Mike Hawthorn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mike Hawthorn

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 1952 - 1958
Escudería(s) LD Hawthorn, AHM Bryde, Ferrari, Vanwall, BRM
Grandes Premios disputados 47 (45 saídas)
Campionatos 1 (1958)
Vitorias 3
Podios 18
Pole positions 4
Voltas rápidas 6
Primeiro GP Gran Premio de Bélxica de 1952
Primeira vitoria Gran Premio de Francia de 1953
Derradeira vitoria Gran Premio de Francia de 1958
Derradeiro GP Gran Premio de Marrocos de 1958

John Michael Hawthorn, nado o 10 de abril de 1929 e finado o 22 de xaneiro de 1959, foi un piloto británico de automobilismo, campión do mundo da tempada de 1958 logo do cal anunciou a súa retirada logo de verse profundamente afectado pola morte do seu compañeiro de equipo e amigo Peter Collins, dous meses antes no Gran Premio de Alemaña de 1958. Hawthorn tamén gañou as 24 Horas de Le Mans en 1955, pero viuse cuestionado pola súa implicación no accidente da traxedia de Le Mans de 1955 que empañou a carreira. Hawthorn morreu nun accidente de tráfico seis meses logo da súa retirada, sufría dunha enfermidade terminal.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nado en Mexborough (West Riding of Yorkshire, Inglaterra) fillo de Leslie e Winifred (de solteira Symonds) Hawthorn,[1] estudou no Ardingly College, West Sussex, seguindo estudos na universidade técnica de Chelsea e unha aprendizaxe cun fabricante de vehículos comerciais.[2] O seu pai era dono do Tourist Trophy Garage en Farnham, concesionario de varias marcas de alta gama como Jaguar e Ferrari.[3] O seu pai correu en motocicletas e apoiou a carreira deportiva do seu fillo; cando o pai morreu nun accidente de tráfico, en 1954, Mike Hawthorn herdou o negocio.[4]

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Mike Hawthorn fixo a súa debut na competición no seu Riley Ulster Imp, KV 9475 de 1934, gañando a clase de 1100 C.C. de autos deportivos nas probas de velocidade Brighton o 2 de setembro de 1950..[5] En 1951, pilotando un 1½ litros TT Riley, participou no Motor Sport Brooklands Memorial Trophy, gañando por un punto.[6] Tamén gañou o Ulster Trophy Handicap en Dundrod e o Leinster Trophy en Wicklow nese ano.[7]

Para 1952, cambiouse aos monoprazas e durante esa tempada gañou a súa primeira carreira nun Cooper-Bristol T20 de Fórmula 2 en Goodwood. Seguido doutros éxitos que chamaron á atención de Enzo Ferrari que lle ofreceu unha unidade de fábrica. Fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio de Bélxica de 1952 no lendario circuíto de Spa-Francorchamps, terminando en cuarta posición. Cara ao final da tempada, xa conseguira o seu primeiro podio, cun terceiro lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1952 [8] e un par de cuartas posicións pilotando un Cooper.[9]

Na Scuderia Ferrari na tempada de 1953, Hawthorn mostrou de inmediato a súa valía cunha vitoria, no seu noveno intento, no Gran Premio de Francia de 1953 no circuíto de Reims-Gueux, superou na táctica a Juan Manuel Fangio na que alcumouse como "a carreira do século", segundo as crónicas cambiaron o liderado en case todas as curvas do circuíto de Reims. Ademais, logo de 500 km de carreira, os catro coches de cabeza tiñan menos de 5 segundos de diferenza.[10] Este e putros dous podios axudáronlle a terminar a tempada cuarto na xeral.[11] Tamén gañou o BRDC International Trophy [12] e o Ulster Trophy [13] así como as 24 Horas de Spa Francorchamps co seu compañeiro de equipo en Ferrari Giuseppe Farina.[14]

Hawthorn tivo menos sorte en 1954, sufrindo queimaduras graves nun accidente durante o Gran Premio de Siracusa, pero terminou o ano con tres segundos postos e unha vitoria no final de tempada en España, quedando terceiro no campionato de pilotos.[15] Trala morte do seu pai, Hawthorn deixou Ferrari para competir co equipo Vanwall de Tony Vandervell, xa que tiña que pasar máis tempo no concesionario da familia que herdara, pero logo de dúas carreiras volveu a Ferrari.

