Rodger Ward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodger Ward
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Anos en activo 11 19511960, 1963
Escudería(s) Kurtis Kraft, Lesovsky, Watson, Bromme, Pawl, Kuzma, Lotus
Grandes Premios disputados 12
Campionatos 0
Vitorias 1
Podios 2
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP 500 Millas de Indianápolis de 1951
Primeira vitoria 500 Millas de Indianápolis de 1959
Derradeira vitoria 500 Millas de Indianápolis de 1959
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1963

Rodger M. Ward (nado o 10 de xaneiro de 1921, finou o 05 de xullo de 2004) foi un piloto de carreiras estadounidense que gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1959 e 1962 . Tamén foi o campión da USAC Car Championship de 1959 e 1962.

Inicios[editar | editar a fonte]

Ward, naceu en Beloit, Kansas, era fillo de Ralph e Geneva (née Banta) Ward. En 1930, a familia mudouse a California. Morreu en Anaheim, California.

O pai de Ward posuía un negocio de chatarra de automóbiles en Los Angeles. Roger tiña 14 anos cando construíu un Ford hot rod. Foi piloto de combate nun P-38 Lightning na Segunda Guerra Mundial. Gustaba tanto de voar que pensaba que sería a súa profesión. Comezou a voar nun B-17 Flying Fortress e era tan bo que se mantivo como instrutor. Logo da guerra estivo destinado en Wichita Falls, Texas, onde a catrocentos metros construíron un circuíto de terra.[1]

Carreiras de Midget cars[editar | editar a fonte]

Comezou a competir nas carreiras de midget cars (coches ananos) en 1946 despois de que fora dado de alta do exército. Terminou pobremente. Mellorou en 1947 e en 1948 gañou o Gran Premio de San Diego. Correu nun Offenhauser en 1949 e gañou varias carreiras.

Ward, conmocionou o mundo das carreiras de coches ananos cando rompeu unha longa racha de vitorias do motor Offenhauser usando un motor Ford 60 "shaker" de Vic Edelbrock no Estadio Gilmore o 10 de agosto de 1950.[2] O motor foi un dos primeiros en usar nitro metano como combustible. Ward e Edelbrock correron no Orange Show Estadio a noite seguinte e volveron gañar. Ward, utilizou o seu coche anano en 1959 para vencer aos mellores coches deportivos na carreira de Fórmula Libre en Lime Rock Park.[3] Antes dese momento o midget considerábase só competitivo para pista ovalada. Ese mesmo ano, Ward presentouse no Gran Premio dos Estados Unidos para coches de Fórmula Un co coche anano, ca falsa crenza de que era moito máis rápido nas curvas, un feito que non atopou certo ao comezo da práctica. Retirouse da carreira logo de vinte voltas por unha falla mecánica.

Coches de Campionato[editar | editar a fonte]

Gañou o campionato AAA Stock Car en 1951 (máis tarde USAC Stock Car). O campionato deulle unha oportunidade para facer unha proba de novato nas 500 Millas de Indianápolis de 1951. Pasou a proba e clasificouse para a carreira. Terminou 34 voltas antes do final debido a que o seu coche sufriu unha rotura nun tubo de aceite. Fixo 130 voltas nas 500 Millas de Indianápolis de 1952 antes de que fallara a presión de aceite. As 500 Millas de Indianápolis de 1953 terminaron logo de 170 voltas, e a súa participación nas 500 Millas de Indianápolis de 1954 terminou despois de que o seu coche detívose na recta oposta. Completou todas as voltas, por primeira vez en 1956, terminando oitavo.

En 1959 uniuse ao equipo líder de Bob Wilke e do mecánico A. J. Watson, formando o que se coñece como os "3 W" e Ward gañou as súas primeiras 500 Millas de Indianápolis. Gañou o Campionato Nacional da AAA con vitorias en Milwaukee, DuQuoin e na Indy Fairgrounds.[1] Finalizou a tempada 1959 competindo no único Gran Premio dos Estados Unidos que se celebrou en Sebring Raceway.

