Mononoke Hime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A princesa Mononoke
Logo título do filme
Ficha técnica
Título orixinalMononoke Hime
DirectorHayao Miyazaki
ProdutorToshio Suzuki
GuiónHayao Miyazaki
IntérpretesYōji Matsuda
Yuriko Ishida
Yūko Tanaka
Kaoru Kobayashi
Masahiko Nishimura
Akihiro Miwa
Mitsuko Mori
Hisaya Morishige
MúsicaJoe Hisaishi
FotografíaAnimación
MontaxeTakeshi Seyama
EstudioStudio Ghibli
DistribuidoraToho
Estrea12 de xullo de 1997
Duración133 minutos
Orixe Xapón
XéneroAventuras
Orzamento¥2 135 666 804
Recadación¥14 487 325 138
Na rede
https://www.princessmononoke20.com e https://www.ghibli.jp/works/mononoke/
IMDB: tt0119698 Filmaffinity: 890814 Allocine: 73176 Rottentomatoes: m/princess_mononoke_1999 Mojo: princessmononoke Allmovie: v160429 TCM: 443775 Metacritic: movie/princess-mononoke Netlix: 28630857Editar o valor em Wikidata

Mononoke Hime (もののけ姫?) (en galego A princesa Mononoke) é un filme épico de animación escrito e dirixido por Hayao Miyazaki. Foi creado por Studio Ghibli e producido por Toshio Suzuki. Está protagonizado polas voces de Yōji Matsuda, Yuriko Ishida, Yūko Tanaka, Kaoru Kobayashi, Masahiko Nishimura, Akihiro Miwa, Mitsuko Mori e Hisaya Morishige.

O filme está ambientado no período Muromachi (aproximadamente entre 1337 e 1573), nun Xapón épico e fantástico, onde conviven os homes, os deuses e os espíritos. A historia céntrase no guerreiro emishi Ashitaka e na loita entre os deuses do bosque e os humanos que consomen os seus recursos.[1] O termo "Mononoke" (物の怪 or もののけ?) non é un nome, senón que é a verba xaponesa para espírito ou monstro.

Mononoke Hime foi estreado no Xapón o 12 de xullo de 1997, e nos Estados Unidos o 29 de outubro de 1999 nalgunhas cidades escollidas. Foi aclamado pola crítica é tivo moi boa acollida do público, converténdose no filme con maior recadación do Xapón no ano 1997, e o máis exitoso do país ata a estrea de Titanic ese mesmo ano.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O derradeiro príncipe Emishi, Ashitaka, querendo protexer a súa aldea, loita contra Nago, un demo xabarín xigante. Durante a loita, Ashitaka é malferido nun brazo pola maldición que cubría o corpo de Nago coma se fosen vermes. Despois de matar ó xabarín, a curandeira da aldea dille que se non fan algo esa ferida maldita rematará por estenderse por todo o seu corpo, chegando a matalo. Ashitaka decide viaxar ás terras do oeste para atopar a orixe da maldición do xabarín e a cura do seu mal. Corta o seu cabelo como símbolo de que abandona a aldea e marcha con Yakul, o seu alce vermello. Pasado un tempo, atópase cunha vila atacada por un grupo de samurais. Algúns deses homes tamén o atacan a el, obrigándoo a se defender. O seu brazo malferido amosa entón unha forza e furia sobrehumanas chegando a actuar case por vontade propia cando curta cas súas frechas os brazos e as cabezas dos inimigos. Nun poboado preto de alí coñece a Jigo, un monxe vagabundo que o axuda a mercar arroz. Esa tarde, o monxe dille a Ashitaka que el podería atopar a axuda que precisa no bosque do Deus Cervo nas montañas do oeste, habitado por deuses animais xigantescos, e cuxo acceso está prohibido ós humanos.

Unha cidade próxima ás montañas do oeste, chamada De Ferro, limpa os bosques de árbores para facer carbón vexetal e extraer ferro, ó tempo que loitan coas bestas xigantescas que intentan protexer o seu bosque en perigo de desaparecer. Nunha desas batallas, tres lobos xigantescos, mandados pola deusa loba Moro, atacan ós aldeáns que transportan o arroz. Eles están acompañados por San, unha nena humana adoptada polos lobos, á cal a xente da Cidade de Ferro chama "a Rapaza lobo" e "Princesa Mononoke" (que quere dicir "demo maldito" ou "espírito").

No ataque, Moro e algúns aldeáns saen prexudicados. O día despois da liorta, Ashitaka atopa dous aldeáns feridos preto dun río. Camiño á Cidade de Ferro pasa polo bosque, onde se atopa con espíritos das árbores diminutos chamados kodama. No bosque tamén vive o Gran Espírito do bosque (Shishigami no xaponés orixinal), descrito como " o deus da vida e da morte ", quen toma a forma de kirin, semellante a un cervo durante o día "e un deus somnámbulo" que vaga polo bosque de noite.

