Troy Ruttman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Troy Ruttman
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Anos en activo 19501952, 1954-1958, 1960
Escudería(s) Kurtis Kraft, Watson, Lesovsky, Kuzma, Maserati
Grandes Premios disputados 11 (8 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 1
Podios 1
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP 500 Millas de Indianápolis de 1950
Primeira vitoria 500 Millas de Indianápolis de 1952
Derradeira vitoria 500 Millas de Indianápolis de 1952
Derradeiro GP 500 Millas de Indianápolis de 1960

Troy Ruttman, nado o 11 de marzo de 1930 en Mooreland (Oklahoma) e finado o 19 de maio de 1997 de cancro de pulmón en Lake Havasu City (Arizona), foi un piloto americano de carreiras. Era o irmán maior do piloto da NASCAR Joe Ruttmann.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ruttman gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1952, á idade de 22 anos e 80 días.

De 1950 a 1960, as 500 Millas de Indianápolis tamén contaban para o Campionato do Mundo de Pilotos (agora sinónimo de Fórmula 1), aínda que a maioría dos corredores non competían nas outras carreiras do Campionato. Ruttmann foi o primeiro gañador de Indianápolis 500 en participar nunha carreira da Fórmula Un máis aló da Indy[1] e a súa vitoria de 1952 na Indy 500 valeulle a distinción de ser o piloto máis novo en gañar unha proba do Campionato do Mundo, un honor que ocupou ata que Fernando Alonso gañou o Gran Premio de Hungría de 2003.

Ruttmann participou co coche da familia nunha carreira de roadster en San Bernardino (California) en 1945 aos 15 anos, e gañou a carreira.[2] gañou 19 das 21 carreiras desa tempada.[2] En 1947 foi o campión da Asociación Roadster California (CRA). Tamén gañou as cinco primeiras carreiras da tempada midget. En 1948 repetiu como campión roadster da CRA, e gañou 23 carreiras de autos midget.

Andaina na Sprint Car[editar | editar a fonte]

En maio de 1949 Troy deixou California para participar no campionato da AAA de Sprint Cars nos circuítos do Medio Oeste. Gañou tres campionatos da AAA de Sprint Car durante as seguintes tres tempadas e media, competiu en 51 carreiras de midget, gañando 16 e colocándose no top tres 28 veces.[2]

Resultou ferido nun accidente de sprint car en agosto de 1952, o que retirou a Ruttmann por tempada e media. Ruttmann regresou en 1954 cun calendario moi reducido.

Andaina no Campionato de Monoprazas dos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Pilotou no AAA e nas series do Campionato de Monoprazas USAC, participou nas carreiras das tempadas 1949-1952, 1954, 1956-1957 e 1960-1964 con 58 saídas, incluíndo as carreiras das 500 Millas de Indianápolis en 1949-1952, 1954, 1956-1957, e 1960-1964. Finalizou no top dez 26 veces, con 5 vitorias e foi finalista con Chuck Stevenson no Campionato Nacional de 1952.

Andaina nos Stock car[editar | editar a fonte]

Ruttman gañou en 1956 o título da USAC Short Track Stock Car. Ruttmann tamén competiu en 7 carreiras nas series Grand National NASCAR (agora Sprint Cup) desde 1962 ata 1964, terminando no top dez 5 veces. O seu mellor resultado foi terceiro na carreira de 1963 no Circuíto Riverside International detrás de Dan Gurney e A. J. Foyt.[3]

Andaina no Campionato do Mundo[editar | editar a fonte]

As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato do Mundo da FIA de 1950 a 1960, e os pilotos que competiron na Indy durante eses anos lograron puntos no Campionato Mundial. Troy Ruttman participou en nove carreiras do Mundial, sete veces na Indy máis os grandes premios de Francia e Alemaña de 1958. A súa vitoria nas 500 Millas de Indianápolis de 1952 foi a súa única vitoria e o seu único podio. Acumulou un total de 9 puntos e medio no campionato.

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis[editar | editar a fonte]

Ano Coche Saída Cual. Clas. Final B

Voltas

Liderado Retirada
1949 64 18 125.945 32 12 151 0 Fora de tempo
1950 55 24 131.912 9 15 130 0 Fora de tempo
1951 98 6 132.314 25 23 78 0 Rodamiento
1952 98 7 135.364 18 1 200 44
1954 34 11 137.736 31 4 200 0
1956 53 11 142.484 17 31 22 0 Trompo
1957 52 3 142.772 7 31 13 4 Temperatura
1960 28 6 145.366 8 20 134 11 Engrenaxe traseiro
1961 52 22 144.799 23 20 105 10 Embrague
1962 26 30 146.765 19 18 140 0 Pistón
1963 17 33 148.374 24 12 200 0
1964 14 18 151.292 24 18 99 0 Trompo
Totais 1472 69
Saídas 12
Poles 0
Primeira fila 1
Gañadas 1
Top 5 2
Top 10 2
Retirada 7

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos Puntos
1950 Bowes Racing Inc. Lesovsky Offenhauser 4 en liña GBR
MON
500
15
SUI
BEL
FRA
ITA
NC 0
1951 Christopher J.C. Agajanian Kurtis Kraft 2000 Offenhauser 4 en liña SUI
500
Ret
BEL
FRA
GBR
ALE
ITA
ESP
NC 0
1952 Christopher J.C. Agajanian Kuzma Offenhauser 4 en liña SUI
500
1
BEL
FRA
GBR
ALE
NED
ITA
8
1954 Eugene A Casaroll Kurtis Kraft 500A Offenhauser 4 en liña ARX
500
4
BEL
FRA
GBR
ALE
SUI
ITA
ESP
23º 1´5
1956 John Zink Kurtis Kraft 500C Offenhauser 4 en liña ARX
MON
500
Ret
BEL
FRA
GBR
ALE
ITA
NC 0
1957 John Zink Watson Offenhauser 4 en liña ARX
MON
500
Ret
FRA
GBR
ALE
PES
ITA
NC 0
1958 Scuderia Centro Sud Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX
MON
NED
500
BEL
FRA
10
GBR
ALE
NTS
POR
ITA
MOR
NC 0
1960 John Zink Watson Offenhauser 4 en liña ARX
MON
500
Ret
NED
BEL
FRA
GBR
POR
ITA
USA
NC 0
  • † = Vehículo compartido

Notas[editar | editar a fonte]