Gran Premio de Mónaco de 1997

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Mónaco de 1997
Detalles da carreira
Carreira 5 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 11 de maio de 1997
Nome oficial LV Gran Premio de Mónaco
Localización Circuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
Percorrido Circuíto urbano
3´328 km
Distancia 78 (62) voltas, 259´584 (207´08) km
ClimaNubrado, frío e choiva
Pole position
Piloto Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault
Tempo 1:18.216
Volta rápida
Piloto Alemaña Michael Schumacher Ferrari
Tempo 1:53.315 na volta 26
Podio
Primeiro Alemaña Michael Schumacher Ferrari
Segundo Rubens Barrichello Stewart-Ford
Terceiro Eddie Irvine Ferrari

O Gran Premio de Mónaco de 1997 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 11 de maio de 1997 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco.

Sumario[editar | editar a fonte]

A cualificación viu a Heinz-Harald Frentzen no seu Williams - Renault diante do Ferrari de Michael Schumacher, o terceiro lugar foi para Jacques Villeneuve no outro Williams. Cuarto foi Giancarlo Fisichella no Jordan - Peugeot, mentres que o quinto lugar foi para David Coulthard no McLaren - Mercedes e o sexto para Ralf Schumacher no segundo Jordan, que mostraba a boa posta a punto que o equipo atopara no circuíto. A sesión de warm-up foi en seco, os Williams lograron os lugares primeiro e segundo. Con todo, ao redor de 30 minutos antes do inicio, comezou a chover, Williams decidiu correr con pneumáticos de seco nos dous coches, pensando que o tempo melloraría, mentres que Michael Schumacher adaptou o coche para condicións climáticas intermedias. Durante a volta de arrequecemento, o tempo empeorou, e na saída, Schumacher foi o máis rápido. Aventaxaba en 22 segundos na volta 5. Detrás del, os Jordan, ambos cos coches axustados para a choiva, ocupaban os lugares segundo e terceiro, ata que ambos foron adiantados por Rubens Barrichello no Stewart, que se beneficiou dos pneumáticos Bridgestone de mollado, que funcionaban mellor que os Goodyear nesas condicións. O inicio da carreira foi catastrófica para o equipo Arrows, Pedro Diniz, que optara por empezar a carreira con pneumáticos lisos, deslizouse directamente contra o muro na primeira volta, mentres que o seu compañeiro de equipo Damon Hill estivo involucrado nunha colisión co McLaren de Mika Häkkinen na segunda volta, quedando eliminados os dous coches no acto. Os dous pilotos de Willams abandonaron a carreira despois de entrar en boxes para cambiar os seus pneumáticos. Frentzen golpeou unha barreira na chicane na volta 39, e Villeneuve chocou contra un muro e tivo que retirarse na volta 17. Schumacher continuou aumentando a súa vantaxe ata que tivo uns 30 segundos de vantaxe sobre Barrichello, e logo mantivo a distancia. Cometeu un erro na volta 53 na curva de Santa Devota, na que se foi polo camiño de escape e perdeu 10 segundos, pero non perdeu a súa vantaxe. A carreira foi detida na volta 62, en lugar das 78 previstas, polo límite de tempo de 2 horas, e Schumacher gañou cunha marxe de 53 segundos sobre Barrichello. Eddie Irvine terminou terceiro tras adiantar a Olivier Panis, sendo en certa medida unha vinganza pola manobra de adiantamento de Panis a Irvine o ano anterior.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1:18.216
2 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:18.235 +0.019
3 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:18.583 +0.367
4 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 1:18.665 +0.449
5 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:18.779 +0.563
6 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 1:18.943 +0.727
7 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:19.105 +0.889
8 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:19.119 +0.903
9 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 1:19.263 +1.047
10 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:19.295 +1.079
11 17 Italia Nicola Larini Sauber-Petronas 1:19.468 +1.252
12 14 Francia Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 1:19.626 +1.410
13 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 1:19.674 +1.458
14 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 1:19.694 +1.478
15 6 Eddie Irvine Ferrari 1:19.723 +1.507
16 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 1:19.860 +1.644
17 8 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 1:20.199 +1.983
18 21 Italia Jarno Trulli Minardi-Hart 1:20.349 +2.133
19 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 1:20.516 +2.300
20 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 1:20.606 +2.390
21 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 1:20.961 +2.745
22 18 Países Baixos Jos Verstappen Tyrrell-Ford 1:21.290 +3.074

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 62 2:00:05.654 2 10
2 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 62 +53.306 10 6
3 6 Eddie Irvine Ferrari 62 +1:22.108 15 4
4 14 Francia Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 62 +1:44.402 12 3
5 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 61 +1 volta 14 2
6 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 61 +1 volta 4 1
7 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 61 +1 volta 19
8 18 Países Baixos Jos Verstappen Tyrrell-Ford 60 +2 voltas 22
9 8 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 60 +2 voltas 17
10 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 60 +2 voltas 20
Ret 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 39 Accidente 1
Ret 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 36 Accidente 21
Ret 17 Italia Nicola Larini Sauber-Petronas 24 Accidente 11
Ret 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 16 Trompo 9
Ret 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 16 Danos por accidente 3
Ret 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 10 Accidente 6
Ret 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 9 Accidente 7
Ret 21 Italia Jarno Trulli Minardi-Hart 7 Accidente 18
Ret 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 1 Accidente 5
Ret 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1 Colisión 8
Ret 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 1 Colisión 13
Ret 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 0 Trompo 16

Notas[editar | editar a fonte]

  • Previsto para 78 voltas, se detivo as dúas horas.
  • Mika Salo non fixo unha soa parada en boxes. Correu as 61 voltas sen parar.
  • Primeiro punto e primeiro podio para o equipo Stewart.
  • Últimos puntos para Tyrrell.
  • Última carreira na Fórmula Un para Nicola Larini.
  • Única vez en 1997, que ambos Stewart terminaron a carreira.

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de San Marino de 1997
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1997
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 1997
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1996
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1998

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]