Andrei Konchalovsky
Andrei Konchalovsky | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Andron Sergheievici Mihalkov e Андрей Сергеевич Михалков |
Nacemento | 20 de agosto de 1937 |
Lugar de nacemento | Moscova |
Nacionalidade | Unión Soviética, Estados Unidos de América, Rusia e Francia |
Alma máter | Instituto Gerasimov de Cinematografía, Central Music School, Academic Music College of the Moscow Conservatory e Conservatório de Moscovo |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, guionista, actor, director teatral, memorialista, produtor de televisión, produtor de teatro, xornalista de opinión e Intendente |
Pai | Sergey Mikhalkov |
Nai | Natalia Konchalovskaïa |
Cónxuxe | valor descoñecido, Natalya Arinbasarova, Viviane Godet, valor descoñecido e Julija Alexandrowna Wyssozkaja |
Fillos | Jegor Andrejewitsch Kontschalowski |
Irmáns | Nikita Mikhalkov |
Premios | Order "For Merit to the Fatherland" IV class, Vasilyev Brothers State Prize of the RSFSR, People's Artist of the RSFSR, Honored art worker of the Russian Soviet Federative Socialist Republic, Cabaleiro da Lexión de Honra, Nika Award, Águia de Ouro (Rússia), Grand Prix, Oficial das Artes e das Letras, Cavaleiro da Ordem do Mérito da República Italiana, Order "Danaker", Leão de Prata, Oficial das Artes e das Letras, Government Prize in Culture, Special Jury Prize, Primetime Emmy Award for Outstanding Directing for a Limited Series, Movie, or Dramatic Special e European Medal of Tolerance |
Na rede | |
http://konchalovsky.ru | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Andrei Sergeyevich Mikhalkov-Konchalovsky (en ruso: Андре́й Серге́евич Михалко́в-Кончало́вский), nado en Moscova o 20 de agosto de 1937 é un director, produtor e guionista de cinema ruso.[1] A principios da súa carreira foi colaborador de Andrei Tarkovskii. É fillo de Natalia Konchalovskaya e Sergey Mikhalkov e irmán do cineasta Nikita Mikhalkov.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Konchalovsky é parte da familia aristocrática Mikhalkov, recoñecida polas súas raíces artísticas e aristocráticas. Cambiou o seu nome por Andrei e tomou o apelidos do seu avó materno, Piotr Konchalovski, como pseudónimo. É irmán de Nikita Mikhalkov e fillo de Sergei Mikhalkov. Estudou durante dez anos no conservatorio de Moscova, preparándose para ser pianista. Non obstante, en 1960 coñeceu a Andrei Tarkovskii co que coescribiu o guión do seu filme Andrei Rublev (1966).
O seu debut como director, Pervyy uchitel, foi recibido favorablemente na Unión Soviética e participou en varios festivais internacionais de cinema. O seu segundo filme, Istoriya Asi Klyáchkinoy, kotóraya lyubila, da ne vyshla zámuzh foi censurado polas autoridades soviéticas. Cando se estreou, vinte anos despois, foi aclamado como a súa obra mestra. Posteriormente, Konchalovsky dirixiu adaptacións de Dvoryanskoye gnezdo de Ivan Turgenev e de Dyadya Vanya de Anton Chekhov. Ambos os filmes foron protagonizados por Innokenti Smoktunovski. O seu filme épico Sibiriada foi recibido positivamente no Festival Internacional de Cine de Cannes e fixo posible que se pudiese mudar aos Estados Unidos en 1980.
As súas producións de Hollywood máis populares foron Runaway Train, baseado nun guión orixinal de Akira Kurosawa e Tango e Cash, protagonizada por Sylvester Stallone e Kurt Russell. Durante a década de 1990, Konchalovsky regresou a Rusia, aínda que ocasionalmente produciu filmes históricos para a televisión estadounidense, entre os que se atopa a miniserie A Odisea e o telefilme The Lion in Winter.
O seu filme de 2003 Dom durakov, ambientado nun asilo psiquiátrico de Chechenia, valeulle un León de Prata no Festival Internacional de Cine de Venecia.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Dorogie tovarishchi! (2020)
- Il peccato - Il furore di Michelangelo (2019)
- Ray (2016)
- Belye nochi pochtalona Alekseya Tryapitsyna (2014)
- The Nutcracker in 3D (2010)
- Glyanets (2007)
- The Lion in Winter (telefilme, 2003)
- Dom durakov (2002)
- A Odisea (1997)
- Lumière et compagnie ([1995)
- Kúrochka Ryaba (1994)
- The Inner Circle (1991)
- Tango e Cash (1989)
- Homer and Eddie (1989)
- Shy People (1987)
- Duet for One (1986)
- Runaway Train (1985)
- Maria's Lovers (1984)
- Split Cherry Tree (1982)
- Sibiriada (1979)
- Románs o vlyublyónnyj (1974)
- Dyadya Vanya (1970)
- Dvoryánskoe gnezdó (1969)
- Istóriya Asi Klyáchkinoy, kotóraya lyubila, da ne vyshla zámuzh (1966)
- Pervyy uchitel (1965)
- Málchik i gólub (1961)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Andrei Konchalovsky Arquivado 23 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.. New York Times
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrei Konchalovsky ![]() |