Yasujirō Ozu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yasujirō Ozu
Alcume/outrosJames Maki, Ernst Schwartz e Shūtarō Komiya
Nacemento12 de decembro de 1903
LugarToquio
Falecemento12 de decembro de 1963
LugarToquio
Causacancro
SoterradoEngaku-ji
Nacionalidade Xapón
Educado enUniversidade de Waseda
ProfesiónDirector
Na rede
http://www.a2pcinema.com/ozu-san/
IMDB: nm0654868 Allocine: 2967 Rottentomatoes: celebrity/yasujiro_ozu Allmovie: p105319
WikiTree: 小津-1 Find a Grave: 10657435 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Yasujirō Ozu, (en xaponés 小津 安二郎) nado en Toquio o 12 de decembro de 1903 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1963 foi un director de cinema xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a interesarse polo cinema no instituto, cando escapaba das clases para ver filmes como Quo Vadis? ou The Last Days of Pompeii. En 1917 despois de ver o filme Civilization decidiu converterse en director. Porén o seu primeiro traballo foi como profesor substituto.

En 1923 entrou na Shochiku Film Company como axudante de fotografía grazas á intercesión do seu tío e contra a opinión do seu pai. Tras traballar como axudante de dirección foi ascendido e dirixiu o seu primeiro filme en 1927. O guión foi escrito por Kogo Noda, que sería o seu coguionista o resto da súa carreira.

O seu primeiro éxito de crítica foi Nacín, pero, comedia dramática sobre a adolescencia.

En 1937 foi chamado polo exército xaponés e pasou dous anos na China na segunda guerra sino-xaponesa. En 1943, durante a segunda guerra mundial foi contratado para facer un filme de propaganda en Birmania. Porén, foi levado a Singapur para dirixir o filme Deruhi e, Deruhi e e pasou o ano lendo, xogando ao tenis e vendo filmes estadounidenses. Cando acabou a guerra destruíu o guión e todo o material filmado.

Volveu ao Xapón en 1946, mudándose coa súa nai, coa que viviu ata a morte desta. O ano seguinte retomou a súa carreira e a partir deses anos chegaron as súas obras máis destacadas, como Viaxe a Tokio.

Antes da década de 1960 os seus filmes apenas foron vistos fóra do seu país, pero dende entón a súa influencia foi aumentando, sendo considerado un dos grandes directores da historia, aparecendo en enquisas como a da revista Sight & Sound.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título xaponés Título
Filmes mudos
1927 懺悔の刃 Zange no yaiba
1928 若人の夢 Wakōdo no yume
女房紛失 Nyōbō funshitsu
カボチャ Kabocha
引越し夫婦 Hikkoshi fūfu
肉体美 Nikutaibi
1929 宝の山 Takara no yama
学生ロマンス 若き日 Gakusei romansu: wakaki hi
和製喧嘩友達 Wasei kenka tomodachi
大学は出たけれど Daigaku wa detakeredo
会社員生活 Kaishain seikatsu
突貫小僧 Tokkan kozō
1930 結婚学入門 Kekkongaku nyūmon
朗かに歩め Hogaraka ni ayume
落第はしたけれど Rakudai wa shitakeredo
その夜の妻 Sono yo no tsuma
エロ神の怨霊 Erogami no onryō
足に触った幸運 Ashi ni sawatta kōun
お嬢さん Ojōsan
1931 淑女と髭 Shukujo to hige
美人と哀愁 Bijin to aishu
東京の合唱 Tokyo no kōrasu
1932 春は御婦人から Haru wa gofujin kara
大人の見る繪本 生れてはみたけれど Nacín, pero
靑春の夢いまいづこ Seishun no yume ima izuko
また逢ふ日まで Mata au hi made
1933 東京の女 Tokyo no onna
非常線の女 Hijōsen no onna
出来ごころ Dekigokoro
1934 母を恋はずや Haha wo kowazuya
浮草物語 Ukigusa monogatari
1935 箱入娘 Hakoiri musume
菊五郎の鏡獅子 Kagami jishi
東京の宿 Tokyo no yado
1936 大学よいとこ Daigaku yoitoko
Filmes sonoros en branco e negro
1936 ひとり息子 Hitori musuko
1937 淑女は何を忘れたか Shukujo wa nani wo wasureta ka
1941 戸田家の兄妹 Todake no kyodai
1942 父ありき Chichi ariki
1947 長屋紳士録 Nagaya Shinshiroku
1948 風の中の牝鶏 Kaze no naka no mendori
1949 晩春 Primavera tardía
1950 宗方姉妹 Munekata kyōdai
1951 麥秋 Bakushu
1952 お茶漬けの味 Ochazuke no aji
1953 東京物語 Contos de Toquio
1956 早春 Soshun
1957 東京暮色 Tōkyō boshoku
Filmes en cor
1958 彼岸花 Higanbana
1959 お早よう Bo día
浮草 Herbas errantes
1960 秋日和 Outono tardío
1961 小早川家の秋 Kohayagawa-ke no aki
1962 秋刀魚の味 O sabor do sake

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]