Peter Debye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Peter Joseph Wilhelmus Debye")
Peter Joseph Wilhelmus Debye
Debije-boerhaave.jpg
Datos persoais
Nacemento 24 de marzo de 1884
Lugar Maastricht Países Baixos Países Baixos
Falecemento 2 de novembro de 1966 (82 anos)
Lugar Ithaca, Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Causa Infarto agudo de miocardio
Residencia Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade Neerlandés/Estadounidense
Cónxuxe Mathilde Alberer
Actividade
Campo Química
Física
Alma máter Universidade RWTH Aachen
Universidade de Múnic
Director de tese Arnold Sommerfeld
Alumnos de tese Lars Onsager
Paul Scherrer
Raymund Sänger
Franz Wever
George K. Fraenkel
Contribucións e premios
Coñecido por Modelo de Debye
Dieléctrico
Premios Medalla Rumford (1930)
Premio Nobel de Química (1936)
Medalla Priestley (1963)
National Medal of Science (1965)
editar datos en Wikidata ]

Petrus (Peter) Josephus Wilhelmus Debye ou Petrus Josephus Wilhelmus Debije, nado en Maastricht (Países Baixos) o 24 de marzo de 1884 e finado en Ithaca (Nova York) o 2 de novembro de 1966 foi un físico-químico e profesor universitario estadounidense de orixe neerlandesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou matemáticas, física e química na Universidade Técnica de Aquisgrán, universidade situada en Alemaña pero a tan só 30 quilómetros de Maastricht, e onde se licenciou en 1905 baixo a supervisión de Arnold Sommerfeld. En 1906 doutorouse na Universidade de Múnic, tamén baixo a supervisión de Sommerfeld, o cal nomearao asistente persoal. Conseguiu o seu PhD (Philosophiæ Doctor) cunha disertación sobre presión de radiación en 1908.

Entre 1911 e 1935 impartiu clases de física nas universidades de Utrecht en 1912, Gotinga en 1913, volveu á Zúric en 1920, na de Leipzig en 1927, e finalmente volveu a Berlín en 1934 onde foi nomeado director do Instituto Kaiser Guillerme de Física.

En 1913 casou con Mathilde Alberer. Tiveron unha filla e un fillo (Peter P. Debye) que se converteu nun físico recoñecido e colaborou con Debye nalgunhas das súas investigacións.

En 1938 trasladouse aos Estados Unidos, onde impartiu clases de química na Universidade Cornell entre 1940 e 1952. En 1946 obtivo a cidadanía estadounidense e nese momento cambiouse o seu nome holandés pola súa transcrición inglesa.

Debye faleceu o 2 de novembro de 1966 na poboación de Ithaca, a consecuencia dun infarto de miocardio.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Quinto Congreso Solvay de 1927. Podemos ver a Peter Debye o primeiro pola esquerda da fila central, sentado á beira de Martin Knudsen e detrás de Irving Langmuir.

En 1912 introduciu unha modificación na teoría da calor específica desenvolvida por Albert Einstein, calculando a probabilidade de calquera frecuencia de vibracións moleculares ata unha frecuencia máxima; este desenvolvemento foi un dos primeiros éxitos teóricos da teoría cuántica.

En 1913, estendeu a teoría da estrutura atómica de Niels Bohr, introducindo órbitas elípticas no modelo, concepto tamén introducido polo físico alemán Arnold Sommerfeld.

En 1923, co seu asistente Erich Hückel, desenvolveu unha mellora na teoría de Svante Arrhenius sobre a condutividade eléctrica en solucións electrolíticas, coñecida como ecuación Debye-Hückel, que hoxe en día aínda se considera como un importante paso na comprensión das solucións electrolíticas.

Tamén en 1923, xunto con Arthur Holly Compton, desenvolveu unha teoría para explicar o efecto Compton, a difracción dos raios X cando interactúan con electróns.

En 1926 suxeriu a existencia do efecto magneto-calórico, mediante o cal pódense obter temperaturas inferiores a 0,3 kelvin.

Foi galardoado en 1936 co premio Nobel de Química polas súas contribucións ao coñecemento das estruturas moleculares.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na súa honra bautizouse ao asteroide (30852) Debye descuberto o 2 de outubro de 1991 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Davies, M. (1970). "Peter Joseph Wilhelm Debye. 1884–1966". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 16: 175. doi:10.1098/rsbm.1970.0007. 
  • Smith, Charles (1970–80). "Debye, Peter Joseph William". Dictionary of Scientific Biography. 3. New York: Charles Scribner's Sons. pp. 617–621. ISBN 978-0-684-10114-9.
  • Williams, J. W. (1975). Peter Joseph Wilhem Debye (PDF). National Academy of Sciences. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]