84ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A 84ª edición dos Óscar, presentada pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2011 dos Estados Unidos e celebrouse o 26 de febreiro de 2012, no Hollywood and Highland Center Theatre (agora Dolby Theatre) no distrito de Hollywood, nos Ánxeles (California). Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. O actor Billy Crystal presentou a cerimonia por novena vez. A primeira vez presentou a 62ª edición dos Óscar, celebrada en 1990, e a anterior foi a 76ª edición dos Óscar, celebrada en 2004.[1]

O 14 de xuño de 2011, o presidente da Academia, Tom Sherak, anunciou nunha conferencia de prensa que, coa intención de revitalizar o interese polos premios, a cerimonia de 2012 tería entre cinco e dez nomeados ó Óscar ó mellor filme pendentes dos resultados da votación, a diferenza dun número definido de candidatos.[2] Como evento relacionado, a Academia realizou a súa terceira cerimonia Anual de Premios Gobernadores no Grand Ballroom do Hollywood and Highland Center o 12 de novembro de 2011.[3]

The Artist gañou cinco galardóns, incluíndo Mellor actor para Jean Dujardin, Mellor director para Michel Hazanavicius e Mellor filme, o primeiro filme mudo en gañalo dende Wings (1927), o gañador da 1ª edición dos Óscar en 1929.[4][5][6][7] Outros gañadores inclúen a Hugo tamén con cinco premios e The Iron Lady con dous premios. Beginners, The Descendants, The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore, The Girl with the Dragon Tattoo, The Help, Midnight in Paris, The Muppets, Rango, Saving Face, A Separation, The Shore e Undefeated gañaron un premio cada un. A cerimonia tivo preto de 39 millóns de espectadores (só en América do Norte).

Gañadores e nomeados[editar | editar a fonte]

Michel Hazanavicius, Mellor director
Jean Dujardin, Mellor actor
Meryl Streep, Mellor actriz
Christopher Plummer, Mellor actor secundario.
Octavia Spencer, Mellor actriz secundaria.
Asghar Farhadi, Mellor filme en lingua non inglesa
Bret McKenzie, Mellor canción orixinal

Os nomeados da 84ª edición dos Óscar foron anunciados o 24 de xaneiro de 2012 no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills, por Tom Sherak, presidente da Academia, e a actriz Jennifer Lawrence.

Os filmes que máis nomeamentos recibiron foron Hugo con once, seguido de The Artist con dez. Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia de entrega o 26 de febreiro de 2012.[8][9][10]

Premios[editar | editar a fonte]

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[11]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario. Mellor actriz secundaria.
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Premios da Academia Honoríficos[editar | editar a fonte]

A Academia celebrou a terceira cerimonia anual de Premios Gobernadores o 12 de novembro de 2011, na cal foron presentados os seguintes premios.[12][13]

Oscar honorífico[editar | editar a fonte]

Premio Humanitario Jean Hersholt[editar | editar a fonte]

Predecesor:
83ª edición dos Óscar
Premios Óscar
84ª edición dos Óscar
Sucesor:
85ª edición dos Óscar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grosz, Christy (November 10, 2011). "Crystal confirmed as Oscars host". Reed Business Information (Variety). Consultado o April 26, 2012. 
  2. "Academy Builds Surprise Into Best Picture Rules". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. June 14, 2011. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o June 15, 2011. 
  3. Gregg Kilday (November 13, 211). "The Ceremony: Academy Honors Oprah Winfrey, James Earl Jones and Dick Smith in Emotional Evening". The Hollywood Reporter. Consultado o April 27, 2012. 
  4. Waters, Florence (February 27, 2012). "The Artist triumphs with five Academy Awards". The Daily Telegraph (UK). Consultado o February 27, 2012. 
  5. "The Artist triumphs at the Oscars". BBC News. February 27, 2012. Consultado o February 27, 2012. 
  6. Horn, John; Sperling, Nicole (February 27, 2012). "'The Artist' is big winner at Academy Awards". LA Times. Consultado o February 27, 2012. 
  7. Fitzmaurice, Sarah; Bamigboye, Baz (February 27, 2012). "Oscars go back to black and white". Daily Mail (UK). Consultado o February 29, 2012. 
  8. "Nominees & Winners for the 84th Academy Awards". AMPAS. AMPAS. Consultado o February 28, 2012. 
  9. "84th Academy Awards: The winners list". CNN. February 26, 2012. Consultado o April 26, 2012. 
  10. Kaufman, Gil (February 27, 2012). "Oscars 2012 Belong To 'The Artist,' 'Hugo,' Meryl Streep". MTV (MTV News). Consultado o April 27, 2012. 
  11. "The 84th Academy Awards (2012) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o April 26, 2012. 
  12. "James Earl Jones, Dick Smith and Oprah Winfrey To Receive Academy’s Governors Awards". AMPAS. AMPAS. Consultado o April 27, 2012. 
  13. Kilday, Gregg (August 2, 2011). "Oprah Winfrey to Receive Academy's Hersholt Humanitarian Award". The Hollywood Reporter (Prometheus Global Media). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]