Pau Gasol
| Los Angeles Lakers – No. 16 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de xullo de 1980 (32 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,15 m[1] (7 ft 0 in) |
| Peso | 113 kg (250 lb) |
| Salario | $16.452.000 |
| Información da carreira | |
| Pre-draft club | F.C. Barcelona |
| NBA Draft | 2001 / Rolda: 1 / Elección: 3
Escollido por Atlanta Hawks |
| Carreira | dende 1999 |
| Historial de equipos | |
| F.C. Barcelona (1999–2001) Memphis Grizzlies (2001–2008) |
|
| Premios e galardóns | |
| 2× Campión da NBA (2009, 2010) 1× Rookie do ano (2002) 3× NBA All-Star (2006, 2009, 2010) |
|
| Información en nba.com | |
Pau Gasol Sáez, nado o 6 de xullo de 1980 en Barcelona, España é un xogador catalán de baloncesto que xoga para Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Fillo de Marisa Sáez e Agustí Gasol, pasou case toda a súa infancia xogando en equipos de Cataluña. O irmán de Pau, Marc Gasol, é tamén xogador profesional de baloncesto, actualmente forma parte do plantel dos Memphis Grizzlies da NBA.
Gasol foi escollido por Atlanta Hawks no NBA Draft de 2001, mais os seus dereitos foron vendidos á recén trasladada franquía dos Memphis Grizzlies, antigamente en Vancouver, e onde gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA. Actualmente posúe os maiores rexistros da franquía de Memphis en partidos xogados, minutos xogados, tiros de campo feitos e anotados, tiros libres feitos e anotados, rebotes totais, defensivos e ofensivos, tapóns, roubos e puntos. Despois de sete anos nesa franquía, Gasol foi trasladado aos Lakers o 1 de febreiro de 2008.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu no seo dunha familia catalá relacionada coa medicina. Pau Gasol estudou Medicina durante uns meses, pero deixouno porque non o podía compaxinar có baloncesto, aínda que mantén que o seu obxectivo na vida é seguir os pasos da súa nai e converterse en médico no futuro. O seu irmán menor, Marc Gasol, tamén é baloncestista profesional, e xoga no antigo equipo de Pau, os Memphis Grizzlies. Comezou a xogar ó baloncesto no equipo do seu colexio, chamado Col·legi Llor, de onde máis tarde sería fichado polo Cornellà, que nesa época facía funcións de canteira do F.C. Barcelona.
Na tempada 1997-1998, Gasol ingresou no F.C. Barcelona, co que debutou na liga española de baloncesto (liga ACB) en 1999, obtendo ata a súa marcha a Estados Unidos unha media de 11,3 puntos por partido. Co club barcelonés conquistou dúas Ligas ACB e unha Copa do Rei. Foi o xogador non formado nos Estados Unidos que máis alto chegara no draft até esa data, sendo a terceira elección da primeira rolda no ano 2001, só superado tempo despois por Andrea Bargnani, xogador italiano que foi número un en 2006. Na súa primeira tempada en Estados Unidos tivo unha media de 17,6 puntos e 8,9 rebotes por encontro, sendo nomeado mellor rookie, é dicir, o mellor xogador dos que nese ano debutaban na NBA, contando estadounidenses e xogadores internacionais, logro único até hoxe en día por un xogador non nado nin criado deportivamente nos Estados Unidos.
Na tempada 2005-2006, o 28 de marzo de 2006, o xogador catalán acadou a súa mellor marca anotadora na NBA con 44 puntos, só un punto máis que a súa segunda mellor marca, 43, na tempada seguinte. No ano 2006 converteuse no primeiro xogador dos Grizzlies en xogar o partido das estrelas, o All-Star Game de Houston, un evento no que se dan cita anualmente os mellores xogadores da NBA. Con todo, non foi capaz de encestar ningunha vez, aínda que foi o máximo reboteador do partido, con 12 rexeites. A súa mellor tempada en Memphis foi a de 2006-2007, cunha media de 20,8 puntos, 9,8 rebotes, 3,4 asistencias e 2,1 tapóns por partido, cun 53,8% en tiros de campo. Esta foi a súa última tempada completa coa camisola dos Grizzlies, xa que mediada a 2007-2008 chegou nun traspaso a Os Ánxeles, California, para xogar nos Lakers de Kobe Bryant, equipo que conseguiu na tempada 2009 o título de campión da NBA.
Selección española [editar]
Coa selección española conseguiu títulos en case todas as categorías, sendo o máis importante o acadado no ano que foi elixido para xogar o All-Star, o 2006, cando se proclamou campión do mundo de baloncesto no 2006 FIBA World Championship, batendo na final ao equipo nacional grego por 70-47, pero a xesta tivo aínda tintes maiores cando o equipo español tivo que xogar a final sen a súa presenza, por ser baixa de última hora a causa dunha lesión. O combinado nacional de España, con Juan Carlos Navarro, José Calderón, Jorge Garbajosa, Rudy Fernández e compañía venceu á Grecia de Papalukas, Diamantidis e Spanoulis levando consigo o título de campións do mundo. No ano 2007, xoga co combinado español a final do Campionato de Europa ante Rusia, perdendo o partido por unha diferenza de un punto. Pau Gasol tivera o derradeiro lanzamento nas súas mans, pero o balón saíu rexeitado do aro defendido polo equipo ruso.
No ano 2008, Pau Gasol e compañía acadaron a final dos Xogos Olímpicos de Beijing ao igual que os Estados Unidos, os cales presentaran un cadro formado por doce dos mellores xogadores americanos como Chris Paul, Kobe Bryant, LeBron James, Dwight Howard ou Jason Kidd. Nese partido, Gasol anotou 21 puntos para axudar ao seu equipo, non sendo suficientes para acadar a vitoria, xa que perderon ante os Estados Unidos por unha diferenza de 11 puntos: 107-118, a puntuación conxunta máis alta conseguida nunha final olímpica en toda a historia. Neste torneo, Pau Gasol foi o máximo anotador.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||
|
|||||
|
||||||||
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto de España
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet
- Xogadores Memphis Grizzlies
- Xogadores Los Angeles Lakers
- Eleccións draft Atlanta Hawks
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Rookie do Ano da NBA
- Medalla de Ouro da Real Orden del Mérito Deportivo
- Medallistas olímpicos
- Nados en 1980
- Nados en Barcelona