O autódromo foi construído por iniciativa de varios corredores arxentinos, entre os que se atopaba o gañador do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951, Juan Manuel Fangio. Ante o desenvolvemento do automobilismo arxentino, o goberno do Presidente Juan Domingo Perón decidiu construír o autódromo no sur da Cidade de Bos Aires, nun predio de máis de 200 ha, no barrio de Vila Riachuelo. O autódromo foi inaugurado o 9 de marzo de 1952, baixo o nome de Autódromo 17 de Outubro, en honra á "xornada histórica" de apoio ao entón Coronel Perón.
Para a inauguración foron organizadas tres probas, pero a máis importante foi a realización da Copa Perón na modalidade Fórmula Libre, gañada por Juan Manuel Fangio. Fangio tardou 1:17.19.230 h para cubrir as 30 voltas do circuíto 4 do autódromo, ao mando dunha Ferrari 166FL. En segundo lugar chegou Froilán González co seu Ferrari 166C e terceiro o brasileiro Francisco Landi no seu Ferrari 125C.
En 1953 correuse alí o primeiro Gran Premio da Arxentina, a primeira carreira fóra de Europa, gañado nesa ocasión polo piloto italiano Alberto Ascari, que corría para a Scuderia Ferrari. O corredor arxentino Juan Manuel Fangio tivo que abandonar na volta 36 cando fallou a transmisión do seu Maserati. Durante esa carreira ocorreu un accidente que se cobrou a vida de 9 persoas.
Outra Carreira memorable que levouse a cabo en 9 edicións foron os 1000 Km de Bos Aires, que se disputaron entre 1954 e 1972.
O autódromo conta na actualidade con varios trazados:
Circuíto N°5: Circuíto histórico, se continua utilizando hoxe en día en categorías zonais, é o circuíto máis curto.
Circuíto N°6: É moi utilizado por categorías intermedias. Conta cunha parte rápida e cunha trabada. Destaca a Curva da Viborita, o Ombu e a Baixada do Escorregadoiro.
Circuíto N°7: Extremadamente veloz, se continua utilizando hoxe en día en categorías zonais,
Circuíto N°9: Utilizouse no Gran Premio da Arxentina de Fórmula 1 durante a década de 1990. É un circuíto moi trabado. Destaca a curva de Ascari e a S de Senna construída especialmente para o Gran Premio.
'Circuíto N°12:' É o escenario que utiliza o Turismo Carretera, e no 2010 utilizárono tamén o Top Race, o TC 2000 para os 200 km de Buenos Aires. Conta con tres longas rectas, o curvón Salotto, a "S" do Ciervo e a chicana de Ascari. A "S" do Ciervo orixinal volveuse a usar na última carreira de Turismo Carretera.
Circuíto N°15: Era utilizada para a realización do Gran Premio de fórmula 1 entre os anos 1974 ao 1981, O trazado é igual ao nº 12 pero utilizando a zona dos mixtos, onde se atopan a Curva da Viborita, o Ombu e a Baixada do Escorregadoiro.
Circuíto N°2: É igual que trazado nº 9, coa diferenza que o sector da forquita estendíase 250 metros máis aproximadamente. Este trazado non se utilizara máis xa que en lugar da antiga forquita construíuse un kartódromo e para rematar a tribuna da forquita construída para o Gran Premio.