Hertha Sponer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHertha Sponer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1895 Editar o valor em Wikidata
Nysa, Polonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Ilten, Alemaña (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAlemaña Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga - Doutor en filosofía (–1920)
Universidade de Tubinga Editar o valor em Wikidata
Director de tesePeter Debye Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , química Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Duke (pt) Traducir (1936–1966)
Universidade de Oslo, Professor visitante (pt) Traducir (1934–)
Universidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
ProfesoresPeter Debye Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJames Franck (1946–)
IrmánsMargot Sponer Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Sponer-23

Hertha Sponer, nada en Neisse (Reino de Prusia) o 1 de setembro de 1895 e finada o 27 de febreiro de 1968, foi unha física, química, investigadora e profesora universitaria alemá que realizou importantes contribucións á Mecánica cuántica e á Física molecular. Foi unha das primeiras mulleres en obter un doutoramento en Física en Alemaña e a primeira muller profesora na facultade de Física da Universidade de Duke.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sponer pasou un ano na Universidade de Tübingen e despois matriculouse na Universidade de Göttingen, onde obtivo un doutoramento en investigación en 1920, baixo a supervisión de Peter Debye.[2] Ao terminar os seus estudos traballou como asistente de James Franck no Kaiser Wilhelm Institut. Foi unha das primeiras mulleres en obter un doutoramento en Física en Alemaña en 1921 e ao mesmo tempo obtivo o privilexio de impartir clases nunha universidade alemá. Recibiu unha bolsa da Fundación Rockefeller en 1925, para realizar unha estancia na Universidade de California en Berkeley, onde permaneceu un ano. Durante o seu tempo en Berkeley colaborou ​​con Raymond Thayer Birge, desenvolvendo o que agora se coñece como o método Birge-Sponer para determinar as enerxías de disociación.

Sponer publicara ao redor de vinte artigos científicos e ademais traballaba como profesora asociada de Física a principios da década de 1930.[2] Cando Hitler chegou ao poder, James Franck renunciou á Universidade de Göttingen en abril de 1933, en protesta polo despedimento de varios colegas, e Sponer foi despedida ao ano seguinte, debido ao prexuízo dos nacionalsocialistas contra as mulleres académicas.[3][4]Trasladouse a Oslo en 1934, para ensinar na Universidade de Oslo como profesora visitante, e comezou a traballar na Universidade de Duke en 1936, converténdose na primeira muller en impartir clases na facultade de Física.[2] Permaneceu como profesora até 1966, cando foi nomeada profesora emérita, cargo que ocupou até a súa morte en 1968.[5]

Durante a súa carreira académica realizou investigacións sobre Mecánica cuántica, Física e Química. Foi autora de numerosos estudos publicados, moitos deles en colaboración con físicos recoñecidos, entre eles Edward Teller. Fixo moitas contribucións á ciencia, incluída a aplicación da Mecánica cuántica na Física molecular e traballou nos espectros da absorción ultravioleta próxima. Estableceu un laboratorio de espectroscopia no departamento de Física da Universidade Duke, que máis adiante tivo o seu propio edificio.[5]

Vida Persoal[editar | editar a fonte]

Sponer casou con James Franck en 1946, aínda que debido ás súas respectivas actividades tiveron que vivir en distintas cidades.[5] A súa irmá Margot Sponer foi unha das pioneiras dos estudos galegos no mundo.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hertha Sponer, física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-09-01. Consultado o 2020-12-29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Hertha Sponer (1895- 1968)". Duke University (en inglés). Consultado o 17 de febrero de 2018. 
  3. Lemmerich, Jost (2011). Science and Conscience: The life of James Franck. Translated by Ann M. Hentschel. Stanford, California: Stanford University Press. pp. 188-194. ISBN 978-0-8047-7909-8. 
  4. "CWP at physics.UCLA.edu // Hertha Sponer Franck". cwp.library.ucla.edu. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2004. Consultado o 2020-12-30. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Anders, Udo (2002). "Hertha Sponer". Early Ideas in the History of Quantum Chemistry (en alemán). Quantum-chemistry.com. Consultado o 17 de febrero de 2018. 
  6. "Quen foi Margot Sponer - Actualidade-Novas - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2020-12-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]