Gran Premio de Suráfrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Suráfrica
Plano do Circuíto
Datos
Anos disputados 33 (23 oficiais)
Primeira disputa 1934 (1962)
Última disputa 1993
Localización Preto de Xohanesburgo, Sudáfrica Suráfrica
Patrocinador principal Panasonic[1]
Lonxitude 306´792 km en 72 voltas
Marca de volta 1:17.578 (1992, Nigel Mansell, Williams-Renault)
Piloto récord Jim Clark (4)
Escudería récord Lotus (6)
Poles récord Jim Clark (5)
Vista do Circuíto
Vista

O Gran Premio de Suráfrica correuse por primeira vez como Gran Premio de automobilismo en 1934 no Circuíto Prince George en East London , provincia de Eastern Cape. Chamou a atención dos mellores pilotos da Europa como Bernd Rosemeyer, Richard "Dick" Seaman, Richard Shuttleworth e o gañador de 1939 Luigi Villoresi.

A segunda guerra mundial puxo fin á carreira, pero foi restablecida en 1962 como parte da tempada de Fórmula Un. Foi unha popular carreira de F1, pero a competición quedo en suspenso logo da polémica da carreira de 1985, debido á política de apartheid.

Tras o fin do apartheid en 1991, celebráronse dúas carreiras máis en 1992 e 1993. Bernie Ecclestone deu a entender que a Fórmula Un pode volver a Suráfrica, posiblemente en Cidade do Cabo.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira carreira de F1 de Suráfrica levouse a cabo o 29 de decembro de 1962 na pista de East London. Levouse a cabo alí de novo en 1963 e 1965. En 1967, a carreira trasladouse a Kyalami, onde permanecería mentres que o Gran Premio de Suráfrica foi oficial no calendario da Fórmula Un. Un total de 23 Grandes Premios de F1 celebráronse entre 1962 e a carreira final en 1993.

Aquí sucedeu un dos accidentes máis terribles da historia, coa morte de Tom Pryce. A morte de Pryce produciuse na volta 22 do Gran Premio de Kyalami de 1977, cando non puido esquivar ao comisario de pista Jansen Von Vuuren, ao intentar este e outro comisario máis cruzar a pista para apagar o lume que se xerou alén do trazado no coche do piloto italiano Renzo Zorzi, compañeiro de Tom no equipo Shadow. O impacto provocou a morte instantánea do comisario, e a mala fortuna quixo ademais que o extintor que este portaba impactase na cabeza de Pryce, semidecapitándoo e matándoo no acto. O impacto produciuse a máis de 200 km/h, e o Shadow de Price continuou varios metros máis por inercia ata que impactou co coche do francés Jacques Laffite (Ligier).

A carreira de 1981 foi vítima da guerra FISA-FOCA. Como non se puido chegar a un acordo coa FISA para o Gran Premio se executase como unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un, ou como unha proba non de campionato, escenifícase como unha carreira oficial de Fórmula Libre. En consecuencia, foi impugnada unicamente polos equipos asociados á FOCA. Con vehículos que non cumprían estritamente coas regulacións da Fórmula Un de 1981.

Entrando na década de 1980, os coches turbo comezaron a dominar o Gran Premio. Debido á grande altitude do rápido circuíto de Kyalami (aprox. 1.828 metros sobre o nivel do mar) os motores turbo de indución forzada podían regular a cantidade de aire que entraba no motor, mentres que os motores de aspiración normal non podían, en 1982 os motores turboalimentados tiñan unha vantaxe en cabalos de forza, de 150 CV, sobre os motores de aspiración normal, o equipo Renault dominou as carreiras dos anos 1980 e 1982.

A carreira de 1985, estivo envolta na controversia internacional, os países comezaron a boicotear os eventos deportivos de Suráfrica debido á segregación racial no país, chamada apartheid. Algúns gobernos intentaron prohibir asistir aos pilotos, e os equipos Ligier e Renault boicotearon a carreira en liña co Goberno francés. Con todo os pilotos franceses Alain Prost e Steriff Philippe, ámbolos dous en equipos británicos, tomaron parte.