24 Horas de Le Mans de 1955[editar | editar a fonte]

O accidende de Le Mans de 1955

En xaneiro de 1955, Hawthorn uniuse ao equipo de carreiras de Jaguar, en substitución de Stirling Moss, que marchara a Mercedes..[16] Hawthorn gañou as 24 Horas de Le Mans de 1955. Logo do que foi descrito como unha pilotaxe inspirada na que estableceu a marca de volta de 196´340 km/h durante un duelo de tres horas con Fangio nas primeiras etapas. A carreira viuse empañada polo peor desastre na historia do automobilismo, un accidente no que morreron 84 espectadores e o piloto Pierre Levegh, logo de que Hawthorn freara de súpeto diante do Healey de Lance Macklin logo de alcanzalo para entrar en boxes, causando que Macklin desviárase cara á traxectoria do Mercedes de Levegh. Logo de chocar co Healey, o Mercedes saltou o terraplén de terra que separaba a área dos espectadores e a pista, envorcou e rebotou no extremo das bancadas dos espectadores, entón golpeou a estrutura dunha escaleira de formigón. O impacto desintegrou a parte dianteira e lanzou o coche en alto, dando voltas e lanzando restos sobre a multitude. A carrozaría dianteira caeu directamente sobre a multitude. A suspensión dianteira, motor, e outros restos voaron pola zona dos espectadores deixando franxas de destrución fronte ás tribunas. O resto do coche aterrou no terraplén de terra e estalou en chamas. Oito horas máis tarde, cando lideraba a carreira 1´5 voltas por diante do equipo Jaguar, o equipo Mercedes retirouse da carreira, aparentemente como un sinal de respecto polos falecidos no accidente; o equipo Jaguar foi invitado a unirse a eles, pero negouse.[17] A prensa francesa realizou fotografías de Hawthorn e Ivor Bueb celebrando a súa vitoria coa champaña habitual, pero tratáronos con desprezo. A investigación oficial sobre o accidente determinou que Hawthorn non era responsable do accidente, e que non era máis que un incidente de carreira. A morte dos espectadores atribuíuse ás normas de seguridade inadecuadas para o deseño da pista. As zonas de tribuna e boxes demolironse e reconstruíronse pouco despois. O número de mortos levou á prohibición dos deportes de motor en Francia, España, Suíza, Alemaña e outras nacións, ata que as pistas lograron un mellor nivel de seguridade.

Campionato do mundo de 1958[editar | editar a fonte]

Hawthorn liderando con Peter Collins en su coches Ferrari 801, durante o Gran Premio de Alemaña de 1957

Outro cambio de equipo en 1956, esta vez co equipo BRM, foi un fracaso, e o seu único podio chegou en Arxentina, onde a non participación de BRM permitiulle pilotar un Maserati 250F.[18]

En 1957, Hawthorn volveu co equipo Ferrari de fábrica, e pronto fíxose amigo de Peter Collins, un compatriota e piloto do equipo Ferrari. Durante as tempadas 1957 e 1958, os dous ingleses engancharonse nunha feroz rivalidade con Luigi Musso, outro piloto de Ferrari, polos premios en efectivo. Hawthorn gañou o Gran Premio de Francia de 1958 en Reims, no que Musso resultou ferido mortal cando ía no segundo lugar.[19]

Hawthorn ao volante do seu Ferrari no terceiro posto no Gran Premio da República Arxentina

