Estrasburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 48°35′04″N 7°44′55″E / 48.58444°N 7.74861°E / 48.58444; 7.74861

Estrasburgo
Strasbourg (en francés)
Straßburg (en alemán)
Strossburi (en alsaciano)
Flag of Strasbourg.svg Coat of Arms of Strasbourg.svg
Strasbourg Cathedral.jpg
Catedral de Estrasburgo
Situación xeográfica
Estrasburgo en Francia
Estrasburgo
Estrasburgo
País Francia Francia
Rexión Alsacia
Departamento Baixo Rin (67)
Xeografía
Altitude 132–151 msnm
Superficie 78,26 km²
Poboación
Poboación 272,975 hab. (2006)
Densidade 3.488 hab/km²
Xentilicio estrasburgués
Información
Código postal
Alcalde Roland Ries (2008-2014)
Páxina web Páxina oficial de Estrasburgo

Estrasburgo (en francésStrasbourg[stʁaz.buʁ] (AFI); en alemánStraßburg[ˈʃtʁaːsbʊɐ̯k] (AFI); en alsacianoStrossburi[ˈʃd̥rɔːsb̥uri] (AFI)) é unha cidade situada no leste de Francia, na marxe esquerda do río Rin. É a capital da rexión administrativa francesa da Alsacia e do departamento do Baixo Rin.

A aglomeración urbana prolóngase ata Alemaña, á cidade de Kehl, que é o espello xeográfico de Estraburgo do lado oposto do Rin.

Casas típicas do centro histórico de Estrasburgo
Igrexa de St.Paul
Palais du Rhin (Pazo do Rin), antigo pazo imperial
Universidade de Estrasburgo
Tranvía de Estrasburgo

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atravesada polo río Ill, afluente do Rin, que se divide para formar ata cinco brazos no centro da cidade (no sector da Petite France), a cidade está composta de barrios de forte identidade, como Robertsau, Cronenbourg, Koenigshoffen, Hautepierre, Elsau, Krutenau, Neudorf, Meinau e Neuhof. Situada a unha altitude media de 140 m por riba do nivel do mar, Estrasburgo caracterízase por un relevo relativamente plano. Así, no centro da cidade, percíbense soamente leves ondulacións do terreo, culminando á proximidade da catedral e no cruzamento da Grand-Rue (Grande rúa) e da rúa do Fossé-des-Tanneurs, correspondendo ás zonas de habitacións máis antigas.

A cidade é tamén coñecida como unha das capitais da Europa, debido ás numerosas institucións europeas que ela abrita, entre as cales o Consello de Europa, o Parlamento europeo (dividido con Bruxelas) e a Corte Europea dos Direitos Humáns, sen esquecer a cadea de televisión binacional franco-xermánica Arte.

Historia[editar | editar a fonte]

Panorama de Estrtasburgo, río Ill

Estrasburgo, coñecida polos romanos como Argentoratum, foi fundada o 12 a.C.. Era entón un campo militar fortificado posicionado sobre o limes (fronteira do Imperio Romano) do Rin. Un canabae (aglomeración de habitacións civís) desenvolveuse ao redor do campo e en dirección ao oeste, preludio ao desenvolvemento futuro da cidade.

Estrasburgo foi incorporada ao Imperio franco no século V. En 842, a cidade foi palco do Xuramento de Estrasburgo, máis antiga testemuña escrita das linguas francesa e alemá.

A catedral de Estrasburgo foi terminada en 1439, tornándose o máis alto edificio do mundo, ultrapasando a gran Pirámide de Giza. Durante a década de 1520, a cidade abrazou as teses relixiosas de Martiño Lutero, cuxos adeptos estabeleceran unha universidade no século seguinte.

Cidade libre e autónoma do Imperio, Estrasburgo foi anexada á Francia soamente en 1681, estatuto confirmado polo Tratado de Ryswick (1697). Louis XIV manda destruír simbolicamente parte das fortificacións da cidade. Iso crea unha abertura pola cal el entra en Estrasburgo, marcando así a submisión da cidade ao poder real. Mandado polo rei, Jacques François Blondel deseña un plano de embelezamento de Estrasburgo que, por falta de financiamento, será parcialmente realizado. Estrasburgo débelle principalmente a construción da Aubette na praza Kléber e a reforma da praza Marché-Gaillot. Diversos edificios clásicos serán construídos, o primeiro dos cales foi o Palacio Rohan, morada de príncipes construída ás marxes do río Ill, fronte ás habitacións burguesas. Mais foran principalmente as fortificacións de Vauban que marcaron este período, coa construción dunha protección sobre o Ill, fronte ás Pontes Cobertas (Ponts Couverts), e a dunha impoñente cidadela ao sueste, situada fronte á Alemaña. Co crecemento da industria e do comercio, a poboación triplicou no século XIX, pasando a 150 000 habitantes.

Estrasburgo foi anexada ao Imperio Xermánico como capital do Reichsland da Alsacia-Lorena (Alsace-Lorraine) en 1871, após a Guerra franco-prussiana (Tratado de Frankfurt). Este período marca o apoxeo da dominación política e territorial de Estrasburgo. Beneficia igualmente da intención alemá de transformar a cidade no escaparate da cultura alemá, visando a atraer as poboacións locais e a mostrar ao mundo e á Francia a superioridade da cultura xermánica. Estrasburgo recibiu entón numerosos edificios públicos, entre os cales o Palacio do Emperador (actualmente Palacio do Rin), o parlamento da Alsacia-Lorena e o Palacio Universitario. A máis importante extensión urbana de Estrasburgo é entón planificada, tendo como resultado a duplicación da superficie da zona urbana en trinta anos.

A cidade volveu a Francia logo da Primeira Guerra Mundial en 1919, polo Tratado de Versalles. Tornouse novamente parte da Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial, de 1940 a 1945, para retornar a Francia no final da guerra.

Principais centros de interese[editar | editar a fonte]

Estrasburgueses célebres[editar | editar a fonte]

Residentes célebres[editar | editar a fonte]

As universidades da Academia de Estrasburgo[editar | editar a fonte]

  • en Mulhouse :
    • Université de Haute Alsace
  • en Estrasburgo :
    • Université Louis-Pasteur Strasbourg I ULP
    • Université Marc-Bloch Strasbourg II UMB (chamada antigamente Université des sciences humaines de Strasbourg)
    • Université Robert-Schuman Strasbourg III URS
    • Centre régional des œuvres universitaires et scolaires de Strasbourg (Crous) (Crous Strasbourg)

Estrasburgo conta con un pouco menos de 50.000 estudantes, dos cales 37.500 nas súas tres universidades. Os estudantes estranxeiros constitúen case un quinto do efectivo (18,5 %).

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]