Aki Kaurismäki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aki Kaurismäki
Aki Kaurismäki.jpg
Nome completo Aki Olavi Kaurismäki
Nacemento 4 de abril de 1957 e 14 de abril de 1957
  Orimattila
Nacionalidade Finlandia
Educado en University of Tampere
Ocupación director de cine, guionista, montador, actor, produtor de cine e director teatral
Cónxuxe Paula Oinonen
Irmáns Mika Kaurismäki
Premios Lexión de Honra, Pro Finlandia Medal of the Order of the Lion of Finland, sen etiquetar, Nordic Council Film Prize, Grand Prix, Berliner Kunstpreis, Leopard of Honour, Carrosse d'or, Prémio Louis-Delluc e Urso de Prata de Melhor Diretor
editar datos en Wikidata ]

Aki Kaurismäki, nado en Orimattila o 4 de abril de 1957, é un director de cine finés, famoso polos seus filmes ambientados entre as clases sociais máis desfavorecidas, en especial as do norte de Europa, decotío con situacións e personaxes extravagantes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É o fundador xunto co seu irmán Mika Kaurismäki do Midnight Sun Film Festival de Sodankylä e da distribuidora cinematográfica Ville Alpha (que recibe o seu nome en honor da película Alphaville de Jean-Luc Godard).

Aki Kaurismäki no Teatro Principial de Santiago, no 10 de outubro de 2015

En 1981 os dous irmáns codirixiron a película documental Saimaa-ilmiö (o síndrome do lago Saimaa, rodada nas beiras do maior lago de Finlandia. En 1987, Aki presenta unha interpretación 'anticapitalista' de Shakespeare con Hamlet liikemaailmassa (Hamlet volve ós negocios). En 1989 dirixe a película Leningrad Cowboys Go America un curioso road movie musical. A moza da fábrica de mistos (Tulitikkutehtaan tyttö), de 1990, conta as vivencias sentimentais dentro dunha fábrica. En 1990 Kaurismäki roda Contratei a un asasino a soldo (I Hired a Contract Killer), con Jean-Pierre Léaud, que participou con éxito no Festival Internacional de Cine de Venecia. Logo seguiu A vida de Bohemia (La Vie de bohème), na que en lugar de basearse na música de Puccini, Aki utiliza música de Mozart e de músicos franceses. En 1994 dirixe Toma o teu pano, Tatiana (Pidä huivista kiinni, Tatjana), unha película practicamente muda, unha das que mellor define o carácter surrealista do traballo de Kaurismäki. En 1996 Nubes pasaxeiras (Kauas pilvet karkaavat) consegue un discreto éxito: a comedia, de ton lixerio, tamén trata da crise económica e do paro. En 1999 dirixe Juha, na que adapta un clásico da literatura finlandesa de Juhani Abo. Esta película, que conta cuns carteis explicativos, non ten diálogos e se presenta como unha antiga película de cine mudo.

En 2002 é premiado no Festival de Cine de Cannes por Un home sen pasado (Mies vailla menneisyyttä). Actualmente reside na aldea de Bico, no concello portugués de Castro Laboreiro[1].

No ano 2015 o director estivo en dúas ocasións en Santiago de Compostela. A primeira vez foi acudindo á inauguración da sala de cinema Numax, o 16 de marzo, aproveitando a proxección inaugural do seu filme Nubes pasaxeiras[2]. A segunda, no eido do festival de cinema de curtametraxes Curtocircuíto, en que presentou unha escolla de curtas en dous días diferentes. O día 9 de outubro, primeiro, dentro da sección «Rock & Shorts», cunha escolma de filmes musicais da súa autoría[3], acto no que participou nunha pequena conversa. Por outra banda, o día 10 de outubro fixo outra presentación con coloquio dunha escolla de curtas de outros directores da súa elección que titulouse «Signed by Aki K».

Filmografía[editar | editar a fonte]

Documentais[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Rocky VI, 1986 (8 min)
  • Thru the Wire, 1987 (6 min)
  • Rich Little Bitch, 1987 (6 min)
  • L.A. Woman (Muller de Os Ánxeles), 1987 (5 min)
  • Those Were The Days, 1991 (5 min)
  • These Boots (Estas botas), 1992 (5 min)
  • Oo aina ihminen (Sempre ser humano), 1996 (5 min)
  • Välittäjä (O corredor), 1996 (4 min)
  • Bico, 2004 (6 min)
  • Valimo (Fundición), 2007 (4 min)
  • Juice Leskinen & Grand Slam: Bluesia Pieksämäen asemalla, 2013 (18 min)
  • Vandaleyne, 2015 (cameo)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]