Hawthorn gañou o campionato de 1958 de Fórmula 1. Unha vitoria, no Gran Premio de Francia, e sete podios permitíronlle vencer ao seu compatriota Stirling Moss, a pesar de que este logrou catro triunfos e nove podios. Lideraba facilmente no Gran Premio de Mónaco de 1958 cando explotou o motor do seu 246,[20] mentres que en Monza estaba un minuto por diante de Tony Brooks cando o seu embrague obrigoulle a reducir a velocidade para quedar na segunda posición.[21]

Hawthorn beneficiouse enormemente da cabaleirosidade de Moss, como se demostrou no Gran Premio de Portugal de 1958 en Porto. Hawthorn foi descualificado por arrincar o seu coche parado costa abaixo en dirección contraria, no camiño a un segundo posto. Moss intercedeu a favor de Hawthorn e a decisión foi revertida en última instancia.[22] Logo dunha parada en boxes a media carreira, Hawthorn acelerou de novo a través da pista para gañar un punto extra pola volta máis rápida. Moss non respondeu, posiblemente dubidando de que Hawthorn puidera facer a volta rápida cos seus freos de tambor danados. Este punto adicional no campionato do mundo máis os puntos do segundo lugar contribuíron a que Hawthorn gañara o campionato cun total na tempada de só un punto máis que Moss. Na última carreira, o Gran Premio de Marrocos de 1958, Hawthorn fixo unha carreira táctica conservadora co obxectivo de manterse diante dos compañeiros de Moss en Vanwall. O coche de Brooks rompeu e Stuart Lewis-Evans no terceiro Vanwall estrelouse logo dun intento desesperado por adiantar a Hawthorn polo terceiro posto, Evans morreu logo de sufrir queimaduras. Nas últimas voltas, o segundo clasificado Phil Hill desacelerou e deixou pasar a Hawthorn para lograr os puntos suficientes para gañar o campionato, foi a primeira vez que gañou un piloto inglés..[2][23]

Logo de gañar o título mundial, Hawthorn anunciou inmediatamente a súa retirada da Fórmula Un. O 22 de xaneiro de 1959, faleceu traxicamente nun accidente de coche. Unha das rúas de Farnham, a cidade onde viviu ata o final da súa vida, leva o seu nome.

Hawthorn caracterizouse por levar unha gravata de lazo cando corría,[24][25] en Francia foi alcumado como ‘Le Papillon’ (A bolboreta).[2]

A rivalidade con Luigi Musso[editar | editar a fonte]

Moitos anos logo da morte de Mike Hawthorn, Fiamma Breschi, a noiva de Luigi Musso no momento da súa morte, revelou a natureza da rivalidade de Musso con Hawthorn e Collins no documental de televisión, A vida secreta de Enzo Ferrari. Breschi recordou que o antagonismo entre Musso e os dous pilotos ingleses animou aos tres a tomar máis riscos:

"Os ingleses (Hawthorn e Collins) tiñan un acordo", dixo ela. "Se calquera deles gañaba, compartían as ganancias por igual. Eran eles dous contra Luigi, que non formaba parte do acordo. A unión facía a forza, e uníronse na súa contra. Este antagonismo en realidade era favorable e non prexudicial para Ferrari. Canto máis rápido ían os pilotos, máis probable era que gañara un Ferrari." Breschi contou que Musso tiña débedas no momento da súa morte, e o diñeiro por gañar o Gran Premio de Francia de 1958 (tradicionalmente o maior premio monetario da tempada), era o máis importante para el. Logo de visitar o mortalmente ferido Musso no hospital, Breschi xa de volta no seu hotel, foi informada xunto co resto do equipo Ferrari polo director do equipo, de que Musso morrera esa tarde.[26]

Aos trinta días Collins tamén morreu, e Hawthorn morreu no xaneiro seguinte. Breschi non puido reprimir un sentimento de liberación. "Eu odiábaos", dixo, "en primeiro lugar porque era consciente de certos feitos que non estaban ben, e tamén porque cando saín do hospital e regresei ao hotel, atopeinos na praza do hotel, rindo e xogando un partido de fútbol cunha lata de cervexa baleira. Así que cando morreron, tamén, foi liberador para min. Pola contra tería sentimentos desagradables cara a eles para sempre. Deste xeito puiden atopar un sentimento de paz".[19][27]

