Masaki Kobayashi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Masaki Kobayashi
Masaki Kobayashi.jpg
Nacemento14 de febreiro de 1916
Lugar de nacementoOtaru
Falecemento4 de outubro de 1996
Lugar de falecementoToquio
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeXapón
Alma máterUniversidade de Waseda e Hokkaido Otaru Choryo High school
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cinema, escritor e guionista
PremiosPrêmio do Júri do Festival de Cannes, Prêmio do Júri do Festival de Cannes, Sutherland Trophy, Medalha de Honra da Fita Roxa e Mainichi Film Award for Best Director
Na rede
IMDB: nm0462030 Allocine: 11539 Allmovie: p97736 WikiTree: 小林-17 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Masaki Kobayashi (小林 正樹 Kobayashi Masaki?), nado o 14 de febreiro de 1916 e finado o 4 de outubro de 1996, foi un destacado director de cine xaponés.

Entre as súas películas está Kwaidan (1964), unha colección de catro historias sobre pantasmas extraídas do libro Kwaidan: Stories and Studies of Strange Things (1903) escrito por Lafcadio Hearn, cada unha das cales ten un sorprendente final.

Kobayashi tamén dirixiu A Condición Humana, unha triloxía acerca dos efectos da segunda guerra mundial sobre un xaponés pacifista e socialista. A duración total das tres películas é dunhas nove horas. Outras notables películas son Harakiri (1962) e Samurai Rebellion (1967). Harakiri deulle o premio do xurado no Festival Internacional de Cinema de Cannes.

Foi tamén candidato a dirixir as secuencias xaponesas de Tora! Tora! Tora! (1970), pero no seu lugar foron escollidos Kinji Fukasaku e Toshio Masuda.

Kobayashi, abertamente pacifista, foi recrutado polo exército imperial xaponés durante a segunda guerra mundial, mais negouse a combater ou a ser promovido a ningún rango maior que soldado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]