Nae Caranfil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNae Caranfil

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Bucarest, Romanía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRomanía Editar o valor em Wikidata
EducaciónI. L. Caragiale National University of Theatre and Film (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , actor , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua romanesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiTudor Caranfil (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0135952 Allocine: 19609 Editar o valor em Wikidata


Nicolae Caranfil (AFI: [ˈna.e karanˈfil]) nado en Bucarest o 7 de setembro de 1960, máis coñecido como Nae Caranfil, é un director de cine e guionista romanés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nae Caranfil é o fillo do crítico e historiador de cine romanés Tudor Caranfil. Graduouse en 1984 na Universidade Nacional de Teatro e Cine Ion Luca Caragiale (UNATC) en Bucarest, onde tamén traballou como profesor.

Algúns consideran a Nae Caranfil como o mellor director de cine romanés da década de 1990. Con todo, ao comezo da súa carreira unicamente dirixía curtametraxes, como por exemplo Frumos e în septembrie a Veneția (1983), Treizeci de ani de insomnie (1984) e Backstage (1988). A súa primeira longametraxe foi È pericoloso sporgersi (1993), ao que seguiron películas de comedia de estrada como Asfalt tango (1996), protagonizada por Charlotte Rampling, e Dolce far niente (1998).[1] A súa película Filantropica (2002) foi un éxito entre a crítica e foi a que fixo aumentar a súa popularidade. Caranfil escribiu o guión de todas as súas películas e traballou na banda sonora das dúas primeiras (È pericoloso sporgersi e Asfalt tango).

En 2011, Caranfil comezou a produción da longametraxe de lingua inglesa Closer to the Moon. Unha versión temperán do guión titulada Alice în Ţara Tovarăşilor (Alicia na Terra dos Camaradas) gañou unha subvención de 576.600€ do Centro Nacional de Cine en 2007. A historia está baseada no roubo en 1959 a un banco na Romanía comunista no que un grupo coñecido como «os Ioanid» foi condenado e sentenciado coa pena capital. Mentres esperaban a súa execución, os prisioneiros foron forzados a gravar unha recreación do seu delito. Closer to the Moon está protagonizada por Mark Strong, Vera Farmiga, Harry Lloyd, Joe Armstrong, Christian McKay, Tim Plester, Anton Lesser e Allan Corduner. A rodaxe tivo lugar en Bucarest no outono de 2011.[2][3][4] Closer to the Moon estreouse no festival de cine «Making Waves: New Romanian Cinema» no Lincoln Center de Nova York o 29 de novembro de 2013. Variety describiu a película como "unha comedia negra sorprendentemente entretida."[5]

Filmografía como director[editar | editar a fonte]

  • Frumos e în septembrie a Veneția (1983)
  • È pericoloso sporgersi (1993)
  • Asfalt Tango (1996)
  • Dolce far niente (1998)
  • Filantropica (2002)
  • Restul e tacere (2007)
  • Closer to the Moon (2013)
  • 6,9 pe scara Richter (2016)

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nasta, Dominique (2013). Contemporary Romanian Cinema: The History of an Unexpected Miracle. Columbia University Press. p. 122. ISBN 9780231167444. 
  2. Blaga, Iulia (6 de setembro de 2011). "Closer to the Moon Starts Shooting in Bucharest". Film New Europe. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 16 de outubro de 2011. 
  3. Sauciuc, Gloria. "Closer to the Moon, by Nae Caranfil, is filming from September 5", Cinemagia (Romanés), 2 de setembro de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011.
  4. Ciuverca, Florentina. "Nae Caranfil: '70% of this film actually happened, the remaining 75% are fairy tales'", Film Reporter (Romanian), 4 de outubro de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011.
  5. Scheib, Ronnie. "Film Review: Closer to the Moon", Variety, 6 de decembro de 2013. Consultado o 11 de decembro de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]