Outra versión di que Hawthorn, quedou de feito, profundamente afectado pola morte de Musso. Musso correra imprudentemente porqué necesitaba desesperadamente o diñeiro do premio para pagar aos seus acredores. Confiou as súas preocupacións financeiras a Collins, con miras á obtención de axuda; Collins consultouno con Hawthorn, pero Hawthorn negouse. A súa negativa non era un xesto egoísta, xa que en caso de gañar, o diñeiro do premio iría para a súa noiva Delaunay, a nai do seu fillo. Cando saíron do hospital en Reims, Hawthorn limitouse a patear unha lata de cervexa que estaba tirada no chan; Collins pateouna no rebote.[28]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Mike Hawthorn nunca casou, pero tivo un fillo, Michael Arnaud Delaunay, cunha moza que coñeceu en Reims logo de gañar o Gran Premio de Francia de 1953. Pero no momento da súa morte saía coa modelo de moda Jean Howarth, quen máis tarde casou con outro piloto de carreiras, Innes Ireland, en 1992.[29]

Morte[editar | editar a fonte]

Un Jaguar 3.4 Mk.1 de 1959

O 22 de xaneiro de 1959, apenas uns meses despois da súa retirada, Hawthorn morreu nun accidente de tráfico na estrada A3, na circunvalación de Guildford, cando conducía o seu modificado Jaguar 3.4 litros berlina de 1954 (agora coñecido como o 3.4 Mk 1) VDU 881 a Londres. Aínda que as circunstancias do accidente están ben documentadas, a causa exacta permanece descoñecida.[30]

O accidente ocorreu nun punto negro da estrada, escenario de 15 accidentes graves (dous mortais) nos dous anos anteriores; O asfalto tamén estaba mollado nese momento. Conducía á unha velocidade estimada segundo unha testemuña de 130 km/h, Hawthorn adiantou a un coche Mercedes-Benz 300SL 'ás de gaivota' deportivo conducido por un famoso, o director do equipo de carreiras Rob Walker. Ao entrar nunha curva á dereita pouco despois de pasar ao Mercedes, Hawthorn recortou un bolardo "Keep Left" que dividía as dúas calzadas, o que lle fixo perder o control. O Jaguar foise de fronte a un camión Bedford que se achegaba en dirección contraria antes de vlver de novo ao seu carril e sairse para chocar contra unha árbore á beira do camiño, arrincándoo de raíz. O impacto causou lesións mortais a Hawthorn e o lanzou ao asento traseiro.

Houbo inevitables especulacións de que Hawthorn e Walker estiveran competindo entre eles, orixinadas pola persistente negativa de Walker á investigación do xuíz de instrución para estimar a velocidade do seu propio coche nese momento.[31] Nunha entrevista co piloto de carreiras de motor Eoin Young e o escritor Eric Dymock en 1988, Walker admitiu que estivera correndo con Hawthorn, pero fora aconsellado por un policía que investigaba o accidente para non facer ningunha mención para non incriminarse.[32]

As posibles causas do accidente inclúen un erro do piloto, un síncope, ou fallo mecánico, aínda que o exame dos restos non revelaron ningún fallo. Hai evidencia que Hawthorn sufrira recentemente desmaios, quizais debidos á falta dun ril.[33] En 1955, Hawthorn xa perdera un ril por unha infección, e comezara a sufrir problemas co outro. Tiña unha esperanza de vida de só tres anos máis.[34]

Na vista xudicial o 26 de xaneiro o xurado resolveu un veredicto de morte accidental.[35]

