83ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 83ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2010 dos Estados Unidos e celebrouse o 27 de febreiro de 2011, no Teatro Kodak do distrito de Hollywood nos Ánxeles (California). Durante a cerimonia, Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. Os actores James Franco e Anne Hathaway co-presentaron a cerimonia, sendo a primeira vez para cada un.

Como eventos relacionados, a Academia a súa segunda cerimonia anual dos Premios Gobernadores no Grand Ballroom de Hollywood and Highland Center o 13 de novembro de 2010. O 12 de febreiro de 2011, nunha cerimonia no Beverly Wilshire Hotel en Beverly Hills, os Óscar á técnica foron presentados por Marisa Tomei.[1]

The King's Speech gañou catro premios, todos en categorías maiores: Mellor filme, Mellor director, Mellor actor e Mellor guión orixinal. Orixe tamén gañou catro premios, todos en categorías técnicas.[2] Os outros gañadores foron The Social Network con tres premios e Alice in Wonderland, The Fighter e Toy Story 3, con dous premios cada un. Ademais, Black Swan, In a Better World, Inside Job e The Wolfman recibiron cadanseu premio;[3] os filmes non ficticios de God of Love, The Lost Thing e Strangers No More gañaron en cada unha das súas categorías específicas. A cerimonia tivo preto de 38 millóns de espectadores (só en América do Norte).

Gañadores e nomeados[editar | editar a fonte]

Os nomeados da 83ª edición dos Óscar foron anunciados o 25 de xaneiro de 2011 no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills por Tom Sherak, presidente da Academia, e a actriz Mo'Nique.

Os filmes que recibiron máis nomeamentos foron The King's Speech con doce, seguido de Valor de lei con dez. Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia de entrega o 27 de febreiro de 2011.[4][5][6]

Premios[editar | editar a fonte]

Tom Hooper, Mellor director.
Colin Firth, Mellor actor.
Natalie Portman, Mellor actriz.
Christian Bale, Mellor actor secundario.
Melissa Leo, Mellor actriz secundaria.
Aaron Sorkin, Mellor guión adaptado.
Randy Newman, Mellor canción orixinal.
Rick Baker, Mellor maquillaxe.

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[7]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Premios da Academia Honoríficos[editar | editar a fonte]

A academia celebrou a súa segunda cerimonia anual Premios Gobernadores o 13 de novembro de 2010, na que foron presentados os seguintes premios.[8][9][10]

Oscar honorífico[editar | editar a fonte]

Premio en memoria de Irving G. Thalberg[editar | editar a fonte]

Predecesor:
82ª edición dos Óscar
Premios Óscar
83ª edición dos Óscar
Sucesor:
84ª edición dos Óscar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O'Neil, Tom. "Marisa Tomei to host Sci-Tech Oscars". Los Angeles Times (Tribune Company). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  2. "Oscars 2011: as it happened". Daily Telegraph. 28 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  3. "Oscars 2011: The King's Speech reigns". BBC News. 28 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  4. "Nominees & Winners for the 83rd Academy Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  5. "List of Academy Award nominations". CNN. 25 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2011. 
  6. "The King's Speech Conquers The Oscars". MTV (MTV). 28 de marzo de 2011. Consultado o 26 de abril de 2011. 
  7. "The 83rd Academy Awards (2011) Nominees and Winners". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  8. "Brownlow, Coppola,Godard and Wallach to Receive Academy’s Governors Awards". AMPAS. AMPAS. Consultado o 27 de abril de 2011. 
  9. "Honorary Academy Awards – Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  10. "Irving G. Thalberg Memorial Award – Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]