John Riseley-Prichard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Riseley-Prichard
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 1954
Escudería(s) Rob Walker Racing Team
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1954
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1954


John Henry Augustin Prichard, máis tarde Riseley-Prichard, nado en Hereford o 17 de xaneiro de 1924 e finado en Tailandia o 8 de xullo de 1993[1], foi un corretor de seguros británico e piloto de carreiras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de coller o gusto polas carreiras nun Riley de estrada, comprou un Connaught Type A de segunda man ao Rob Walker Racing Team. Usando este vehículo, participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un, o Gran Premio do Reino Unido de 1954 o 17 de xullo de 1954. Trompeou e retirouse da carreira, sen lograr puntos de campionato. Ademais disto, compitiu nunha serie de carreiras de Fórmula Un fora do campionato e carreiras de Fórmula Libre, incluíndo unha vitoria na I Cornwall MRC Formula 1 Race de 1954.

Riseley-Prichard compartiu un Aston Martin na famosa carreira das 24 Horas de Le Mans de 1955 cun novo Tony Brooks, pero despois do trauma deste evento retirouse da carreira. Máis tarde, ese mesmo ano, deixou que Brooks tomara o volante do seu Connaught, dando á futura estrela de Vanwall e Ferrari a súa primeira gran oportunidade.[2]

Máis tarde na vida, John Riseley-Prichard converteuse no centro dun escándalo de pornografía infantil e emigrou a Tailandia. Logo dunha longa enfermidade, morreu en Baan Kai Thuan, unha aldea interior remota aproximadamente a 200 km de Bangkok.[1][2]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1954 RRC Walker Racing Team Connaught A Type Lea-Francis
4 en liña
ARX 500 BEL FRA GBR
Ret
[[Gran Premio de Alemaña de 1954|ALE] SUI ITA ESP NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now? John Riseley-Prichard". OldRacingCars.com. Consultado o 29 de xullo de 2007. 
  2. 2,0 2,1 Williamson, Martin (novembro de 2009). "JOHN RISELEY-PRICHARD Great Britain". espn.co.uk. Consultado o 26 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]