Pat Flaherty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pat Flaherty
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Anos en activo 6 1950, 19531956, 1959
Escudería(s) Kurtis Kraft, Watson
Grandes Premios disputados 6
Campionatos 0
Vitorias 1
Podios 1
Pole positions 1
Voltas rápidas 0
Primeiro GP 500 Millas de Indianápolis de 1950
Primeira vitoria 500 Millas de Indianápolis de 1956
Derradeira vitoria 500 Millas de Indianápolis de 1956
Derradeiro GP 500 Millas de Indianápolis de 1959

George Francis Flaherty, Jr., nado en Glendale (California) o 6 de xaneiro de 1926 e finado en Oxnard (California) o 9 de abril de 2002, coñecido profesionalmente como Pat Flaherty, foi un piloto de carreiras estadounidense que gañou as 500 Millas de Indianápolis en 1956.[1]

Participou na AAA na USAC e nas series Championship Car, nas carreiras das tempadas de 1950, 1953-1956, 1958-1958 e 1963 con 19 saídas, incluíndo as carreiras das 500 Millas de Indianápolis en 1950, 1953, 1955, 1956 e 1959 e finalizado no top dez veces, con 9 vitorias en 1955 e 1956 en Milwaukee, así como as 500 Millas de Indianápolis de 1956.

Andaina no Campionato Mundial de F1[editar | editar a fonte]

As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato do Mundo da FIA desde 1950 ata 1960 os pilotos que competiron na Indy durante eses anos foron acreditados con puntos para a participación no Campionato Mundial. Pat Flaherty participou en 6 carreiras do Campionato do Mundo. Empezou na pole unha vez, gañou unha vez, e acumulou un total de 8 puntos no campionato.

Logo de gañar as 500 Millas de Indianápolis de 1956, Flaherty resultou gravemente ferido tres meses máis tarde nun accidente de coche de carreiras,[2] que lle impediu correr na Indy 500 de 1957.

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis[editar | editar a fonte]

* Compartido con Jim Rathmann

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]