Gran Premio de Mónaco de 1995

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Monaco.svg Gran Premio de Mónaco de 1995
Detalles da carreira
Carreira 5 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1995.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 28 de maio de 1995
Nome oficial LIII Gran Premio de Mónaco
Localización Circuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
Percorrido Circuíto urbano
3´328 km
Distancia 78 voltas, 259´584 km
Clima Cálido e solleiro
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault
Tempo 1:21.952
Volta rápida
Piloto Francia Jean Alesi Ferrari
Tempo 1:24.621 na volta 36
Podio
Primeiro Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault
Segundo Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault
Terceiro Austria Gerhard Berger Ferrari

O Gran Premio de Mónaco de 1995 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 28 de maio de 1995 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1995, disputada sobre 78 voltas, e gañouna Michael Schumacher co equipo Benetton logo de saír desde a segunda posición na pole. Damon Hill terminou en segundo lugar con Williams logo de comezar na pole position e liderar as primeiras 23 voltas da carreira, por diante de Gerhard Berger con Ferrari. O resto de posicións nos puntos foron ocupados por Johnny Herbert no segundo Benetton, Mark Blundell (McLaren) e Heinz-Harald Frentzen (Sauber). A vitoria de Schumacher foi a terceira da tempada, tamén foi a primeira vitoria de Renault no Gran Premio de Mónaco, como provedor de motores de Benetton. Schumacher gañou a carreira con comodidade, con máis de 30 segundos por diante de Hill. En total, dezaseis dos 26 participantes non puideron terminar, incluíndo os dous pilotos do equipo Simtek, que posteriormente quedou sen diñeiro e retirouse do campionato antes do Gran Premio de Canadá. A carreira estivo marcada por un accidente na primeira curva da primeira volta que involucrou a Coulthard, Alesi e Berger, o que provocou o bloqueo da pista e como resultado a carreira tivo que reiniciarse.

Carreira[editar | editar a fonte]

Na mañá do domingo, antes da carreira celebrouse unha sesión de arrequecemento as 9:30 hora local, e durou 30 minutos. Como era tradicional en Mónaco, a carreira comezou relativamente tarde, as 15:30, o que permitia ao Príncipe Rainiero e a súa familia xantar antes de ver a carreira desde o palco real no inicio recta de meta.[1] A carreira levouse a cabo en condicións cálidas e asolladas, cunha temperatura ambiente de 23° C, e foi vista por un total de aproximadamente 48.000 espectadores.[2]

Cando a luz verde marcou o inicio da carreira, Hill e Schumacher, lideraban ao chegar a Santa Devota, pero detrás deles unha colisión múltiple entre Coulthard e os dous Ferrari provocou que se sacase a bandeira vermella e a carreira fose detida. Coulthard foi lixeiramente máis lento na liña de saída e foi adiantado polo exterior na primeira curva por Berger, e polo interior por Alesi. A medida que a pista estreitabase á entrada de Santa Devota, non había espazo suficiente para que os tres coches pasaran en paralelo, e Alesi contactou co lado traseiro dereito do coche de Coulthard, que á súa vez tocou a Berger. O Williams saíu polo aire e virou 180 graos antes de estrelarse de novo e quedando no vértice da curva coa suspensión rota, mentres que os dous danados Ferrari tamén chocaron entre si antes de acabar no mesmo punto.[1][3] A maioría dos pilotos perseguidores, liderados por Brundle, abríronse paso a través dos vehículos danados, pero Irvine golpeou o seu alerón dianteiro, Boullion rompeu un difusor, e Katayama, Salo, Morbidelli, Inoue e Schiattarella víronse obrigados a parar, xa que non podian pasar.[3][4] Coa pista completamente bloqueada, a carreira detívose e fixéronse os preparativos de inmediato para unha nova saída.

