Louis Néel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Louis Eugène Félix Néel»)
Louis Néel
Nome completoLouis Eugène Félix Néel
Nacemento22 de novembro de 1904
Lugar de nacemento3rd arrondissement of Lyon
Falecemento17 de novembro de 2000
Lugar de falecementoBrive-la-Gaillarde
Soterradosen etiquetar
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Alma máterÉcole Normale Supérieure, Lycée du Parc, Facultade de Ciencias de París, Universidade de Estrasburgo e Lycée Saint-Louis
Ocupaciónfísico, profesor universitario e investigador
PremiosMedalha de Ouro CNRS, Premio Nobel de Física, Prêmio Félix Robin, Three Physicists Prize, Prêmio Holweck, Grand Cross of the National Order of Merit, Gran cruz da Lexión de Honor, Commander of the French Order of Academic Palms, Concours général, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, Croix de guerre, Knight of the Order of Social Merit, Foreign Member of the Royal Society e Blondel Medal
editar datos en Wikidata ]

Louis Eugène Félix Néel, nado en Lión o 22 de novembro de 1904 e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 2000, foi un físico e profesor universitario francés, galardoado en 1970 co Premio Nobel de Física.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1924 ingresou na Escola Normal de París, doutorándose en ciencias físicas no ano 1932 na Universidade de Estrasburgo, onde será profesor entre 1937 e 1945. Profesor da Facultade de Ciencias de Grenoble entre 1945 e 1976, sera sucesivamente Director do Laboratorio de Probas Mecánicas do Instituto Politécnico de Grenoble entre 1942 e 1953, director do Laboratorio de Electrostática e de Física do Metal de Grenoble entre 1946 e 1970 e finalmente Director de Laboratorio de Magnetismo de Grenoble entre 1971 e 1976.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

As súas contribucións á física do estado sólido atoparon usos útiles numerosos, particularmente no desenvolvemento da mellora das unidades de memoria dos ordenadores.

En 1930 determinou a existencia dunha nova forma de comportamento magnético, o antiferromagnetismo denominado así por oposición ao ferromagnetismo. Demostrou así mesmo como, a certa temperatura, actualmente denominada a temperatura de Néel, este comportamento párase. Néel precisou no ano 1947 que tamén poderían existir materiais que presentasen comportamento ferrimagnético. Doutra banda, deu unha explicación ao magnetismo débil de certas rocas, facendo posible o estudo da historia do campo magnético terrestre.

No ano 1970 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre o ferromagnetismo, premio compartido co astrónomo Hannes Alfvén o cal foi galardoado polos seus traballos relacionados co plasma

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]