Karl Liebknecht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKarl Liebknecht

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Karl Paul August Friedrich Liebknecht Editar o valor em Wikidata
13 de agosto de 1871 Editar o valor em Wikidata
Leipzig Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xaneiro de 1919 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaThe Socialists' Memorial (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Member of the Reichstag of the German Empire (en) Traducir
1912 – 1916
Member of the Prussian House of Representatives (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Alemán
Alemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir (1890–)
Universidade de Leipzig - ciencias do dereito, cameralism (en) Traducir (1890–)
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Würzburg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , revolucionario , avogado , editor literario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Alemaña (1918–)
Liga Espartaquista (1916–1918)
Partido Socialdemócrata de Alemaña (1900–1916) Editar o valor em Wikidata
MovementoMarxismo e antimilitarismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarGarde-Pionier-Bataillon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Artistas relacionadosRosa Luxemburg (1918–) Editar o valor em Wikidata
Participou en
xaneiro de 1919Levante Espartaquista (pt) Traducir
4 de novembro de 1918Revolución de Novembro Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
CónxuxeSophie Liebknecht (pt) Traducir (1912–) Editar o valor em Wikidata
FillosRobert Liebknecht (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiWilhelm Liebknecht Editar o valor em Wikidata
IrmánsOtto Liebknecht (pt) Traducir e Theodor Liebknecht (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado poralta traição (pt) Traducir (1907)
→ (Freiheitsstrafe (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933Queima de livros (pt) Traducirobra Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0509474 WikiTree: Liebknecht-2 Find a Grave: 8113049 Editar o valor em Wikidata

Karl Liebknecht, nado en Leipzig o 13 de agosto de 1871 e finado en Berlín o 15 de xaneiro de 1919, foi un socialista alemán, fundador do Partido Comunista Alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun dos fundadores do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), Wilhelm Liebknecht, críase na miseria a causa do encarceramento do seu pai. As reformas sociais de Bismarck afectárono cando aínda andaba na escola.

Máis tarde comezaría a estudar Filosofìa, Economía, Historia e Dereito na súa cidade natal ata que a súa familia mudou para Berlín, onde contiuou os seus estudos. Entre 1883-1884 foi recrutado. Logo presentaría a súa tese doutoral en Dereito. A avogacía foi a súa primeira profesión: abriu un despacho para defender socialdemócratas e recrutas maltratados polo réxime monárquico.

Continua a súa actividade política desde o SPD e escribindo libros contra o Exército. Precisamente a súa obra "Militarismo e Antimilitarismo" (1907) cústalle un ano e medio de cadea. Defendeuse a si mesmo no caso, gañando dese xeito moita popularidade ata o punto de que foi elixido deputado do parlamento de Prusia.

Durante a primeira guerra mundial desmarcouse da liña oficial do seu partido, que apoia no parlamento a aprobación dos créditos de guerra (que serán aprobados), declarándose publicamente contrario á guerra . Porén foi enviado á fronte o ano 1915 (a pesar da súa inmunidade parlamentaria), vivindo, polo tanto, moi de preto a contenda. Un ano despois, con outros membros do SPD, condenan a guerra, sendo expulsados do partido. Proseguiu, logo de volver da fronte, co seu activismo antibelicista, encabezando unha manifestación. Isto tróuxolle unha condena de catro anos de cárcere. Os opositores á guerra, entre os que destaca Rosa Luxemburg, crean Spartakusbund (Liga Espartaquista), o 1 de xaneiro de 1916, para agrupar os disidentes do SPD.

Karl Liebknecht é liberado da prisión logo da revolución de outubro de 1918, a Revolución alemá, que marcará o fin da guerra e o comezo da Alemaña republicana. O 7 de xaneiro de 1919 os espartaquistas tentan organizar un Comité Militar Revolucionaro, ao estilo ruso, pero non hai detrás sóviets. O 13 de xaneiro, un destacamento dos "Corpos Libres" (Freikorps), organizados polo ministro de Defensa, Noke, detivérono. Dous días despois é asasinado xunto a Rosa Luxemburg e Leo Jogiches en aplicación da "lei de fugas".