Andrei Gromiko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrei Gromiko
Andrei Gromyko at Conference on Security and Cooperation in Europe.jpg
Nacemento5 de xullo de 1909
 sen etiquetar
Falecemento2 de xullo de 1989
 Moscova
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeImperio Ruso e Unión Soviética
EtniaPobo bielorruso
Relixiónateísmo
Educado enBelarusian State Economic University
Ocupaciónpolítico, diplomático, economista e memorialista
FillosAnatoly Gromyko e Emilia Andreevna Gromyko
PremiosPremio Estatal da URSS, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, Ordem da Insígnia de Honra, Bandeira Vermella do Traballo, Medal "Veteran of Labour", Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Premio Lenin, Ordem da Guerra Patriótica 1ª classe, Jubilee Medal "In Commemoration of the 100th Anniversary of the Birth of Vladimir Ilyich Lenin", Jubilee Medal "Thirty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Jubilee Medal "Forty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Jubilee Medal "60 Years of the Armed Forces of the USSR", Medal "In Commemoration of the 800th Anniversary of Moscow", sen etiquetar, Ordem de José Martí, Order of Klement Gottwald, Order of the Flag of the Republic of Hungary, Orden de Georgi Dimitrov, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde de Lenin, "Hammer and Sickle" gold medal, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, "Hammer and Sickle" gold medal, Orde de Lenin, Grand Cross of the Order of Polonia Restituta, Grand Cross of the Order of the Sun of Peru‎ e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Andrei Gromyko, nado en Starye Gromiki (Belarús) o 18 de xullo de 1909 e finado en Moscova o 2 de xullo de 1989, foi un político e diplomático soviético, ministro de asuntos exteriores da URSS durante máis de 25 anos, e despois presidente do præsidium do Soviet Supremo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1939 entrou no comisariado do pobo para asuntos estranxeiros como xefe do departamento de América. Enseguida comeza a ascender chanzos chegando a ser conselleiro na embaixada da URSS nos Estados Unidos de 1939 a 1943, despois embaixador nese mesmo estado de 1943 a 1946. Participou na maior parte das conferencias internacionais da época (Dumbarton Oaks, Ialta, Potsdam, Helsinki etc.). De 1944 a 1975, salienta coma hábil negociador e proba que ten un grande talento para defender a política estranxeira do seu estado.

En 1946, pasa a ser embaixador da URSS no Consello de seguridade da ONU. Pasa a ser membro do comité central do partido comunista en 1956 e entra no Politburo en 1973. En 1983, é o primeiro vice-presidente que despois será designado presidente do praesidium do Soviet Supremo en 1985. Debe dimitir deste posto, e foi excluído do Politburo en 1988, porque representaba a facción conservadora do partido comunista.

Está soterrado no camposanto de Novodevitchi en Moscova.