flag of Portugal.svg Lisboa (Portugal) 7 10.5.2008 1:54'44"

Ademais foi campión de España sub-23 de triatlón en 2003 e prata e bronce nos campionatos de España absolutos en 2003 e 2004, respectivamente. En 2006 proclamouse campión de España de triatlón por primeira vez, por diante de Iván Raña. Foi campión de España de acuatlón en 2002, 2003 e 2004.

A súa primeira participación no Campionato de Europa foi en Autun, (Francia), en 2006, onde quedou quinto. Na súa segunda participación, en Copenhague, proclamouse vencedor.

[editar] Clubes

Ten ficha de natación co Club Natación Ferrol e ficha de triatlón no Triathlon Sartrouville, da vila francesa de Sartrouville.

[editar] Outros galardóns

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais