Leslie Marr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leslie Marr
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 2 (1954-1955)
Escudería(s) Connaught privado
Grandes Premios disputados 2
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1954
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1955


Sir Leslie Lynn Marr, 2º Baronet, nado en Durham o 14 de agosto de 1922 e finado en Gimingham o 4 de maio de 2021, foi un artista inglés e expiloto de carreiras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de John Lynn Marr (1877-1931) e Amelia Rachel, orixinalmente Thompson (1884-1971). Educouse na Shrewsbury School e no Pembroke College, Cambridge. Herdou a súa baronía en 1932 coa morte do seu avó, o armador Sir James Marr, 1º Baronet, aínda que non usa o título. Durante a segunda guerra mundial, serviu coa Royal Air Force.

Marr participou en dous Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutando o 17 de xullo de 1954 no Gran Premio do Reino Unido de 1954.[1] Competindo no seu Connaught privado, terminou no décimo terceiro lugar, pero retirouse da súa última carreira de campionato mundial en 1955, despois de que un tubo de freo danado causoulle un trompo.[2][3] Marr competiu en varias carreiras fóra do campionato, cos seus mellores resultados, incluíndo a vitoria na Cornwall MRC Formula 1 Race de 1955 e terminar cuarto no Gran Premio de Nova Zelandia ao ano seguinte.[2]

Marr tamén foi artista,[4] estudando no Borough Polytechnic (máis tarde London South Bank University) con David Bomberg como mestre e é membro do Borough Group.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1954 Leslie Marr Connaught Type A Lea-Francis 4 en liña ARX 500 BEL FRA GBR
13
ALE SUI ITA ESP NC 0
1955 Leslie Marr Connaught Type B Alta 4 en liña ARX MON 500 BEL NED GBR
Ret
ITA NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Leslie Marr profile". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 21 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Drivers: Leslie Marr". ESPN F1.com. ESPN. Consultado o 21 de febreiro de 2012. 
  3. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 246. ISBN 0851127029. 
  4. Jenkins, Richard. "Where are they now: Leslie Marr". Old Racing Cars. Consultado o 21 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]