Autódromo Hermanos Rodríguez
| Circuíto de Cataluña | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | |
| Localización | |
| Lonxitude | 4´438 km. |
| Curvas | 17 |
| Volta rápida (1991) | 1:16.788 |
| Piloto Record | |
| Escudería Record | Williams |
| Coordenadas | 19°24′15.11″N 99°5′19.49″W / 19.4041972°N 99.0887472°W |
| Vista do Circuíto | |
O Autódromo Hermanos Rodríguez é un autódromo de 4,421 m situado en Cidade de México, México e nomeado así en honra a dous grandes pilotos mexicanos, os irmáns Ricardo e Pedro Rodríguez de la Vega, quen morreron a temperá idade. Construído nun complexo deportivo en 1959, o circuíto albergou en 1962 o seu primeiro Gran Premio de México de Fórmula 1, evento non puntuable nesa tempada. Ricardo Rodríguez morreu ese ano nesa carreira ao tratar de cualificar un Lotus de Rob Walker. En 1963, pasou a ser unha sede regular do calendario da Fórmula 1 ata 1970.
Índice |
Fórmula 1 [editar]
O circuíto formou parte do calendario da Fórmula 1 ata 1970, (o circuíto era no seu tempo un dos mais técnicos do mundo). Posteriormente, en 1986, volveu entrar no calendario, do que desapareceu de novo tras a carreira disputada en 1992.
Champ Car [editar]
Actualmente recibe á Champ Car (antes CART) e foi a última carreira da tempada durante os últimos 4 anos. O circuíto sufriu diversas modificacións nesta categoría. Ata o Gran Premio de 2005 o circuíto atravesaba pola metade ao Foro Sol, cortando pola metade á famosa curva peraltada. A partir do 2006 utilizouse novamente toda a peraltada.
Nascar Busch Series [editar]
Ademais de recibir á Champ Car, desde o 2005 correuse a categoría Busch Series e onde tamén se fixeron modificacións á pista, como unha chicana ao final da recta principal para que os autos entrasen a moderada velocidade á primeira curva. Tamén as curvas da recta traseira, a zona coñecida como "estadio", foi recortada. En todas as edicións utilizouse a curva peraltada, sen pasar polo Foro Sol.
A1GP [editar]
Tamén correu no 2007 a A1GP, a categoría de competencia de nacións, que na súa anterior edición correuse no Parque Fundidora de Monterrey.
Outros eventos [editar]
Durante cada fin de semana de eventos da Champ Car, Nascar e A1GP córrense outras categorías secundarias que forman parte da atracción. Unha delas e a máis importante, e que se correu en varias edicións é a Grand Am Series que corre con dous tipos de autos á vez: prototipos e turismo. Na edición de 2006 Luís "Chapulín" Díaz xunto con Scott Pruett gañaron a carreira, converténdose o primeiro mexicano (Díaz) en gañar no Autódromo da capital. De igual forma realízanse eventos de diversas índoles dentro do trazado da Magdalena Mixhuca.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no autódromo Hermanos Rodríguez [editar]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1963 | Lotus-Climax | 2:09:52,100 h | 5,000 km | 65 | 150,152 km/h | 27. Outubro | ||
| 1964 | Brabham-Climax | 2:09:50,320 h | 5,000 km | 65 | 150,186 km/h | 25. Outubro | ||
| 1965 | Honda | 2:08:32,100 h | 5,000 km | 65 | 151,710 km/h | 24. Outubro | ||
| 1966 | Cooper-Maserati | 2:06:35,340 h | 5,000 km | 65 | 154,042 km/h | 23. Outubro | ||
| 1967 | Lotus-Ford | 1:59:28,700 h | 5,000 km | 65 | 163,210 km/h | 22. Outubro | ||
| 1968 | Lotus-Ford | 1:56:43,950 h | 5,000 km | 65 | 167,049 km/h | 3. Novembro | ||
| 1969 | McLaren-Ford | 1:54:08,800 h | 5,000 km | 65 | 170,833 km/h | 19. Outubro | ||
| 1970 | Ferrari | 1:53:28,360 h | 5,000 km | 65 | 171,848 km/h | 25. Outubro | ||
| 1986 | Benetton-BMW | 1:33:18,700 h | 4,421 km | 68 | 193,306 km/h | 12. Outubro | ||
| 1987 | Williams-Honda | 1:26:24,207 h | 4,421 km | 63 | 193,411 km/h | 18. Outubro | ||
| 1988 | McLaren-Honda | 1:30:15,737 h | 4,421 km | 67 | 196,898 km/h | 29. Maio | ||
| 1989 | McLaren-Honda | 1:35:21,431 h | 4,421 km | 69 | 191,941 km/h | 28. Maio | ||
| 1990 | Ferrari | 1:32:35,783 h | 4,421 km | 69 | 197,664 km/h | 24. Xuño | ||
| 1991 | Williams-Renault | 1:29:52,205 h | 4,421 km | 67 | 197,757 km/h | 16. Xuño | ||
| 1992 | Williams-Renault | 1:31:53,587 h | 4,421 km | 69 | 199,176 km/h | 22. Marzo |
Record: J.Clark / N.Mansell / A.Prost (2 Veces)