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tempada Series Posición Equipo Coche
1951 Motor Sport Brooklands Memorial Trophy [2] Riley TT Sprite
Leinster Trophy [36] Riley TT Sprite
1952 Lavant Cup [37] R.J. Chase Cooper-Bristol T20
Chichester Cup [38] Cooper-Bristol T20
Ibsley Grand Prix [39] R.J. Chase Cooper-Bristol T20
Sussex Trophy [38] Cooper-Bristol T20
Scottish National Trophy [40] Leslie hawthorn Connaught-Lea Francis A
Richmond Trophy [41] Ecurie Richmond Cooper-Bristol T20
Ulster Trophy [42] Archie Bryde Cooper-Bristol T20
British Empire Trophy [43] Len Potter Frazer Nash Mille Miglia
Gran Premio do Reino Unido de 1952 [44] Leslie D. Hawthorn Cooper-Bristol T20
Daily Mail Trophy [45] Leslie D. Hawthorn Cooper-Bristol T20
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1952 [9] Leslie D. Hawthorn
Archie Bryde
Cooper-Bristol T20
1953 Daily Express B.R.D.C. International Trophy [12] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Silverstone International [46] Scuderia Ferrari Ferrari 340 MM Barchetta Touring
Ulster Trophy [47] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio de Francia de 1953 [48] Scuderia Ferrari Ferrari 500
24 Horas de Spa de 1953 [49] Scuderia Ferrari Ferrari 375 MM Pinin Farina Berlinetta
12 Ore di Pescara [50] Scuderia Ferrari Ferrari 375 MM Coupé
Goodwood Trophy [51] G.A. Vandervell Ferrari Thinwall
Woodcote Cup [51] G.A. Vandervell Ferrari Thinwall
Grand Prix Automobile de Pau [52] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Grand Prix de Rouen-les-Essarts [53] Scuderia Ferrari Ferrari 625
Gran Premio Ciudad de Buenos Aires [54] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio de Alemaña de 1953 [55] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio de Suíza de 1953 [56] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1953 [11] Scuderia Ferrari Ferrari 500
1954 Gran Premio Supercortemaggiore [57] Scuderia Ferrari Ferrari 735 S
RAC Tourist Trophy [58] Scuderia Ferrari Ferrari 750 Monza
Gran Premio de España de 1954 [59] Scuderia Ferrari Ferrari 625
Gran Premio do Reino Unido de 1954 [60] Scuderia Ferrari Ferrari 625
Circuíto de Monsanto [61] Scuderia Ferrari Ferrari 750 Monza
Gran Premio de Alemaña de 1954 [62] Scuderia Ferrari Ferrari 625
Gran Premio de Italia de 1954 [63] Scuderia Ferrari Ferrari 625
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1954 [15] Scuderia Ferrari Ferrari 625
1955 Florida International Twelve Hour Grand Prix of Endurance [64] B.S. Cunningham Jaguar D-Type
Les 24 Heures du Mans [65] Jaguar Cars Ltd. Jaguar D-Type
London Trophy[66] Stirling Moss Ltd. Maserati 250F
Gran Premio Supercortemaggiore [67] Scuderia Ferrari Ferrari 750 Monza
Daily Herald Trophy [68] Scuderia Ferrari Ferrari 750 Monza
International Gold Cup [69] Scuderia Ferrari Lancia D50
1956 Daily Express International Trophy [70] Jaguar Cars Ltd. Jaguar Mark VII
Gran Premio Supercortemaggiore [71] Scuderia Ferrari Ferrari 500 TR Touring
Whit Monday Trophy [72] Lotus-Climax Eleven
12 heures internationales Reims [73] Jaguar Cars Ltd. Jaguar D-Type
Gran Premio da Arxentina de 1956 [74] Owen Racing Organisation Maserati 250F
Gran Premio de Suecia de 1956 [75] Scuderia Ferrari Ferrari 860 Monza
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1956 [76] 11º Owen Racing Organisation
Vandervell Products
Maserati 250F
BRM P25
Vanwall VW2
1957 Daily Express International Trophy [77] Jaguar Cars Jaguar 3.4 Litre
Gran Premio di Napoli [78] Scuderia Ferrari Ferrari D50
Gran Premio de Alemaña de 1957 [79] Scuderia Ferrari Ferrari 801
Gran Premio de Venezuela de 1957 [80] Equipo Ferrari Ferrari 335 S
12-Hour Florida International Grand Prix of Endurance for The Amoco Trophy [81] Jaguar Cars North America Jaguar D-Type
Internationales ADAC 1000 Kilometer Rennen auf dem Nürburgring [82] Scuderia Ferrari Ferrari 315 S
Gran Premio do Reino Unido de 1957 [83] Scuderia Ferrari Ferrari 801
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1957 [84] Scuderia Ferrari Ferrari 801
1958 Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1958 [85] Scuderia Ferrari Ferrari 246
Glover Trophy [86] Ferrari 246
International Daily Express Trophy [87] Jaguar 3.4 Litre
Gran Premio de Francia de 1958 [88] Scuderia Ferrari Ferrari 246
Internationales ADAC 1000 Kilometer Rennen Nürburgring [89] Scuderia Ferrari Ferrari 250 TR 58
Gran Premio de Bélxica de 1958 [90] Scuderia Ferrari Ferrari 246
Gran Premio do Reino Unido de 1958 [91] Scuderia Ferrari Ferrari 246
Gran Premio de Portugal de 1958 [92] Scuderia Ferrari Ferrari 246
Gran Premio de Italia de 1958 [93] Scuderia Ferrari Ferrari 246
Gran Premio de Marrocos de 1958 [94] Scuderia Ferrari Ferrari 246
Gran Premio da Arxentina de 1958 [95] Scuderia Ferrari Ferrari 246
Targa Florio [96] Scuderia Ferrari Ferrari 250 TR 58
500 Millas de Monza [97] Scuderia Ferrari Ferrari 296 Mi