The Lola - Offy que Ward pilotou na súa última carreira da Champ Car, a Indy 500 de 1966

Ward, batallou con Jim Rathmann polo liderado nas 500 Millas de Indianápolis de 1960. Nun dos duelos épicos na historia da Indy 500, Ward e Rathmann intercambiaron o liderado 14 veces antes de que Ward desacelerara na volta 197 para coidar o seu desgastado pneumático dianteiro dereito ata o final. Rathmann, tamén loitou cos pneumáticos desgastados logo dun ritmo tan furioso, tomou a dianteira na volta 197 e os dous pilotos chegaron ranqueando a meta no que aínda é considerado como un dos grandes duelos pola vitoria na historia da Indy 500.

Ward, púxose por diante nas 500 Millas de Indianápolis de 1962 na volta 126 e liderou o resto da carreira. Gañou o campionato da tempada dese ano.

Tivo dificultades para atopar unha posición cómoda no coche que pilotou en Indianápolis en 1965, non logrou clasificarse por pouco. O seu orgullo profesional non lle permitiu terminar a súa carreira dun xeito tan ignominioso, e regresou por última vez en 1966, terminando decimo quinto. No banquete desa noite, Ward dirixiuse entre bágoas ó grupo. "Sempre dixen que ía deixar as carreiras cando deixara de ser divertido", dixo, logo fixo unha pausa mentres se limpaba as bágoas. "Hoxe non foi divertido". Logrou 26 vitorias nas súas 150 participacións entre 1950 e 1964, e terminou entre os dez primeiros en máis da metade das súas participacións.

Logo da retirada[editar | editar a fonte]

Ward, pasou a ser o comentarista da NASCAR e Indycars do programa Wide World of Sports da ABC entre 1965 e 1970. En 1980 incorporouse á Indianapolis Motor Speedway Radio Network como piloto experto entre 1980 e 1985, a finais de 1985 deixouno e retirouse en Tustin, California.

Nos últimos anos, traballou como director de relacións públicas para o novo Autódromo de Ontario. Morreu o 05 de xullo de 2004 aos 83 anos de idade.

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis[editar | editar a fonte]

Andaina no Campionato Mundial de F1[editar | editar a fonte]

As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato do Mundo FIA desde 1950 ata 1960 os pilotos que competiron na Indy durante eses anos foron acreditados con puntos para a participación no Campionato Mundial. Roger Ward participou en 12 carreiras do Campionato do Mundo de F1, 10 participacións nas 500 Millas de Indianápolis es os Gran Premio dos Estados Unidos de 1959 1963. Nunca logrou a a pole, gañou 1 carreira, non logrou ningunha volta rápida, e terminou no podio 2 veces. Acumulou un total de 14 puntos no campionato.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1951 L & B Bromme Bromme Offenhauser SUI 500
27
BEL FRA GBR ALE ITA ESP NC 0
1952 Federal Auto Associates Kurtis Kraft 4000 Offenhauser SUI 500
23
BEL FRA GBR ALE NED ITA NC 0
1953 M. A. Walker Kurtis Kraft Offenhauser ARX 500
16
NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0
1954 R. N. Sabourin Pawl Offenhauser ARG 500
22
BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP NC 0
1955 E. R. Casale Kuzma Offenhauser ARX MON 500
28
BEL NED GBR ITA NC 0
1956 Ed Walsh Kurtis Kraft 500C Offenhauser ARX MON 500
8
BEL FRA GBR ALE ITA NC 0
1957 Roger Wolcott Lesovsky Offenhauser ARX MON 500
30
FRA GBR ALE PES ITA NC 0
1958 Roger Wolcott Lesovsky Offenhauser ARX MON NED 500
20
BEL FRA GBR ALE POR ITA MOR NC 0
1959 Leader Cards Inc. Watson Offenhauser MON 500
1
10º 8
Kurtis Kraft NED FRA GBR ALE POR ITA USA
Ret
1960 Leader Cards Inc. Watson Offenhauser ARX MON 500
2
NED BEL FRA GBR POR ITA USA 12º 6
1963 Reg Parnell Racing Lotus 24 BRM V8 MON BEL NED FRA GBR ALE ITA USA
Ret
MEX RSA NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Biography at the West Coast Stock Car Hall of Fame, written in 2003, Retrieved November 13, 2007
  2. Vic Edelbrock's Biography at the National Midget Auto Racing Hall of Fame, Retrieved January 11, 2007
  3. Biography at the National Midget Auto Racing Hall of Fame (name is spelled incorrectly), Retrieved January 11, 2007

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]