Susanne Bier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSusanne Bier

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
EducaciónNational Film School of Denmark (en) Traducir - directora de cinema (1983–1987)
Q12328910 Traducir
Academia de Arte e Design - Bezalel (pt) Traducir
Architectural Association School of Architecture (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema , produtora , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa e lingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePhilip Zandén (1995–2004)
Jesper Winge Leisner
FillosGabriel Bier Gislason (en) Traducir
 ()
Alice Bier Zanden (pt) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0081540 Allocine: 3877 Rottentomatoes: celebrity/suzanne_bier Allmovie: p188572 TCM: 736384 TV.com: people/susanne-bier
Discogs: 1562560 Editar o valor em Wikidata

Susanne Bier (|susænə ˈpiɐ̯ˀ|), nada en Copenhague o 15 de abril de 1960, é unha directora de cinema dinamarquesa, coñecida polos seus filmes Brødre, Efter Brylluppet, Hævnen e Bird Box. Bier é a primeira muller que gañou como directora un Globo de Ouro, un Emmy,[1] e un premio do Cinema Europeo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e educación[editar | editar a fonte]

Susanne Bier naceu nunha familia xudía en Copenhague. A familia do seu pai, Rudolf Salomon Baer (nado en 1930), emigrou de Alemaña a Dinamarca en 1933, trala subida ao poder de Hitler. A familia da súa nai, Heni (de solteira Jonas; nada en 1936), emigrou a Dinamarca dende Rusia a comezos do século XX fuxindo do antisemitismo. En 1943, as dúas familias marcharon de Dinamarca a Suecia xunto coa maioría dos xudeus dinamarqueses para fuxir da deportación ao campos de exterminio nazis. Tres anos despois do final da segunda guerra mundial, volveron a Dinamarca. O efecto do holocausto provocaron que os pais de Bier inculcasen uns fortes principios e valores morais nos seus fillos. Máis adiante, a importancia da resiliencia e a dignidade humanas convertéronse nun tema recorrente no seu cinema.[2]

Durante a súa educación, asistiu ao Niels Steensens Gymnasium. Nunha entrevista para os medios realizada de adulta, Bier describiuse como con falta de habilidades sociais de nena, que gustaba de xogar ao fútbol cos rapaces e prefería ler libros que interactuar con outros. Despois do instituto, cun desexo de reconectar coas súas raíces xudías, estudou arte na Academia Bezalel das Artes e do Deseño de Xerusalén. Posteriormente estudou arquitectura na Architectural Association de Londres, antes de volver finalmente ao cinema e graduarse na Escola Nacional de Cinema de Dinamarca en 1987.[3] De Saliges (1987), filme de graduación de Bier, gañou o primeiro premio no festival de cinema escolar de Múnic e posteriormente foi distribuído por Channel Four.[4]

Carreira[editar | editar a fonte]

Tras dirixir videoclips, anuncios e os filmes Freud Flytter Hjemmefra (1990), Det Bli'r i Familien (1993), Pensionat Oscar (1995) e Sekten (1997), Bier revelouse no seu país con Den eneste ene en 1999, comedia romántica sobre a fraxilidade da vida, que iniciou a colaboración de Bier coa actriz Paprika Steen. O filme continúa a ser un dos maiores éxitos locais en Dinamarca.

Un cambio do engado fácil de Livet är en schlager (2000), Elsker dig for evigt (2002) deu á obra de Bier unha atención e aclamación máis internacional. Escrita por Bier e Anders Thomas Jensen, o filme é unha exploración dolorosa das vidas rotas e as traxecias interconectadas. Realizada baixo os preceptos do Dogma 95, marcou un movemento cara á estética máis minimalista.

Dende o remate de Elsker dig for evigt, a reputación de Bier continuou a aumentar con Brødre (2004) e Efter Brylluppet (2006), que foi candidata ao Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa. Tralo seu primeiro filme estadounidense, Things We Lost in the Fire (2008), protagonizado por Benicio del Toro e Halle Berry, Bier gañou o Oscar por Hævnen (2010).[5]

En 2012, volveu á comedia romántica co éxito en Dinamarca Den skaldede frisør (2012), protagonizado por Trine Dyrholm e Pierce Brosnan, e en 2014, dirixiu a súa segunda longametraxe estadounidense, o escuro drama romántico Serena, con Jennifer Lawrence e Bradley Cooper, e pouco despois seguiuno o drama dinamarqués A Second Chance, con Nikolaj Coster-Waldau, Ulrich Thomsen, Nikolaj Lie Kaas e Maria Bonnevie.

En 2013, foi membro do xurado na 63.ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[6]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Bier estivo casada co actor e director sueco Philip Zanden. Tralo seu divorcio, coñeceu á súa nova parella, o cantante e compositor dinamarqués Jasper Wenga Leisner, que escribiu a música de varios dos seus filmes. Bier ten dous fillos, ambos de Zanden, Gabriel (nado en 1989) e Alice Esther (nada en 1995).[7]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schauser, Søren (12 de novembro de 2016). "I Always Fall a Bit in Love With My Characters". Berlingske (en Danish). Consultado o 15 de novembro de 2016. 
  2. Bloom, Nate (18 de febreiro de 2011). "Jewish Stars 2/18". Cleveland Jewish News. Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 
  3. Wood, Jason (2006). Talking Movies: Contemporary World Filmmakers in Interview. Wallflower Press. p. 3. ISBN 978-1-904764-90-8. 
  4. Wood (2006), pp.3-13.
  5. "Oscar-Nominated Susanne Bier Remaking French Thriller 'Rapt'". Deadline Hollywood. 23 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de marzo de 2011. 
  6. "The International Jury 2013". Berlinale. 28 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  7. "Director Susanne Bier and husband Jesper Winge Leisner". Alamy. 24 de outubro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]