Fred Wacker
Fred Wacker | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 2 (1953–1954) |
Escudería(s) | Gordini |
Grandes Premios disputados | 5 (3 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio dos Países Baixos de 1953 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1954 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Frederick G. Wacker Jr., nado en Chicago o 10 de xullo de 1918 e finado en Lake Bluff o 16 de xuño de 1998, foi un enxeñeiro e empresario estadounidense. Tamén foi un destacado membro da alta sociedade de Chicago, músico de jazz e piloto de automobilismo. Participou en cinco carreiras do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutando o 21 de xuño de 1953. Non conseguiu puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras fora do campionato da Fórmula Un.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Wacker era neto de Charles H. Wacker, o primeiro presidente da Chicago Plan Commission e do home por quen é nomeado o Wacker Drive en Chicago. Frecuentou The Hotchkiss School e a Universidade Yale. Traballou con AC Spark Plug antes de ingresar na Armada dos Estados Unidos.[1]
Wacker viuse involucrado nun accidente mortal durante a segunda volta do Gran Premio de Watkins Glen, que no seu momento era un circuíto urbano. Mentres se preparaba para dar un xiro á dereita, o seu Allard J2 acercouse perigosamente a un Cunningham pilotado por John Fitch, e os dous pilotos se desviaron para evitar unha colisión. A parte traseira do Allard saíu lixeiramente cara á esquerda e atropelou a multitude de espectadores sentados na beirarrúa ao largo do circuíto. Dez persoas resultaron feridas e un rapaz de 7 anos morreu. A traxedia causou o final das carreiras en Glen e noutros lugares dos Estados Unidos.[2]
Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Equipe Gordini | Gordini Type 16 | Gordini 6 en liña | ARX | 500 | NED NTS |
BEL 9 |
FRA | GBR | ALE | SUI NTS |
ITA | NC | 0 |
1954 | Equipe Gordini | Gordini Type 16 | Gordini 6 en liña | ARX | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI Ret |
ITA 6 |
ESP NCG |
NC | 0 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cohen, Jodi S. (19 de xuño de 1998). "Executive, Socialite Frederick Wacker". Chicago Tribune. Consultado o 15 May 2014.
- ↑ Defechereux, Philippe (1998). Watkins Glen 1948-1952: The Definitive Illustrated History. Beeman Jorgensen. ISBN 0-929758-17-X.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fred Wacker ![]() |