Saltar ao contido

Lago Van

Modelo:Xeografía físicaLago Van
Imaxe
TipoLago salgado
atracción turística
soda lake (en) Traducir
tectonic lake (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaTurquía Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Van, Turquía e Bitlis, Turquía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°38′00″N 42°49′00″L / 38.633333333333, 42.816666666667
Afluentes
Ankyusner (en) Traducir ,Berkri (en) Traducir ,Garala (en) Traducir ,Hoşap Suyu (en) Traducir ,Delicav (en) Traducir ,Artske (en) Traducir ,Artshesh (en) Traducir ,Gayl (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.640 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade171 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións80 (ancho) × 120 (lonxitude) km
Perímetro5.764 km Editar o valor en Wikidata
Superficie3.755 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica12.500 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Salinidade23 ‰ Editar o valor en Wikidata
Volume físico607.000 hm³ Editar o valor en Wikidata
O lago Van.

O lago Van (en lingua turca : Van Gölü; en armenio: Վանա լիճ; en kurdo: Gola Wanê; en latín: Arsissa Palus) é o maior lago de Turquía, sito na Armenia occidental, no extremo leste do país, e que está repartido entre a provincia de Van e a de Bitlis. Ocupa unha área de 3.755 km².

Características

[editar | editar a fonte]

É un lago salgado de orixe volcánica, sen emisores, pero que recibe as augas de numerosos e curtos cursos que descenden desde as montañas circunveciñas. Ten 120 km de lonxitude e 80 km de longo, cunha profundidade media de 171 m (451 m de máxima).[1] A súa superficie é de 3755 km² Esta sito a unha altitude de 1640 m.s.n.m.. Xunto co lago Sevan e o lago de Orumieh é un dos tres grandes lagos do antigo reino da Armenia, ditos os mares da Armenia.

Topografía

[editar | editar a fonte]

A saída do lago foi obstruída durante o Plistoceno, cando as coadas de lava provenientes do volcán Nemrut bloquearon a saída que existía no oeste, cara á chaira de Muş. Hoxe durmido, o Nemrut érguese próximo á beira oeste do lago. Outro volcán, tamén durmido, o Suphan Daği, domina a ribeira norte do lago.

Características da súa auga

[editar | editar a fonte]

A auga do Van é fortemente alcalina e rica en carbonato de sodio e noutros sales, que son extraídos por evaporación e utilizados como deterxentes. O darekh, unha especie de arenque, que se captura nas inundacións primeverais, dáse cerca da desembocadura das correntes que alimentan o lago e é o único peixe que pode sobrevivir nestas augas salgadas.

Lugar de "veraneo" no lago Van, preto de Edremit.

É un lugar de veraneo e recreo, principalmente rexional. Hai praias de area, ben servidas por transportes e accesibles por medio dunha estrada circular, que comezan a seren frecuentadas desde mediados do mes de maio. A auga é clara e de alta densidade, agradable para baño. Os bordos son frecuentemente pouco profundos. As principais localidades na súa beira están enlazadas por barquiños. Un transbordador fai o traxecto entre Van e Tatvan.

Illa de Aghtamar (ou Akdamar)

[editar | editar a fonte]

Na parte meridional do lago, no concello de Gevaș (a 44 km de Van, ao pé do monte Artos), levántase a illa de Aghtmar, a unha distancia de entre 1.500 e 2000 m da beira do lago. Hai barcos a motor que van até a illa, que está deserta e goza dun microclima particular, e ten vexetación arbustiva.

  1. (en inglés) E.T. Degens, H.K. Wong, S. Kempe et F. Kurtman, « A geological study of Lake Van, eastern Turkey », dans International Journal of Earth Sciences, vol. 73.2 (juin 1984), Springer.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]