Os coches de Coulthard, Berger e Alesi resultaron danados sen posibilidade de reparación inmediata, os tres veronse obrigados a competir cos coches de reposto, reivindicando a práctica habitual de Ferrari en Mónaco de ter un vehículo adicional para cada piloto. O coche de reposto de Berger, fora equipado cun motor que non tiña tanta potencia como o seu coche de carreiras ou o coche de reposto Alesi, mentres que o acelerador do coche de Coulthard non quedou totalmente calibrado, no afán de preparalo para o reinicio da carreira. O Jordan de Irvine e o Sauber de Boullion foron reparados, e os demais pilotos atascados na primeira curva foron capaces de reiniciar a carreira cos seus coches, agás Salo e Schiattarella: Salo co seu motor Yamaha recalentado no atasco, tivo que saír na continuación desde a rúa de boxes no Tyrrell de reposto e o Simtek de Schiattarella foi danado polos comisarios ao intentar movelo da escena do accidente. O equipo carecía dun coche de reserva, polo que Schiattarella non puido tomar parte na carreira, e a participación de Simtek na carreira terminou, sen que ningún dos coches de carreiras completara unha volta, xa que o coche de Verstappen, sufriu de novo un problema co cambio e foi empuxado ao pit-lane, cando o resto estaban a facer a segunda volta de formación.

Na continuación, Hill e Schumacher mantiveron as súas posicións, mentres que Coulthard adiantaba aos Ferraris en Santa Devota, con Alesi diante de Berger.[3] A medida que os pilotos completaron a primeira volta, Hill adiantaba por 0´5 segundos a Schumacher, que era seguido á súa vez por Coulthard, Alesi, Berger, Herbert, Häkkinen, Irvine, Brundle, Barrichello, Blundell, Panis, Frentzen, Badoer, Morbidelli, Katayama, Martini, Boullion, Gachot, Moreno, Montermini, Salo, Diniz e Inoue. Nas primeiras voltas, Hill logrou aos poucos unha vantaxe de case dous segundos de vantaxe sobre Schumacher na volta 10, cos dous afastandose a par de Coulthard, que nese momento marchaba oito segundos por detrás do Benetton[5] Nesta etapa xa se produciran dous abandonos: o motor Mercedes de Hakkinen fallou debido a un problema ca bomba de combustible na novena volta da carreira, e Moreno, trompeou en Santa Devota, cando unha fuga de líquido de freos fíxolle perder o control do seu Forti unha volta máis tarde. Morbidelli tivo que facer unha parada non programada para reparar unha grave vibración do pneumático causada por unha sección de corda de amarre dunha manta de arrequecemento das lamias que se atascou nunha das súas rodas traseiras, quedando relegado á última posición.

Esta foi a terceira carreira en que se usaron sensores electrónicos para o seguimento de que ningún coche anticiparase na saída, e nesta carreira, seis pilotos (Barrichello, Brundle, Montermini, Frentzen, Morbidelli e Panis), foron penalizados cun Stop and go de dez segundos, por esta falta.[3][6][7][8][9][10][11] Todos, agás Montermini entraron con prontitude para cumprir a penalización, algúns ata formaron unha cola na zona de penaización, pero o piloto de Pacífic non puido entrar dentro do prazo estipulado de tres voltas desde o aviso, polo que foi descualificado da carreira, logo de subir ao 17º lugar antes de cumprir a súa pena de forma tardía.[5][12] Os pilotos sancionados caeron na clasificación como resultado do tempo perdido, polo que logo de 16 voltas completadas, a orde de carreira era: Hill, Schumacher, Coulthard, Alesi, Berger, Herbert, Irvine, Blundell, Badoer, Katayama, Brundle, Martini, Barrichello, Panis, Frentzen, Boullion, Salo, Montermini (ainda, sen cumprir a súa pena), Gachot, Inoue, Diniz e Morbidelli.


Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Tempo Q1 Tempo Q2 Diferencia
1 5 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault 1:24.659 1:21.952
2 1 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault 1:24.146 1:22.742 +0.790
3 6 Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard Williams-Renault 1:26.556 1:23.109 +1.157
4 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 1:24.509 1:23.220 +1.268
5 27 Francia Jean Alesi Ferrari 1:23.754 1:24.023 +1.802
6 8 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:24.831 1:23.857 +1.905
7 2 Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert Benetton-Renault 1:25.623 1:23.885 +1.933
8 25 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Ligier-Mugen-Honda 1:26.457 1:24.447 +2.495
9 15 Flag of the United Kingdom.svg Eddie Irvine Jordan-Peugeot 1:26.447 1:24.857 +2.905
10 7 Flag of the United Kingdom.svg Mark Blundell McLaren-Mercedes 1:26.017 1:24.933 +2.981
11 14 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 1:26.787 1:25.081 +3.129
12 26 Francia Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 1:26.579 1:25.125 +3.173
13 9 Italia Gianni Morbidelli Footwork-Hart 1:26.828 1:25.447 +3.495
14 30 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 1:25.661 sen tempo +3.709
15 3 Flag of Japan.svg Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:28.439 1:25.808 +3.856
16 24 Italia Luca Badoer Minardi-Ford 1:27.615 1:25.969 +4.017
17 4 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Yamaha 1:28.123 1:26.473 +4.521
18 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:27.714 1:26.913 +4.961
19 29 Francia Jean-Christophe Boullion Sauber-Ford 1:30.014 1:27.145 +5.193
20 11 Italia Domenico Schiattarella Simtek-Ford 1:29.439 1:28.337 +6.385
21 16 Francia Bertrand Gachot Pacific-Ford 13:33.570 1:29.039 +7.087
22 21 Flag of Brazil.svg Pedro Diniz Forti-Ford 1:34.963 1:29.244 +7.292
23 12 Flag of the Netherlands.svg Jos Verstappen Simtek-Ford 1:29.391 1:30.015 +7.439
24 22 Flag of Brazil.svg Roberto Moreno Forti-Ford 1:30.461 1:29.608 +7.656
25 17 Italia Andrea Montermini Pacific-Ford 1:30.149 sen tempo +8.197
26 10 Flag of Japan.svg Taki Inoue Footwork-Hart 1:31.542 sen tempo +9.590
Fonte:[13]O tempo en negra indica o máis rápido dos dous que determinaron a orde da grella.

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault 78 1:53:11.258 2 10
2 5 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault 78 +34.817 1 6
3 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 78 +1:11.447 4 4
4 2 Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert Benetton-Renault 77 +1 volta 7 3
5 7 Flag of the United Kingdom.svg Mark Blundell McLaren-Mercedes 77 +1 volta 10 2
6 30 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 76 +2 voltas 14 1
7 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 76 +2 voltas 18
8 29 Francia Jean-Christophe Boullion Sauber-Ford 74 Trompo 19
9 9 Italia Gianni Morbidelli Footwork-Hart 74 +4 voltas 13
10 21 Flag of Brazil.svg Pedro Diniz Forti-Ford 72 +6 voltas 22
Ret 24 Italia Luca Badoer Minardi-Ford 68 Suspensión 16
Ret 26 Francia Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 65 Trompo 12
Ret 4 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Yamaha 63 Caixa de cambios 17
Ret 14 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 60 Acelerador 11
Ret 16 Francia Bertrand Gachot Pacific-Ford 42 Caixa de cambios 21
Ret 27 Francia Jean Alesi Ferrari 41 Trompo 5
Ret 25 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Ligier-Mugen-Honda 40 Trompo 8
Ret 10 Flag of Japan.svg Taki Inoue Footwork-Hart 27 Caixa de cambios 26
Ret 3 Flag of Japan.svg Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 26 Trompo 15
DSC 17 Italia Andrea Montermini Pacific-Ford 23 Descualificado 25
Ret 15 Flag of the United Kingdom.svg Eddie Irvine Jordan-Peugeot 22 Trompo 9
Ret 6 Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard Williams-Renault 16 Caixa de cambios 3
Ret 22 Flag of Brazil.svg Roberto Moreno Forti-Ford 9 Freos 24
Ret 8 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 8 Motor 6
NTS[14] 12 Flag of the Netherlands.svg Jos Verstappen Simtek-Ford 0 Caixa dee cambios 23
NTS 11 Italia Domenico Schiattarella Simtek-Ford 0 Danos 20
Fonte:[15]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

