Fundación Penzol: Diferenzas entre revisións
Liña 41: | Liña 41: | ||
:* [http://www.cervantesvirtual.com/descargaPdf/num-73-1981/ "Protagonistas do galeguismo no Arquivo da Fundación Penzol"] por [[Olga Gallego]] e Pedro López Gómez. |
:* [http://www.cervantesvirtual.com/descargaPdf/num-73-1981/ "Protagonistas do galeguismo no Arquivo da Fundación Penzol"] por [[Olga Gallego]] e Pedro López Gómez. |
||
:* [http://www.cervantesvirtual.com/descargaPdf/num-73-1981/ "Os fondos bibliográficos da Biblioteca Penzol"]. |
:* [http://www.cervantesvirtual.com/descargaPdf/num-73-1981/ "Os fondos bibliográficos da Biblioteca Penzol"]. |
||
* [http://hoxe.vigo.org/pdf/PENZOL/Labordivulgativo.pdf "Fundacion, Fondos e Labor divulgativo"] Fundación Penzol. Concello de Vigo. |
|||
{{Reftermina}} |
{{Reftermina}} |
||
Revisión como estaba o 26 de xuño de 2018 ás 10:41
Coordenadas: 42°14′18.13″N 8°43′32.5″O / 42.2383694, -8.725694 Modelo:Fundación A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963, cando Fermín Penzol (1901-1981) decidiu doar a súa biblioteca e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira e o director é Francisco Domínguez Martínez.
Descrición
Esta colección foi iniciada na época de estudante de Fermín Penzol, cando militou no movemento nacionalista na Mocidade Céltiga e coñeceu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco. O fondo inicial da fundación, que consistiu en 7 751 libros, 6 012 folletos e moitas revistas periódicas, manuscritos e documentos,[1] foise ampliando e agora ten unha das maiores coleccións de folletos, máis de 45 000 libros, documentos, periódicos, revistas, cartas e 160 manuscritos da historia recente de Galiza.
Pouco antes da súa morte fixo depositaria do seu legado á Editorial Galaxia, que asumiu o mantemento. Na creación da fundación participaron Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas ilustres, amais de empresarios coma Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela.
A primeira sede da biblioteca instalouse na rúa Policarpo Sanz de Vigo, para despois trasladarse á Casa Galega da Cultura, na praza da Princesa.
Obtivo o Premio Francisco Fernández del Riego da Asociación Galega de Editores á difusión do ámbito editorial e cultural no 2012.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fundación Penzol |
Bibliografía
- Monteagudo, Henrique (coord.) (2010). Fermín Penzol. Unha obra para un país Galaxia. ISBN 978-84-9865-312-0.
- Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009): Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- Fermín Penzol in memoriam xulio-agosto-setembro 1981. Grial n.º 73. ISSN 0017-4181. Inclúe:
- "Fundacion, Fondos e Labor divulgativo" Fundación Penzol. Concello de Vigo.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Fundación Penzol na páxina web do Concello de Vigo.
- Fundación Penzol na páxina web de Editorial Galaxia.
- O. de 4/3/1982 por la que se reconoce clasifica e inscribe como Fundación Cultural Privada la denominada «Fundación Penzol» «BOE» 77, de 31/3/1982, p. 8 458. MCU (en castelán).