1985 foi o último Gran Premio de Suráfrica ata o final do apartheid, o presidente da FIA Jean-Marie Balestre anunciou uns días despois da carreira que o Gran Premio non regresaría á Suráfrica por mor de apartheid.

Despois do fin do apartheid en 1991, a Fórmula Un volveu a Kyalami para dous Grandes Premios en 1992 e 1993.

Os gañadores do Gran Premio de Suráfrica[editar | editar a fonte]

Circuíto Prince George (construído en 1959)
Trazado de todas as versión do Circuíto Prince George
Marrón = 1934, Azul = 1936, Negro = 1959
Kyalami (construído en 1967)
Kyalami (construído nos inicios da década de 1990s)

Gañadores múltiples (pilotos)[editar | editar a fonte]

Pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un O fondo de cor rosa indica que unha carreira non formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Gañados Piloto Ano
4 Jim Clark 1961, 1963, 1965, 1968
3 Austria Niki Lauda 1976, 1977, 1984
2 Jackie Stewart 1969, 1973
Carlos Reutemann 1974, 1981
Nigel Mansell 1985, 1992
Francia Alain Prost 1982, 1993

Gañadores múltiples (construtores)[editar | editar a fonte]

O fondo de cor rosa indica que a carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Equipos en letra grosa que seguen competindo no campionato da Fórmula Un

Gañados Construtor Ano[2]
6 Lotus 1961, 1963, 1965, 1966, 1968, 1978
4 Italia Ferrari 1971, 1976, 1977, 1979
Williams 1981, 1985, 1992, 1993
2 Italia Maserati 1934, 1939
Cooper 1960, 1967
Brabham 1970, 1983
Tyrrell 1973, 1975
Francia Renault 1980, 1982
McLaren 1972, 1984

Por ano[editar | editar a fonte]

O fondo de cor rosa indica que a carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
1993 Francia Alain Prost Williams-Renault Kyalami Resultados
1992 Nigel Mansell Williams-Renault Resultados
1991
-
1986
Non celebrado
1985 Nigel Mansell Williams-Honda Kyalami Resultados
1984 Austria Niki Lauda McLaren-TAG Resultados
1983 Italia Riccardo Patrese Brabham-BMW Resultados
1982 Francia Alain Prost Renault Resultados
1981 Carlos Reutemann Williams-Ford Kyalami Resultados
1980 Francia René Arnoux Renault Kyalami Resultados
1979 Gilles Villeneuve Ferrari Resultados
1978 Ronnie Peterson Lotus-Ford Resultados
1977 Austria Niki Lauda Ferrari Resultados
1976 Austria Niki Lauda Ferrari Resultados
1975 Jody Scheckter Tyrrell-Ford Resultados
1974 Carlos Reutemann Brabham-Ford Resultados
1973 Jackie Stewart Tyrrell-Ford Resultados
1972 Denny Hulme McLaren-Ford Resultados
1971 Mario Andretti Ferrari Resultados
1970 Australia Jack Brabham Brabham-Ford Resultados
1969 Jackie Stewart Matra-Ford Resultados
1968 Jim Clark Lotus-Ford Resultados
1967 Pedro Rodríguez Cooper-Maserati Resultados
1966 Mike Spence Lotus-Climax East London Resultados
1965 Jim Clark Lotus-Climax East London Resultados
1964 Non celebrado
1963 Jim Clark Lotus-Climax East London Resultados
1962 Graham Hill BRM Resultados
1961 Jim Clark Lotus-Climax East London Resultados
1960[3] Stirling Moss Porsche East London Resultados
Bélxica Paul Frère Cooper-Climax East London Resultados
1959
-
1940
Non celebrado
1939 Luigi Villoresi Maserati 6CM East London Resultados
1938 Buller Meyer Riley Resultados
1937 Pat Fairfield ERA-B Resultados
1936 Mario Massacuratti Bugatti 35B Resultados
1935 Non celebrado
1934 Whitney Straight Maserati 8CM 3.0L East London Resultados

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bild des Plakats von 1993
  2. Páxina Oficial Formula Un. "1950-Present race results archives". Consultado o 2006-08-23. 
  3. Houbo dous grandes premios de Suráfrica en 1960.Reference