93ª edición dos Óscar
A 93ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoará os mellores filmes de 2020 estreados entre o 1 de xaneiro de 2020 e 28 de febreiro de 2021. A cerimonia de entrega dos premios celebrarase o 25 de abril de 2021 no Dolby Theatre dos Ánxeles (Estados Unidos).
Orixinalmente prevista para o 28 de febreiro de 2021, a cerimonia tivo que ser adiada por dous meses por mor do impacto da pandemia de COVID-19 no cinema, o cal permitiu estender o período de elixibilidade dos filmes até o 28 de febreiro. Os criterios de admisión de candidatos xa foran previamente modificados para ter en conta os filmes orixinalmente pensados para a súa estrea nas salas de cinema que foron posteriormente lanzados en formatos de consumo doméstico. Esta foi a cuarta vez que os Premios da Academia foron aprazados, e foi a primeira, dende a 6ª edición dos Óscar, na que filmes con datas de estrea de diferentes anos compiten para a súa consideración na mesma cerimonia.[1]
Predecesor: 92ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 93ª edición dos Óscar |
Sucesor: 94ª edición dos Óscar |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ The Hollywood Reporter (ed.). "Oscars Pushed Back to April 25, Eligibility Window Extended". Consultado o 15 de xuño de 2020.