Lausana - Lausanne
| Lausana | |
|---|---|
| Situación | |
| País | |
| Cantón | |
| Distrito | Lausana |
| Nome | |
| Nome oficial | Lausanne |
| Alemán | Lausanne |
| Italiano | Losanna |
| Romanche | Losanna |
| Xeografía | |
| Superficie | 41,37 km2 |
| Altitude • Máxima • Mínima |
495 m 924 m (Jurat) 372 m (Lago de Xenebra) |
| Poboación | |
| Poboación | 133.280 (2010) |
| Densidade | 3221 hab/km2 |
| Lingua | Francés |
| Información | |
| Código postal | 1000 - 1018 |
| Alcalde | Daniel Brélaz (GPS) |
| Sitio na web | www.lausanne.ch |
Lausana (Lausanne, nome oficial en francés, Losena en arpitano) é unha cidade suíza de 133.280 habitantes (2010), o que a converte na cuarta cidade do país por poboación, tras Zúric, Xenebra e Basilea. Está situada ó oeste do país, e é capital do cantón de Vaud.
Índice |
[editar] Xeografía
As principais características xeográficas da cidade son o lago de Xenebra e maila súa proximidade coa rexión de Gros-de-Vaud, de grande importancia agro-alimentaria na zona francófona de Suíza. A cidade de Xenebra, coñecida internacionalmente como sede da ONU, atópase tan só a poucos quilómetros de Lausana. Outras cidades como Vevey ou Montreux fan, cada vez máis, parte da "periferia" da cidade.
[editar] Historia
A orixe da cidade cómpre procurala nun campo militar romano de nome Lousanna, construido non onde está a poboación actual, senón onde agora se atopan as vilas de Vidy e Ouchy. Logo da caída do Imperio Romano, a inseguridade fronteiriza forzou o traslado de Lausana á súa ubicación actual, un outeiro de máis doada defensa.
Tras a revogación do Edito de Nantes en 1685, Lausana pasou a ser un refuxio dos Hugonotes franceses. Cara a 1750 empezaron a retornar a Francia, ata a fin da persecución oficial dos protestantes franceses en 1787.
Dende o 14 de abril do ano 1803, Lausana converteuse oficialmente en capital cantonal do Estado de Vaud, este mesmo integrado na confederación Suíza, segundo a constitución da rexión. No ámbito internacional esta cidade acadou o seu renome grazas, entre autros aspectos, á Sede do Comité Olímpico Internacional
[editar] Cultura
A lingua oficial tanto da vila coma do cantón é o francés. No tocante á relixión, o catolicismo é a relixión do 38% dos habitantes da cidade, mentres que o 27% son protestantes. Un 17% di non profesar ningunha relixión. A terceira confesión é a musulmá, cun 6% de fieis.
Como cidade universitaria, goza de popularidade entre a xente nova. Ademais, son moitas as institucións educativas, suízas e internacionais, que teñen a súa central na cidade.
[editar] Lugares de interese
- Catedral de Lausana, chamada Catedral de Notre Dame. É un templo gótico erguido entre 1170 e 1240. A porta oeste foi engadida posteriormente en estilo gótico flamíxero.
- Museo Olímpico. Acolle exposicións permanentes e temporais de obxectos relacionados co deporte e o movemento olímpico, ademais dos arquivos do Comité Olímpico Internacional, cuxa sede está na cidade. Con máis de 10.000 pezas, o museo é o arquivo máis grande das Olimpíadas no mundo, entre as que salientan pezas escultóricas de Auguste Rodin ou Fernando Botero. Foi creado en 1993 por iniciativa de Juan Antonio Samaranch.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
| Listaxe | Cidade | Cantón | Pob. | Listaxe | Cidade | Cantón | Listaxe | Zúric Xenebra Basilea |
||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Zúric | Zúric | 372.047 | 11 | Thun | Berna | 42.330 | |||
| 2 | Xenebra | Xenebra | 191.415 | 12 | Köniz | Berna | 38.793 | |||
| 3 | Basilea | Basilea-Cidade | 169.019 | 13 | La Chaux-de-Fonds | Neuchâtel | 37.523 | |||
| 4 | Lausana | Vaud | 133.280 | 14 | Schaffhausen | Schaffhausen | 34.587 | |||
| 5 | Berna | Berna | 123.466 | 14 | Friburgo | Friburgo | 34.490 | |||
| 6 | Winterthur | Zúric | 101.203 | 16 | Vernier | Xenebra | 33.517 | |||
| 7 | San Galo | San Galo | 72.642 | 17 | Coira | Grisóns | 33.377 | |||
| 8 | Lucerna | Lucerna | 59.509 | 18 | Neuchâtel | Neuchâtel | 32.770 | |||
| 9 | Lugano | Tesino | 55.060 | 19 | Uster | Zúric | 32.285 | |||
| 10 | Biel/Bienne | Berna | 50.455 | 20 | Sion | Valais | 29.718 | |||
| Censo 2010 | ||||||||||