Mikhail Gorbachev: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
||
Liña 43: | Liña 43: | ||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [http://www.mikhailgorbachev.org/ Páxina oficial de Mijail Gorbachev] (en inglés). |
* [https://web.archive.org/web/20050529223957/http://www.mikhailgorbachev.org/ Páxina oficial de Mijail Gorbachev] (en inglés). |
||
* [http://www.time.com/time/time100/leaders/profile/gorbachev.html Time 100: Mikhail Gorbachev] (en inglés). |
* [http://www.time.com/time/time100/leaders/profile/gorbachev.html Time 100: Mikhail Gorbachev] (en inglés). |
||
* [http://www.nobel.se/peace/laureates/1990/gorbachev-bio.html Nobel e-Museum: Mikhail Gorbachev] (en inglés). |
* [http://www.nobel.se/peace/laureates/1990/gorbachev-bio.html Nobel e-Museum: Mikhail Gorbachev] (en inglés). |
Revisión como estaba o 26 de agosto de 2018 ás 13:11
Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931, é un político ruso que foi o Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e Presidente Executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas de 1989 a 1991.
Traxectoria
Naceu o 2 de marzo de 1931 (outras fontes afirman que naceu en 1935) en Privolnoe, Rusia, no seo dunha familia campesiña. En 1952 ingresou ao Partido Comunista e tres anos despois contraeu matrimonio con Raisa Maksimovna Titorenko, con quen tería unha filla, Irina. Ese mesmo ano obtivo o título de avogado na Universidade de Moscova. En 1978 foi elixido Secretario de Agricultura no Comité Central do Partido Comunista e dous anos despois converteuse no membro máis novo do Politburó.
Trala inesperada morte de Konstantín Chernenko, en abril de 1985, Gorbachev foi elixido Secretario Xeral do Partido Comunista da URSS e polo tanto, o gobernante de facto da Unión Soviética. Trala reorganización do partido e do sistema electoral, foi elixido xefe de Estado (1989) e primeiro Presidente da URSS polo Congreso (1990). As súas reformas estruturais á vida política e económica da URSS, coñecidas polos seus nomes rusos Glásnost e Perestroika, minaron o monopolio exercido polo comunismo nos países do leste e puxeron fin á guerra fría.
En marzo de 1991 convocouse a un referendo na Unión Soviética, o 78% da poboación dixo si ao mantemento da URSS. En agosto dese ano foi destituído por un grupo de altos cargos do PCUS e do Goberno que buscaban deixar sen efecto o Acordo de Belovezhie, que disolvía de facto a URSS ao separarse Ucraína, Rusia e Belarús. Foi retido durante tres días na súa residencia de verán en Forós (Crimea), pero puido reasumir as súas funcións tralo fracaso do golpe de Estado. Modificou a lexislación que permitía o monopolio político exclusivo do PCUS e decretou a nulidade da anexión das Repúblicas bálticas, dando deste modo vía libre para a súa independencia.
Debilitado polos ataques do presidente da Federación rusa, Boris Eltsin e tras un van intento de que as Repúblicas restantes asinasen o Tratado da Unión, decidiu renunciar como Secretario Xeral do Partido Comunista e disolver o Comité Central. O Nadal dese mesmo ano disolveu oficialmente a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas e renunciou como Presidente Executivo trala negativa dos presidentes das Repúblicas da Comunidade de Estados Independentes (CEI) a recoñecer os órganos do poder central.
Mikhail Gorbachev recibiu o Premio Nobel da Paz en 1990, pola súa contribución á distensión mundial.
Dende 1992 Mikhail Gorbachev dirixe a fundación que leva o seu nome e que ten filiais en países como os EUA, Suíza, Rusia ou Italia. Participou nalgunhas eleccións rusas, obtendo pobres resultados, e na actualidade é o presidente do Partido Socialdemócrata de Rusia.
Obras selectas
- Perestroika, 1988.
- The August Coup: The Truth and the Lessons, 1991.
- Memorias, 1996.
Véxase tamén
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mikhail Gorbachev |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina oficial de Mijail Gorbachev (en inglés).
- Time 100: Mikhail Gorbachev (en inglés).
- Nobel e-Museum: Mikhail Gorbachev (en inglés).