Resultados completos en Fórmula 1[editar | editar a fonte]

(Carreiras en negra indica pole position, cursiva volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Pts.
1952 LD Hawthorn Cooper T20 Bristol I6 SUI
500
BEL
4
RU
3
ALE
HOL
4
ITA
Ret
10
AHM Bryde Cooper T20 Bristol I6 FRA
Ret
1953 Scuderia Ferrari Ferrari 500 Ferrari I4 ARX
4
500
HOL
4
BEL
6
FRA
1
RU
5
ALE
3
SUI
3
ITA
4
19 (27)
1954 Scuderia Ferrari Ferrari 625 Ferrari I4 ARX
DSC
500
BEL
4*
RU
2
ALE
2*
SUI
Ret
ITA
2
24´64
Ferrari 553 Ferrari I4 FRA
Ret
ESP
1
1955 Vandervell Products Ltd. Vanwall Vanwall I4 ARX
MON
Ret
500
BEL
Ret
NC 0
Scuderia Ferrari Ferrari 555 Ferrari I4 HOL
7
ITA
10
Ferrari 625 Ferrari I4 RU
6*
1956 Owen Racing Organisation Maserati 250F Maserati I6 ARX
3
BEL
NTS
12º 4
BRM P25 BRM I4 MON
NTS
500
RU
Ret
ALE
ITA
Vandervell Products Ltd. Vanwall Vanwall I4 FRA
10*
1957 Scuderia Ferrari Lancia-Ferrari D50A Lancia V8 ARX
Ret
MON
Ret
500
13
Ferrari 801 Lancia V8 FRA
4
RU
3
ALE
2
PES
ITA
6
1958 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 ARX
3
MON
Ret
HOL
5
500
BEL
2
FRA
1
RU
2
ALE
Ret
POR
2
ITA
2
MOR
2
42 (49)

