Monte Ararat
Monte Ararat Ağrı Dağı Արարատ | |
---|---|
![]() | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Altiplano Armenio |
Latitude | 39°42.113′ N |
Lonxitude | 44°17.889′ E |
Localización administrativa | |
Localización | Preto de Doğubeyazıt, Provincia de Ağrı, Turquía |
Características xerais | |
Altitude | 5 137 m m Posición 48 |
Montañismo | |
Primeira ascensión | 1829 polo Friedrich Parrot e Khachatur Abovian |
O monte Ararat (turco Ağrı; armenio Արարատ; persa آرارات; hebraico אררט, Hebraico standard Ararat, Hebraico Tiberiano ʾĂrārāṭ), a máis alta montaña da moderna Turquía, é un cono volcánico cuberto de neves eternas e localizado no extremo nordés de Turquía, a 16 km a oeste do Irán e a 32 km ao sur da Armenia. O Xénese identifica esta montaña como o lugar onde a Arca de Noé pousara en terra firme despois do Diluvio.
Xeoloxía[editar | editar a fonte]
Un cono un pouco menor (3.896 m), o Pequeno Monte Ararat, sitúase ao suroeste do pico principal. O leito de lava espállase entre os dous picos. Tecnicamente, o monte Ararat é un estratovulcán, formado de correntes de lava e exección piroclástica.
Nunca se rexistrou ningunha erupción no monte Ararat, mais suponse que teña habido erupcións nos últimos 10.000 anos. Distante de calquera placa continental, a causa do vulcanismo do monte Ararat non é ben comprendida polos científicos.
Ascensión[editar | editar a fonte]
O monte Ararat foi escalado pola primeira vez o 27 de setembro de 1829, por Johann-Friedrich von Parrot xun., Reitor da Universidade Dorpat (Estonia), acompañado de catro estudantes.
A Arca de Noé[editar | editar a fonte]
Na fin da década de 1950, causaron grande alborozo científico uns vestixios coa forma dunha embarcación en fotos aéreas do Ararat, ata que algunhas expedicións identificaron eses vestixios como efectos topográficos e lava.
O Ararat e Armenia[editar | editar a fonte]
A pesar de estar localizado en Turquía, o Monte Ararat é o símbolo nacional de Armenia, onde ás veces se chama Masis (Մասիս), e aparece no centro do brasón de Armenia. A montaña é perfectamente visible desde varios puntos de Armenia, incluíndo a capital Iereván, e represéntase frecuentemente en obras de artistas.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Monte Ararat |