Bill Vukovich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bil Vukovich
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Anos en activo 19501955
Escudería(s) Kurtis Kraft, Trevis, Rounds Rocket, Maserati
Grandes Premios disputados 6 (5 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 2
Podios 2
Pole positions 1
Voltas rápidas 3
Primeiro GP 500 Millas de Indianápolis de 1950
Primeira vitoria 500 Millas de Indianápolis de 1953
Derradeira vitoria 500 Millas de Indianápolis de 1954
Derradeiro GP 500 Millas de Indianápolis de 1955

William "Bill" Vukovich (Serbio: Bil Vuković, Бил Вуковић), nado o 13 de decembro de 1918 en Fresno (California), e finado o 30 de maio de 1955 en Indianápolis, foi un piloto serbio-americano de carreiras de automóbiles. Gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1953 e 1954, máis outras dúas carreiras do campionato nacional da American Automobile Association. Varios pilotos da súa xeración referíronse a Vukovich como o piloto máis grande xamais visto no automobilismo estadounidense.[1]

Era coñecido indistintamente como "Vuky" ou "O Tolo ruso" (malia que detestaba ese nome, porque a súa ascendencia era iugoslava) polo seu estilo intenso de condución, así como o "Serbio mudo " pola súa fría actitude.[2] Tamén se lle coñece como o "Fresno flash" nos anuarios da Indy de Floyd Clymer.

Andaina[editar | editar a fonte]

Coches Midget[editar | editar a fonte]

Antes de comezar nas carreiras Indy, Vukovich pilotaba un midget do equipo Edelbrock. Correu na Costa Oeste dos Estados Unidos na URA, e gañou a serie do campionato midget en 1945 e 1946. Vukovich gañou en 1948 o Turkey Night Grand Prix no Gilmore Stadium, e seis das últimas oito carreiras na pista do estadio antes de que fose pechado definitivamente.[3] En 1950 gañou o campionato Midget da AAA.

500 Millas de Indianápolis[editar | editar a fonte]

En 1952, o seu segundo ano na carreira das 500 millas no Circuíto de Indianápolis, avanzou rapidamente desde a súa posición inicial no medio da terceira fila para tomar a iniciativa, e liderou 150 voltas de maneira dominante antes de sufrir un fallo na dirección na volta 192 das 200 voltas programadas. Gañou a carreira en dous anos consecutivos, 1953 e 1954. Liderou un asombroso 71´7% das voltas que pilotou en competición, e segue sendo o único piloto en liderar a maior cantidade de voltas en carreira durante tres anos consecutivos..[3]

Morte na Indy[editar | editar a fonte]

Vukovich matouse nun accidente en cadea, cando lideraba con 17 segundos de vantaxe na volta 57 das 500 Millas de Indianápolis de 1955. Estaba saíndo da segunda curva, detrás de tres coches lentos pilotados por Rodger Ward, Al Keller e Johnny Boyd cando o coche de Ward desviouse como resultado dunha refacho de vento. Keller, desviouse cara á herba para evitar a Ward, perdeu o control e deslizouse de novo na pista, golpeando o coche de Boyd e empuxándoo no camiño de Vukovich. O coche de Vukovich golpeou a Boyd, saíu polo aire e aterrou boca abaixo tras pasar sobre o muro de contención exterior da recta oposta e dera catro voltas e media de campá, estalando en chamas. Cando o coche incendiouse Ed Elisian detivo o seu coche intacto e correu cara a Vukovich nun intento van de salvalo.

Vukovich defendía por segunda vez o campionato da Indy 500 cando morreu durante a carreira, logo de Floyd Roberts en 1939, e o único ex gañador que morreu mentres pilotaba. Vukovich tamén foi o primeiro piloto en morrer durante unha carreira do Campionato do Mundo.

Familia[editar | editar a fonte]

O seu fillo, Bill Vukovich II, e o seu neto, Bill Vukovich III, tamén competiron nas 500 Millas de Indianápolis, Vukovich II, logrou o segundo lugar en 1973, e Vukovich III foi novato do ano en 1988.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos Puntos
1950 I R C Maserati Maserati L4 GBR
MON
500
NSC
SUI
BEL
FRA
ITA
NC 0
1951 Central Excavating Trevis Offenhauser L4 SUI
500
29
BEL
FRA
GBR
ALE
ITA
ESP
NC 0
1952 Fuel Injection Kurtis Kraft KK500A Offenhauser L4 SUI
500
17
BEL
FRA
GBR
ALE
NED
ITA
22º 1
1953 Fuel Injection Kurtis Kraft KK500A Offenhauser L4 ARX
500
1
NED
BEL
FRA
GBR
ALE
SUI
ITA
9
1954 Fuel Injection Kurtis Kraft KK500A Offenhauser L4 ARX
500
1
BEL
FRA
GBR
ALE
SUI
ITA
ESP
8
1955 Hopkins Kurtis Kraft KK500C Offenhauser L4 ARX
MON
500
25
BEL
NED
GBR
ITA
25º 1

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis[editar | editar a fonte]

Ano[4] Coche Inicio Cual. Clas. Pos. final Voltas Liderado Retirada
1950 10 Non cualificado
1951 81 20 133.725 16 29 29 0 Tanque de aceite
1952 26 8 138.212 2 17 191 150 Dirección
1953 14 1 138.392 1 1 200 195
1954 14 19 138.478 15 1 200 90
1955 4 5 141.071 3 25 56 50 Accidente
Totais 676 485
Saídas 5
Poles 1
Primeira fila 1
Gañadas 2
Top 5 2
Top 10 2
Retiradas 3

Campionato do Mundo de F1 resumo da carreira[editar | editar a fonte]

As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato Mundial de Pilotos (que máis tarde se converteu no Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA) desde 1950 ata 1960. Os pilotos que competían na Indy durante estes anos tamén contaban como participantes para o Campionato Mundial. Bill Vukovich participou en 5 carreiras do Campionato do Mundo de F1. Comezou na pole unha vez, gañou 2 carreiras, fixo 3 voltas rápidas, e terminou no podio en dúas ocasións. Sumou un total de 19 puntos no campionato.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bill Vukovich at espn.com
  2. "Vukovich Indy 500 Trophy Sale Inspires Memories". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012. Consultado o 04 de xaneiro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 Biography Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. at the National Midget Auto Racing Hall of Fame, Retrieved January 4, 2007
  4. "Bill Vukovich Indy 500 Race Stats". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2006. Consultado o 04 de xaneiro de 2014. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]