Don Beauman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDon Beauman
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1928 Editar o valor em Wikidata
Farnborough, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 1955 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Wicklow - Cill Mhantáin, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Donald Bentley Beauman nado en Farnborough, Hampshire, Inglaterra o 26 de xullo de 1928 e finado en Wicklow, Irlanda o 9 de xullo de 1955, foi un piloto británico de Fórmula 1 que participou nun Gran Premio do Campionato Mundial.

Beauman naceu en Farnborough, Hampshire, fillo único do Xeneral de Brigada Archibald Bentley Beauman CBE, DSO e Bar (30 de novembro de 1888 - 22 de marzo de 1977). Era xerente de hotel, pero comezou a competir nas carreiras de motor en 1950.[1]

Beauman correu cun Cooper 500 durante dous anos na Fórmula 3 antes de cambiar ás carreiras de coches deportivos e participou na Fórmula 1 en 1954 cun Connaught Tipo A, patrocinado polo rico privado Sir Jeremy Boles. Terminou undécimo no Gran Premio do Reino Unido en Silverstone. Alcanzou un certo éxito en Fórmula 2, con varios terceiros e cuartos postos e un segundo lugar na copa Madgwick en Goodwood. En 1955, a fin de semana antes do Gran Premio do Reino Unido, morreu cando se estrelou co seu Connaught durante a carreira do Trofeo Leinster en Wicklow. Lograra o tempo máis rápido de 133´45 km/h na súa primeira volta pero estrelouse preto do pub Beehive na segunda volta e morreu instantaneamente.[2] A morte de Beauman máis outros accidentes mortais nas carreiras ese ano puxo fin ás carreiras de automóbiles no Curragh.[3]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1954 Sir Jeremy Boles Connaught A Type Lea-Francis 4 en liña ARX 500 BEL FRA GBR
11
ALE SUI ITA ESP NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Narramore, Paul (5 de outubro de 2006). "Find a Grave - Don Beauman". www.findagrave.com. Consultado o 19 de agosto de 2014. 
  2. "Don Beauman". www.historicracing.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2014. 
  3. Traynor, Michael (2004). Iona National Airways: Irelands First Commercial Airline. Michael Traynor. p. 93. ISBN 0-9549194-0-8. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]