Fundación Penzol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 32: Liña 32:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
{{Galifontes}}
===Bibliografía===
===Bibliografía===
{{Refempeza}}
{{Refempeza}}

Revisión como estaba o 26 de xuño de 2018 ás 11:11

Coordenadas: 42°14′18.13″N 8°43′32.5″O / 42.2383694, -8.725694 Modelo:Fundación A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963, cando Fermín Penzol (1901-1981) decidiu doar a súa biblioteca e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira e o director é Francisco Domínguez Martínez.

Descrición

Esta colección foi iniciada na época de estudante de Fermín Penzol, cando militou no movemento nacionalista na Mocidade Céltiga e coñeceu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco. O fondo inicial da fundación, que consistiu en 7 751 libros, 6 012 folletos e moitas revistas periódicas, manuscritos e documentos,[1] foise ampliando e agora ten unha das maiores coleccións de folletos, máis de 45 000 libros, documentos, periódicos, revistas, cartas e 160 manuscritos da historia recente de Galiza.

Placa.

Pouco antes da súa morte fixo depositaria do seu legado á Editorial Galaxia, que asumiu o mantemento. Na creación da fundación participaron Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas ilustres, amais de empresarios coma Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela.

A primeira sede da biblioteca instalouse na rúa Policarpo Sanz de Vigo, para despois trasladarse á Casa Galega da Cultura, na praza da Princesa.

Obtivo o Premio Francisco Fernández del Riego da Asociación Galega de Editores á difusión do ámbito editorial e cultural no 2012.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas