Os kurdos[4] son un pobo iranio que se atopa na rexión montañosa de Kurdistán, no suroeste de Asia, esparexida principalmente entre os estados de Iraq, Turquía e Irán. Os kurdos son na súa maioría musulmáns sunnitas.
Son ao redor de trinta millóns de individuos, malia que non existe ningún censo onde consten de maneira fiable. Calcúlase que preto do 55% do total vive en Turquía, un 20% en Iraq e un 5% en Siria. Existe tamén unha importante diáspora kurda en Europa occidental, sobre todo en países como Alemaña, o Reino Unido ou Suecia.
Tratado de Sèvres, 10 de agosto de 1920. Estabelecía a creación dun Kurdistán independente que comprendese a Anatolia suroriental (ao sur do lago Van) e a rexión de Mosul, pero todo quedou en nada por diferenzas tribais e o rexeitamento do líder nacionalista turco Kemal Ataturk. Nese punto, os partidarios kurdos dividíronse entre os que querían manter a autonomía en Turquía e os que optaban por un estado independente.
1945-1948: os kurdos pídenlle á ONU a autodeterminación do seu territorio.
Marzo de 1999: secuestrado en Kenya o líder kurdo Abdullah Öcalan. Xulgado en Turquía por alta traizón e asasinato, Öcalan foi condenado a morte, pero a sentenza foi substituída por cadea perpetua trala abolición da pena de morte en Turquía.
Saladino (1138-1193) ou Salah al-Din Yusuf-al-Ayyubi. Fillo de Ayyub, gobernador de Tikrit, e sobriño de Shirkuh, lugartenente de Nur al-Din, señor de Siria (1146-1174). Shirkuh fíxose co control do Califato fatimí de Exipto (1169) nunha campaña militar costeada por Nur al-Din e o mesmo ano foi herdado por Saladino á morte do seu tío Shirkuh. Disolveu o Califato do Cairo (1171) e proclamado Sultán de Exipto, entrou en disputa con Nur al-Din, o seu señor. Á morte de Nur al-Din (1174) fíxose co poder en Siria, ao norte até Armenia, ao oeste Mosul e o Kurdistán (1186), e con gran parte dos Estados Cruzados (1187). O Sultán kurdo, líder do estado máis poderoso de Oriente, falece en Damasco.