* Indica monopraza compartido

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

Anor Equipo Co-Pilotos Coche Clase voltas Pos. na
xeral
Pos. por
clase
1953 Italia Scuderia Ferrari Italia Giuseppe Farina Ferrari 340 MM Pininfarina Berlinetta S5.0 12 DSC
(repostaxe ilegal)
1955 Jaguar Cars Ltd. Ivor Bueb Jaguar D-Type S5.0 307
1956 Jaguar Cars Ltd. Ivor Bueb Jaguar D-Type S5.0 280
1957 Italia Scuderia Ferrari Italia Luigi Musso Ferrari 335 S S5.0 56 Ret
(Motor)
1958 Italia Scuderia Ferrari Peter Collins Ferrari 250 TR 58 S3.0 112 Ret
(Embrague)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Index entry". FreeBMD. ONS. Consultado o 17 de outubro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Bailey Skilleter, “Mike Hawthorn: Golden Boy" (PJ Publishing Ltd., ISBN 978-1-908658-06-7, 2015)
  3. "Mike Hawthorn - a Tribute ... The Tourist Trophy Garage:Standard Atlas Van Project". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2014. 
  4. "Mike Hawthorn - A tribute". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2008. Consultado o 20 September 2014. 
  5. Motor Sport, October 1950, Page 493; Motor Sport, August 1951, Page 379.
  6. Motor Sport, September 1951, Page 432.
  7. Motor Sport, January 1952, Page 11.
  8. "British GP, 1952 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  9. 9,0 9,1 "Results 1952 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  10. "French GP, 1953 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  11. 11,0 11,1 "Results 1953 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  12. 12,0 12,1 "Formula 2 1953 - International Trophy". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  13. "Formula 2 1953 - Ulster Trophy". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  14. "Spa 24 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 26 January 2016. 
  15. 15,0 15,1 "Results 1954 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  16. A letter from Mike Hawthorn Arquivado 27 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. Mike-hawthorn.org.uk. Retrieved on 2013-08-16.
  17. "Mike Hawthorn & the 1955 24 Hours of Le Mans: The Cause and the Effect". ConceptCarz.com. Consultado o 15 de abril de 2013. 
  18. "Argentine GP, 1956 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  19. 19,0 19,1 "French GP, 1958 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  20. "Monaco GP, 1958 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  21. "Italian GP, 1958 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  22. "Portuguese GP, 1958 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  23. "Morocco GP, 1958 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  24. Daley, Robert (15 de abril de 2005). The Cruel Sport: Grand Prix Racing 1959-1967. St. Paul, MN USA: MotorBooks International. p. xv. ISBN 978-0-76032-100-3. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2014. Consultado o 4 de febreiro de 2013. The world champion that year was the Ferrari driver Mike Hawthorn, a tall, blond young man who always wore a bow tie when racing. Always. He considered this important. It was his style. 
  25. Salmon, Dick (1 de maio de 2007). Brm: A Mechanic's Tale. Dorchester, UK: Veloce Publishing. p. 58. ISBN 978-1-84584-082-2. Consultado o 4 de febreiro de 2013. Invariably he would greet his friend Peter Collins with the words 'mon ami, mate' and was famous for his bow tie, which earned him the nickname 'Le Pappilon' (sic), meaning the butterfly. 
  26. Williams, Richard, Richard Williams Talks to Fiamma Breschi, the Woman Behind Enzo Ferrari, The Guardian, 22 January 2004
  27. Williams, Richard, Richard Williams Talks to Fiamma Breschi, the Woman Behind Enzo Ferrari, The Guardian, 22 de xaneiro de 2004
  28. Shaw, D. (2012). One Glorious Hour: A True Story: July 1958-January 1959. D B Publishing, 2012. ISBN 978-1-78091-043-7
  29. Nixon, C. (1991). Mon Ami Mate. Transport Bookman Publications. 400 pages. ISBN 978-0-85184-047-5
  30. "Mike Hawthorn's fatal accident". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2014. 
  31. Farnham Herald, 30 de xaneiro de 1959. How Mike Hawthorn met his death. (Report of coroner's inquest, Guildford Town Hall).[1] Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  32. Dymock, E. (2011). Mike Hawthorn & Rob Walker. Books and eBooks on Cars and Motoring, 31 de outubro de 2011. Dove Publishing Ltd. [2] Arquivado 20 de xuño de 2013 en Archive.is
  33. Mike Hawthorn - 1958 World Champion Tribute. Mike-hawthorn.org.uk. Retrieved on 2013-08-16.
  34. Deadliest Crash:the Le Mans 1955 Disaster BBC Four documentary, broadcast 16 de maio de 2010
  35. "Open University - Surrey Constabulary Archives". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2014. 
  36. "Leinster Trophy". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  37. "Formula 2 1952 - Lavant Cup". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  38. 38,0 38,1 "1952 Formula Libre Races". www.teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 January 2016. 