Clasificación no campionato de pilotos[13]
Pos Piloto Puntos
1 Alemaña Michael Schumacher 34
2 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill 29
3 Austria Gerhard Berger 17
4 Francia Jean Alesi 14
5 Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert 12
Clasificación do campionato de construtores[13]
Pos Construtor Puntos
1 Flag of the United Kingdom.svg Benetton-Renault 36
2 Flag of the United Kingdom.svg Williams-Renault 32
3 Italia Ferrari 31
4 Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Mercedes 8
5 Suíza Sauber-Ford 4
  • Notas: Só están incluidos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1995
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1995
Carreira seguinte:
Gran Premio de Canadá de 1995
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1994
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1996

Coordenadas: 43°44′5″N 7°25′14″E / 43.73472°N 7.42056°E / 43.73472; 7.42056

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Roebuck, Nigel (1995-06-01). "Monaco GP: Schumacher streets ahead". Autosport 139 (9): 26.
  2. Domenjoz, Luc (1995). "The 17 Grand Prix - Grand Prix de Monaco". Formula 1 Yearbook 1995. Chronosports Editeur. p. 117. ISBN 2-940125-06-6.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Henry, Alan (1995). "1995 Grands Prix: Spanish Grand Prix". Autocourse 1995-96. Hazleton Publishing. p. 127. ISBN 1-874557-36-5.
  4.  FIA Formula 1 World Championship – 1995 Season Review [VHS]. Duke Video. Páxina visitada: 2012-05-29. EAN-13 5 017559 034955
  5. 5,0 5,1 Roebuck, Nigel (1995-06-01). "Monaco GP: Schumacher streets ahead". Autosport 139 (9): 28.
  6. Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 4". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. http://forix.autosport.com/imgshow.php?l=0&x=6&r=19950005030&p=imgz/fia/199505030_fia_.jpg. Consultado o 2012-07-06.
  7. Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 5". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. http://forix.autosport.com/imgshow.php?l=0&x=6&r=19950005026&p=imgz/fia/199505026_fia_.jpg. Consultado o 2012-07-06.
  8. Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 6". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. http://forix.autosport.com/imgshow.php?l=0&x=6&r=19950005014&p=imgz/fia/199505014_fia_.jpg. Consultado o 2012-07-06.
  9. Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 7". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. http://forix.autosport.com/imgshow.php?l=0&x=6&r=19950005025&p=imgz/fia/199505025_fia_.jpg. Consultado o 2012-07-06.
  10. Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 8". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. http://forix.autosport.com/imgshow.php?l=0&x=6&r=19950005008&p=imgz/fia/199505008_fia_.jpg. Consultado o 2012-07-06.
  11. Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 9". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. http://forix.autosport.com/imgshow.php?l=0&x=6&r=19950005017&p=imgz/fia/199505017_fia_a.jpg. Consultado o 2012-07-06.
  12. Sohlberg, K. O.; Calmes, C.; Ledger, D. H. (1995-05-28). "Stewards Decision No 10". forix.com. Fédération Internationale de l'Automobile. http://forix.autosport.com/imgshow.php?l=0&x=6&r=19950005017&p=imgz/fia/199505017_fia_b.jpg. Consultado o 2012-07-06.
  13. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pg128-129
  14. Ou resultado de Jos Verstappen dáse a miúdo como unha retirada en lugar dun fallo no inicio, a pesar de que non tomou a segunda saída.
  15. "1995 Monaco Grand Prix". formula1.com. Formula One Administration. Arquivado do orixinal o 19 August 2010. http://www.formula1.com/results/season/1995/120/. Consultado o 2010-08-19.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1995 Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]