Cando Ashitaka chega á cidade de Ferro danlle unha agradable benvida e coñece á seu líder, Lady Eboshi, que foi a causante da loucura do xabarín Nago ó dispararlle un tiro coas súas armas de fogo cando este defendía o bosque. Pero ó mesmo tempo, Eboshi é benfeitora dos leprosos e as prostitutas, ós que lles da a oportunidade de traballar para ela. Esa noite, San (A Princesa Mononoke) infíltrase na cidade e ataca a Eboshi. Ashitaka intervén na loita empregando o poder da súa maldición e toma a San de volta ó bosque, pero é ferido de gravidade ó recibir un disparo no peito. Co poder da maldición, logra abrila porta e deixar a cidade, pero derrúbase polo abatemento pouco despois. O Espírito do bosque, cura as súas feridas, pero non lle quita a maldición. San, descobre que os xabaríns, baixo o mando do deus xabarín Okkoto, artellan outro ataque sobre a Cidade de Ferro. Eboshi prepárase para o asalto e para matar o Espírito do bosque, porque a súa cabeza concede a inmortalidade a quen a teña.

Na inevitable loita os humanos emboscan ós xabaríns, e masácranos, mentres os cazadores corrompen a Okkoto cunha bóla de ferro envelenada, igual que fixeran con Nago. Malferida, Moro ataca a Okkoto para salvar a San, quen quedara atrapada nos fociños do xabarín xigante tratando de paralo antes de que se convertese nun demo. O Espírito do bosque aparece e quítallela vida a Moro e a Okkoto, pero San sálvase. Mentres Ashitaka limpa os vermes de demo que infectan a San, Eboshi dispáralle á cabeza ó Espírito do bosque. Pero esta á súa vez, perde un brazo pola cabeza reanimada de Moro. O corpo sen cabeza do Espírito do bosque convértese " nun deus estúpido de morte " que comeza a tapar a terra cunha lama negra que mata todo o que toca na busca da súa cabeza.

Ashitaka e San toman a cabeza e devólvenlla ó Espírito do bosque. Este derrúbase sobre un lago, e a terra volve a ser verde outra vez e tódolos leprosos curan incluíndo a maldición de Ashitaka. O filme remata cun Kodama que aparece no bosque rexuvenecido, o que significa que a vida ábrese camiño outra vez.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Banda sonora[editar | editar a fonte]

Princess Mononoke: Music from the Motion Picture
Banda sonora de Joe Hisaishi
2 de xullo de 1997 (Xapón)
12 de outubro de 1999 (Norte América)
Data de gravación1997
Duración65:05
XéneroBanda sonora
Selo discográficoMilan (Norte América)
Tokuma Japan Communications (Xapón)

A banda sonora de Mononoke Hime foi composta por Joe Hisaishi, o compositor de bandas sonoras en tódalas producións de Miyazaki. O propio Miyazaki escribiu a letra das dúas partes vocais, "The Tatara Women Work Song" e "Princess Mononoke Theme Song". A música foi interpretada pola Orquestra Filharmónica de Toquio e dirixida por Hiroshi Kumagai. Foi estreada no Xapón por Tokuma Japan Communications o 2 de xullo de 1997.

A canción titular do filme foi interpretada pola contra tenor Yoshikazu Mela.

  1. "Evening at the Ironworks" (0:39)
  2. "The Demon God II - The Lost Mountains" (0:57)
  3. "Lady Eboshi" (2:48)
  4. "The Tatara Women Work Song" (1:30)
  5. "The Furies" (1:28)
  6. "The Young Man from the East" (1:25)
  7. "Requiem" (2:22)
  8. "Will to Live" (0:32)
  9. "San and Ashitaka in the Forest of the Deer God" (1:39)
  10. "Princess Mononoke Theme Song (Instrumental Version)" (2:08)
  11. "Requiem II" (2:14)
  12. "Princess Mononoke Theme Song" (3:32)
  13. "Battle Drums" (2:47)
  14. "The Battle in Front of the Ironworks" (1:26)
  15. "Demon Power II" (2:30)
  16. "Requiem III" (0:55)
  17. "Retreat" (1:31)
  18. "The Demon God III" (1:14)
  19. "Adagio of Life and Death" (2:09)
  20. "The World of the Dead" (1:27)
  21. "The World of the Dead II" (1:33)
  22. "Adagio of Life and Death II" (1:07)
  23. "Ashitaka and San" (3:12)
  24. "Princess Mononoke Theme Song" (1:23)
  25. "The Legend of Ashitaka Theme (End Credit)" (5:03)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]