Hô Chi Minh
Hô Chi Minh | |
---|---|
![]() | |
Nguyễn Sinh Cung | |
Datos persoais | |
Nacemento | 19 de maio de 1890 |
Kim Liên | |
Falecemento | 2 de setembro de 1969 |
Hanoi | |
Organización | Partido Comunista de Indochina Viet Minh Fronte Nacional de Liberación Partido Comunista de Vietnam |
Pai | Nguyễn Sinh Sắc |
Nai | Hoang Thi Loan |
Alma máter | Universidade Comunista dos Trabalhadores do Oriente |
Profesión | Político |
Relixión | Religião tradicional vietnamita |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hô Chi Minh[1] (vietnamita Hồ Chí Minh), de verdadeiro nome Nguyễn Sinh Cung, e coñecido como Bác Hồ (Tío Ho), nado o en Kim Liên 19 de maio de 1890 e finado en Hanoi o 2 de setembro de 1969, foi un político e revolucionario vietnamita, e Presidente (1954 - 1969) de Vietnam do Norte.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Recibiu o nome de Nguyễn Tất Thành aos 10 anos. Aos 15 anos emigrou a Europa, onde se adheriu ó comunismo durante a súa estancia en Francia (1915 - 1923). En 1919, Ho Chi Minh tentou solicitar na conferencia de Versalles igualdade de dereitos para a colonia de Indochina. Membro fundador do PCF, trasladouse a Moscova. Máis tarde foi enviado polo Komintern a Hong Kong, onde fundou o Partido Comunista de Indochina tralas revoltas de 1930 en Vietnam.
Adoptou o nome de Ho Chi Minh (o que ilumina), e volveu ó seu país en 1941, formando o Viet Minh (Viet Nam Da Lap Dong Minh Hoi, Liga para a Independencia de Vietnam) ó que se adheriron grupos nacionalistas, quedando Vo Nguyen Giap ó mando dos grupos armados.
Declaración de Independencia e guerra[editar | editar a fonte]
O 2 de setembro de 1945 declarou a independencia de Vietnam, pero ao non aceptala os franceses na conferencia de Fontainebleau, en decembro de 1946 desatouse a guerra. Trala vitoria de Dien Bien Phu (7 de maio de 1954), foi proclamado Presidente da República Democrática de Vietnam. Ao non convocarse o referendo sobre a unificación dos dous estados, en 1959 ordenou o apoio ás guerrillas que xa actuaban dende o ano anterior en Vietnam do Sur, formando a Fronte Nacional de Liberación (FNL), o que provocou a intervención dos Estados Unidos, guerra que non vería rematada.

Durante moitos anos viviu nunha pequena casa, pese aos ofrecementos do goberno de trasladarse a un mellor domicilio.
En 1975 Saigón foi renomeada Cidade Ho Chi Minh.
Precedido por Bảo Đại
|
Presidente da República Democrática de Vietnam 2 Setembro 1945 – 2 Setembro 1969 |
Sucedido por Tôn Đức Thắng |
Precedido por Trần Trọng Kim
|
Primeiro Ministro da República Democrática de Vietnam 2 Setembro 1945 – 20 Setembro 1955 |
Sucedido por Phạm Văn Đồng |
Precedido por Título novo
|
Presidente do Partido Comunista de Vietnam 1951 – 1969 |
Sucedido por Ninguén |
Precedido por Trường Chinh
|
Secretario Xeral do Partido Comunista de Vietnam 1956 – 1960 |
Sucedido por Lê Duẩn |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Hô Chi Minh". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1064.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hô Chi Minh ![]() |