Toulo de Graffenried
Emmanuel de Graffenried | |
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1950–1954, 1956 |
Escudería(s) | Maserati, Alfa Romeo |
Grandes Premios disputados | 23 (22 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio do Reino Unido de 1950 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1956 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Emmanuel 'Toulo' de Graffenried, nado en París o 18 de maio de 1914 e finado en Lonay (Suíza) o 22 de xaneiro de 2007, foi un piloto de carreiras suízo. Participou en 23 Grandes Premios do Campionato Mundial, debutou o 13 de maio de 1950, e anotou un total de nove puntos no campionato. Tamén participou en numerosas carreiras de Fórmula Un fóra de campionato.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Graffenried comezou a súa carreira deportiva en 1936, ao volante do seu propio Maserati. Algúns dos seus resultados máis memorables foron na súa pista local: o circuíto urbano de lastras de Bremgarten preto de Berna. Gañou o Gran Premio do Reino Unido de 1949,[2] un ano antes de comezar o Campionato Mundial da FIA. Nese ano inaugural de Graffenried disputou cinco das sete carreiras da tempada, con resultados mixtos. Continuou pilotando en carreiras ocasionais durante os seguintes seis anos, o seu mellor resultado foi o cuarto lugar no Gran Premio de Bélxica de 1953.[3]
Logo da súa retirada da competición, Graffenried montou un concesionario de coches en Lausanne, con automóbiles Alfa Romeo, Rolls-Royce e Ferrari. Tamén actuou como dobre especialista de Kirk Douglas durante a rodaxe de The Racers. Máis tarde, converteuse nunha figura habitual nos acontecementos da Fórmula Un durante os anos 1970 e 1980 como embaixador corporativo para a marca de cigarros Phillip Morris Marlboro.
En recoñecemento da súa vitoria no primeiro Gran Premio do Reino Unido, Graffenried fixo a súa última aparición ao volante dun coche de carreiras durante as celebracións en 1998 do 50 aniversario de Silverstone aos 84 anos de idade.
Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Enrico Platé | Maserati 4CLT/48 | Maserati 4 en liña | GBR Ret |
MON Ret |
500 | SUI 6 |
BEL | FRA | ITA 6 |
NC | 0 | ||
1951 | SA Alfa Romeo | Alfa Romeo 159 | Alfa Romeo 8 en liña | SUI 5 |
500 | BEL | ITA Ret |
ESP 6 |
16º | 2 | ||||
Enrico Platé | Maserati 4CLT/48 | Maserati 4 en liña | FRA Ret |
GBR | ALE Ret |
|||||||||
1952 | Enrico Platé | Maserati-Platé 4CLT | Maserati 4 en liña | SUI 6 |
500 | BEL | FRA Ret |
GBR 19 |
ALE | NED | ITA NSC |
NC | 0 | |
1953 | Baron de Graffenried | Maserati A6GCM | Maserati 6 en liña | ARX | 500 | NED 5 |
BEL 4 |
FRA 7 |
GBR Ret |
ALE 5 |
SUI Ret |
ITA Ret |
8º | 7 |
1954 | Baron de Graffenried | Maserati A6GCM/250F | Maserati 6 en liña | ARX 8 |
500 | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | ESP Ret |
NC | 0 |
1956 | Scuderia Centro Sud | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX | MON | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA 7 |
NC | 0 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Formula One Archives". Consultado o 2007-08-04.
- ↑ "II British Grand Prix 1949". silhouet.com. Consultado o abril 16, 2014.
- ↑ "XIV Grand Prix de Belgique". silhouet.com. Consultado o April 16, 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toulo de Graffenried ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Obituary: 'Toulo' de Graffenried. (2007) Motor Sport, LXXXIII/4, p. 15
- "Drivers: Emmanuel de Graffenried". www.GrandPrix.com. Consultado o 2007-03-02.
- "Former F1 driver Graffenried passes away". GPUpdate.net. 22 xaneiro 2007. Consultado o 1 febreiro 2011.
- "Baron Emmanuel Toulo de Graffenried". www.HistoricRacing.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2016. Consultado o 2007-03-02.
- "Emmanuel de Graffenried". www.GPRacing.net192.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2006. Consultado o 2007-03-02.