  39. Allen Brown. "Goodwood, 14 Apr 1952 « International Libre « OldRacingCars.com". www.oldracingcars.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  40. "Formula 2 1952 - National Trophy". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  41. "Formula 2 1952 - Ibsley". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  42. Allen Brown. "Dundrod, 7 Jun 1952 « International Libre « OldRacingCars.com". www.oldracingcars.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  43. "British Empire Trophy". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  44. "Results 1952 Formula 1 Grand Prix of Great Britain". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  45. "Formula 2 1952 - Daily Mail Trophy". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  46. "Silverstone International". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  47. "Formula 2 1952 - Grand Prix of Switzerland". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  48. "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of France". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  49. "Spa 24 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  50. "12 h Pescara". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  51. 51,0 51,1 "1953 Formula Libre Races". www.teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  52. "Formula 2 1953 - Pau GP". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  53. "Formula 2 1953 - Rouen GP". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  54. "Formula 2 1953 - Buenos Aires City GP". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  55. "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of Germany". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  56. "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of Switzerland". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  57. "Supercortemaggiore". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  58. "Tourist Trophy". Racing Sports Cars. Consultado o 26 January 2016. 
  59. "Results 1954 Formula 1 Grand Prix of Spain". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  60. "Results 1954 Formula 1 Grand Prix of Great Britain". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  61. "Monsanto". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  62. "Results 1954 Formula 1 Grand Prix of Germany". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  63. "Results 1954 Formula 1 Grand Prix of Italy". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  64. "Sebring 12 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  65. "Le Mans 24 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  66. "1955 London Trophy". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  67. "Supercortemaggiore". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  68. "Oulton Park International". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  69. "1955 International Gold Cup". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  70. "1956 Silverstone International Trophy". touringcarracing.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  71. "Supercortemaggiore". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  72. "1956 Formula Libre Races". www.teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  73. "12 h Reims". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  74. "Results 1956 Formula 1 Grand Prix of Argentina". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  75. "Sveriges Grand Prix". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  76. "Results 1956 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  77. "1957 Silverstone International Trophy". touringcarracing.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  78. "1957 Naples GP". Chicane F1. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  79. "Results 1957 Formula 1 Grand Prix of Germany". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  80. "GP Venezuela". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  81. "Sebring 12 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  82. "Nürburgring 1000 Kilometres". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  83. "Results 1957 Formula 1 Grand Prix of Great Britain". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  84. "Results 1957 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  85. "Results 1958 Formula 1 Season". F1 Fansite. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  86. "1958 Glover Trophy". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  87. "1958 Silverstone International". touringcarracing.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  88. http://www.f1-fansite.com/f1-results/results-1958-formula-1-grand-prix -of-france/
  89. "Nürburgring 1000 Kilometres". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  90. "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Belgium". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  91. "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Great Britain". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  92. "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Portugal". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  93. "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Italy". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  94. "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Morocco". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  95. "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Argentina". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  96. "Targa Florio". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  97. "500 Millas de Monza (Monzanapolis) 1958 standings". Driver Database. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Juan Manuel Fangio
Campión da Fórmula 1
1958
Sucesor:
Jack Brabham

{{ORDENAR:Hawthorn, Mike}