Eric Brandon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEric Brandon
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1920 Editar o valor em Wikidata
East Ham, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 1982 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Gosport, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Eric Brandon nado en East Ham (Essex) o 18 de xullo de 1920 e finado en Gosport (Hampshire) o 8 de agosto de 1982, foi un piloto de automobilismo e empresario inglés. Estaba estreitamente asociado coa Cooper Car Company, e foi fundamental no desenvolvemento inicial da compañía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando el e o seu amigo de infancia John Cooper licenciaron do servizo militar logo da segunda guerra mundial, construíron dous coches que cumpriran os novos regulamentos para o National 500 cc. Brandon, cuxo negocio familiar eran os bens eléctricos, tiña acceso aos magnetos BTH para os motores JAP, que naquel entón adquiriu o pai de Cooper, Charlie. Brandon participou co seu Cooper en numerosas subidas e sprints e, en 1947, na pista de Gransden Lodge, gañou a primeira carreira de circuíto de 500 cc en Gran Bretaña.[1] Tamén gañou o primeiro título de Fórmula 3 en 1951.[2]

Máis tarde, na década de 1950, Brandon participou en 5 Grandes Premios do Campionato do Mundo, nun Cooper - Bristol de Fórmula 2, pero non conseguiu ningún punto no Campionato. Durante a maior parte da súa carreira, Brandon correu para o equipo de Ecurie Richmond, que formou con Alan Brown. En 1955 financiou a construción do seu propio coche deportivo "Halseylec", nomeado así pola súa empresa de subministración eléctrica. Continuou a competir nos autos ata 1956, pero se involucrou cada vez máis en carreiras de motonáutica e en 1957 dedicouse por completo a esta disciplina polo seu espírito competitivo. [1]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1952 Ecurie Richmond Cooper T20 Bristol 6 en liña SUI
8
500 BEL
9
FRA GBR
20
ALE NED ITA
13
NC 0
1954 Ecurie Richmond Cooper T23 Bristol 6 en liña ARX 500 BEL FRA GBR
Ret
ALE SUI ITA ESP NC 0
Fonte:[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Eric Brandon Arquivado 22 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. 500race.org Retrieved on 8 de abril de 2008
  2. British F3 Champions motorsportsetc.com Retrieved on 4 de setembro de 2007. Arquivado 17 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
  3. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 80. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]