Robert Manzon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Manzon
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Francia
Anos en activo 1950-1956
Escudería(s) Gordini, Ferrari inc. privado
Grandes Premios disputados 29 (28 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 2
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1950
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1956


Robert Manzon, nado o 12 de abril de 1917 e finado o 19 de xaneiro de 2015, foi un piloto de carreiras francés. Participou en 29 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 21 de maio de 1950. Conseguiu dous podios, e anotou un total de 16 puntos no campionato. No momento da súa morte, Manzon era o último piloto vivo que participou na primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 en 1950.

Andaina[editar | editar a fonte]

Manzon comezou a súa carreira como mecánico e logo da segunda guerra mundial empezou a competir inicialmente cun Cisitalia D46. Logrou un contrato co equipo Gordini para 1948, Manzon ocupou o terceiro lugar no Gran Premio de Xenebra de 1948 e gañou algunhas carreiras de menor importancia aínda que a súa máquina non foi sempre fiable.[1] Continuou con Gordini na nova era da Fórmula Un, sumou puntos no Gran Premio de Francia de 1950, e terminou sexto no Campionato do Mundo de Pilotos en 1952, logrando o terceiro lugar no Gran Premio de Bélxica de 1952. Deixou Gordini en 1953 e uniuse ao equipo de Louis Rosier, que facía campaña cos Ferraris. Posteriormente, logrou o seu segundo podio no Gran Premio de Francia de 1954 ao volante dun Ferrari 625.[1]

Logo Manzon volveu ao equipo Gordini, pero atopou pouco éxito en probas do Campionato do Mundo. Fóra do Campionato, gañou o Gran Premio de Nápoles de 1956 e unha carreira de autos deportivos en Pescara.[1]

Manzon morreu na súa casa no sur de Francia o 19 de xaneiro de 2015 a idade de 97 anos.[2] foi último participante vivo da tempada 1950 de Fórmula Un.

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1950 Equipe Simca Gordini Simca Gordini Type 15 Gordini 4 en liña GBR MON
Ret
500 SUI BEL FRA
4
ITA
Ret
14º 3
1951 Equipe Simca Gordini Simca Gordini Type 15 Gordini 4 en liña SUI 500 BEL FRA
Ret
GBR ALE
7
ITA
Ret
ESP
9
NC 0
1952 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña SUI
Ret
500 BEL
3
FRA
4
GBR
Ret
ALE
Ret
NED
5
ITA
14
9
1953 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX
Ret
500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0
1954 Equipe Rosier Ferrari 625 Ferrari 4 en liña ARX 500 BEL FRA
3
GBR
Ret
ALE
9
ITA
Ret
ESP
Ret
15º 4
Scuderia Ferrari Ferrari 553 SUI
NTS
1955 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX MON
Ret
500 BEL NED
Ret
GBR
Ret
ITA NC 0
1956 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX
NCG
MON
Ret
500 BEL NC 0
Gordini Type 32 Gordini 8 en liña FRA
9
GBR
9
ALE
Ret
ITA
Ret

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Obituary: Former grand prix driver Robert Manzon 1917-2015". Autosport. 20 January 2015. Consultado o 20 xaneiro 2015. 
  2. "Formula One: French driver Robert Manzon, the last of the racers from F1's first season in 1950, dies at 97". ABC Australia. 20 January 2015. Consultado o 20 xaneiro 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]