Premios Martín Códax da Música

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Premios Martín Códax da Música son os premios da música de Galicia, galardóns anuais entregados pola asociación Músicos ao Vivo desde 2013.[1] A candidatura ás diferentes categorías require dunha inscrición previa, que posteriormente se somete a votación. Na primeira rolda vota o xurado profesional formado cada ano por 5 profesionais de diferentes áreas do sector musical (xornalista musical, representante de salas, formación/docencia e dous músicos), que tras escoitar e valorar todos os proxectos inscritos na edición, elixen 3 finalistas en cada unha das categorías. Na segunda e última rolda de votación, os socios e socias de Músicos Ao vivo (preto de 500 músicos galegos) escollen baixo o seu criterio co baremo de 3, 2 1 punto os proxectos que consideran a premiar de entre os finalistas.

A cerimonia de entrega celébrase desde o inicio no Pazo da Cultura de Pontevedra[2] e as estatuíñas entregadas, talladas en madeira de cedro polo escultor Víctor Lorenzo, representan melómanos e melómanas.[3] A dirección e presentación de cada edición é encomendada a profesionais do teatro, sendo as dúas primeiras dirixidas por Chévere[4][5] e as dúas seguintes pola compañía A Panadaría.[6][7] Carlos Blanco, Marcos PTT e máis Carmen Conde de Tarabela Creativa foron as seguintes mestras de cerimonia das galas. A edición de 2016 foi emitida a través da Televisión de Galicia[7].

Categorías[editar | editar a fonte]

  • Categorías musicais: pop e indie; rock; blues, funk e soul; metal; canción de autor; hip hop e músicas urbanas; reggae, ska e mestizaxe; electrónica; música clásica e contemporánea; jazz e músicas improvisadas; música tradicional e folk; músicas do mundo; música infantil; orquestras, grupos e música de verbena; coros e grupos vocais.
  • Premios Organistrum, dedicados aos demais axentes da industria musical: sala; festival; espazos de comunicación musical.
  • Premio Honorífico: galardón especial dedicado a un profesional considerado referencia para a música galega, outorgado pola Xunta Directiva da asociación.
  • Premio Anual: artista do ano, artista emerxente.

Edicións[editar | editar a fonte]

Primeira edición (2013)[editar | editar a fonte]

Na edición inaugural, foron trece as categorías musicais e unha honorífica.[8]

Segunda edición (2014)[editar | editar a fonte]

Os II Premios Martín Códax da Música contaron con quince categorías musicais e unha honorífica, estreando a de blues, funk e soul e a de canción de autor. Tamén foi a primeira edición coas tres categorías especiais Organistrum.[9]

Terceira edición (2016)[editar | editar a fonte]

Esta edición contou con dezaseis categorías musicais, tres especiais e unha honorífica, estreando a de coros e grupos vocais.[10]

Cuarta edición (2017)[editar | editar a fonte]

Esta edición tivo dezaseis categorías musicais, tres especiais e unha honorífica.[11]

Quinta edición (2018)[editar | editar a fonte]

Desta vez, os premios contaron con quince categorías musicais, tres especiais e unha honorífica. Música tradicional e Folk pasan a configurar unha única categoría.[12]

Sexta edición (2019)[editar | editar a fonte]

Esta edición tivo quince categorías musicais, tres especiais e unha honorífica.[13][14]

Sétima edición (2020)[15][editar | editar a fonte]

  • Canción de autor/a: Silvia Penide
  • Blues, Funk, Soul: Carla Green & The Demons
  • Música Folk: Caldo
  • Música Infantil: Magín Blanco e a Banda das Apertas
  • Bandas de música popular: Banda de Música de Merza
  • Reggae, Ska, Mestizaxe: High Paw & Elephants Yard
  • Músicas urbanas: Laura LaMontagne & PicoAmperio
  • Música tradicional: Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre
  • Jazz, Música improvisadas: Manuel Gutiérrez Trío
  • Coros e grupos vocais: Coro Cantabile
  • Orquestras, Grupos, Música de verbena: América de Vigo
  • Pop, Indie: Guadi Galego e A Banda Somerxida
  • Metal: Broa
  • Electrónica: Músculo!
  • Músicas do mundo: Najla Shami
  • Rock: Agoraphobia
  • Música clásica, contemporánea: Taller Atlántico Contemporáneo (TAC)
  • Organistrum, espazos e comunicación musical: Festival Agrocuir da Ulloa
  • Organistrum, festivais:
  • Organistrum, salas: Náutico de San Vicente
  • Web: Músicas Galegas Ilustradas
  • Premio Honorífico: María Manuela[16]

Oitava edición (2021)[17][editar | editar a fonte]

  • Rock: Moon Cresta
  • Música Folk: Caamaño & Ameixeiras
  • Metal: N.E.O.
  • Músicas urbanas: Wöyza
  • Músicas do mundo: Lamas/de Miguel/Romero
  • Orquestras, grupos, música de verbena: Bafana Bafana
  • Música tradicional: Xurxo Fernandes & Pedro Lamas
  • Blues, Funk, Soul: Brais Morán
  • Música infantil: Radio BULEBULE
  • Electrónica: Allova
  • Coros e grupos vocais: Coro da Rá
  • Jazz, Músicas improvisadas: Fume
  • Reggae, Ska, Mestizaxe: The Skarnivals
  • Bandas de música popular: Banda de Música de Chantada
  • Música Clásica, contemporánea: Alberto Vilas
  • Pop, Indie: A Banda da Loba
  • Canción de autor/a: MJ Pérez
  • Web: O Recanto do Corcovado
  • Organistrum, espazos e comunicación musical:-
  • Organistrum, festivais:-
  • Organistrum, salas:-
  • Premio Honorífico: Pablo Barreiro
  • Premio Extraordinario: Jazz da Ría e Mardi Gras

Novena edición (2022)[editar | editar a fonte]

Os premios entregáronse en Pontevedra o 5 de outubro de 2022. Son categorías novas Artista Emerxente e Artista do Ano.[18]

Décima edición (2023)[editar | editar a fonte]

Os premios entregáronse en Pontevedra o 7 de xuño de 2023. Novos: Metal e Heavy, antes só Metal. Non houbo: Bandas de Música Popular, Artista do Ano.[19]

Artistas máis premiados[editar | editar a fonte]

Nas seis edicións celebradas, repetiron galardón o cantante e músico Davide Salvado na categoría de Música tradicional galega, o grupo Eladio y los seres queridos na categoría de Pop / Indie, a banda NAO na categoría de Metal, o portal Ábrete de orellas na de Espazo de comunicación musical, o músico de jazz Xosé Miguélez, a banda Crebinsky na de Músicas do mundo dúas veces e outra na de Reggae / Ska / Mestizaxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Músicos ao Vivo. "V Premios Martín Códax da Música". premiosmartincodaxdamusica.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 16 de abril de 2018. 
  2. vivo, Músicos ao. "V Premios Martín Códax da Música". premiosmartincodaxdamusica.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-17. 
  3. Músicos ao Vivo. ""Os Melómanos", catorce pezas para facer historia". Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/04/2018. 
  4. Músicos ao Vivo. "Os premios rematan a primeira edición cunha gala emocionante". Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/04/2018. 
  5. Músicos ao Vivo. "Moitas sorpresas entre os premiados nunha emocionante gala". Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/04/2018. 
  6. Músicos ao Vivo (Sorpresas nunha gala centrada na diversidade). "Sorpresas nunha gala centrada na diversidade". Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/04/2018. 
  7. 7,0 7,1 Músicos ao Vivo. "Galardoados/as da 4ª edición". Arquivado dende o orixinal o 17/04/2018. Consultado o 17/04/2018. 
  8. "Primeira edición dos Premios". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018. 
  9. "Segunda edición dos Premios". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018. 
  10. "Terceira edición dos Premios". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018. 
  11. "Cuarta edición dos Premios". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018. 
  12. vivo, Músicos ao. "V Premios Martín Códax da Música". premiosmartincodaxdamusica.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2018. Consultado o 2018-05-19. 
  13. "Coñecemos ós gañadores dos Premios Martín Códax da Música!". 9 de maio de 2019. Consultado o 27 de decembro de 2019. 
  14. "Premios Martín Códax 2019". Consultado o 27 de decembro de 2019. 
  15. "IX Edición do Premios Martín Códax da Música". premiosmartincodaxdamusica.gal. Consultado o 2022-10-06. 
  16. sietegatosblancos@gmail.com (2020-10-22). "La Gala de los Premios Martín Códax 2020 reivindica la importancia del sector musical". Regalamúsica (en castelán). Consultado o 2022-10-06. 
  17. "IX Edición do Premios Martín Códax da Música". premiosmartincodaxdamusica.gal. Consultado o 2022-10-06. 
  18. "A novena edición dos Premios Martín Códax da Música celebra a fin da pandemia con reivindicacións". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-10-06. 
  19. Pontevedra, Diario de (2023-06-07). "Luz Casal, raíña dos Martín Códax". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-06-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]