Roberto Mières

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Roberto Mieres")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roberto Mieres
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Argentina.svg Arxentina
Anos en activo 1953, 1955
Escudería(s) Gordini, Maserati
Grandes Premios disputados 17
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 1
Primeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1953
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1955


Roberto Casimiro Mieres, nado o 3 de decembro de 1924 e[1] finado o 26 de xaneiro de 2012, foi un piloto de carreiras orixinario de Mar del Plata, Arxentina. Participou en 17 Grandes Premio do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 7 de xuño de 1953. Anotou un total de 13 puntos para o campionato.

Fórmula Un e o automobilismo[editar | editar a fonte]

Mieres competiu en diferentes deportes, como remo, vela, rugby e tenis. Primeiro participou en carreiras de automobilismo en Arxentina cun MG, que máis tarde substituiría por un Mercedes-Benz SSK e logo por un Bugatti anteriormente pilotado por Achille Varzi, utilizando este último para gañar o campionato arxentino de automóbiles deportivos. Como recompensa, invitárono a unirse aos seus compatriotas Juan Manuel Fangio e José Froilán González nunha viaxe a Europa, no que terminou cuarto no Circuit des Nations de 1950 en Xenebra pilotando un Ferrari 125 de Fórmula Un. Logo de regresar a Arxentina, foi recrutado polo equipo Gordini para substituír ao lesionado Jean Behra, o que lle permitiu debutar no Campionato do Mundo no Gran Premio dos Países Baixos de 1953. Tamén competiu nos Grandes Premios francés e italiano, sendo o seu mellor posto sexto en Monza.[2]

Mieres logrou o seu mellor resultado de 1953, na carreira fóra de campionato do Grand Prix de l'Albigeois celebrada en Albi, Francia, terminando en cuarto lugar.[3] Tamén terminou terceiro nunha carreira de hándicap de autos deportivos en Caen en xullo de 1953, gañado por Jean Chancel.[4] En xaneiro de 1954 Mieres quedou en segundo lugar no Gran premio de Buenos Aires. Maurice Trintignant gañou logo de que Mike Hawthorn derrapara preto da meta.[5] A cola do Maserati de Mieres incendiouse durante o Gran Premio de Bélxica de 1954 no Circuíto de Spa Francorchamps. Despois de decatarse tardiamente disto, freou violentamente e saltou para poñerse a seguro.[6] Logo Mieres terminou quinto nun Maserati no Gran Premio do Reino Unido de 1954 en Silverstone.[7] En 1957 na Cidade de Buenos Aires nunha carreira de autos deportivos Mieres pilotaba un Jaguar de 3,5 litros a o cuarto posto. O seu compañeiro de pilotaxe era Ninian Sanderson de Escocia.[8] Máis tarde Mieres se asociou con Anton Van Dorey pola vitoria no USAC Road Racing Championship Daytona 1,000 km de 1959, o predecesor da moderna Rolex 24 at Daytona, e un cuarto posto nas 12 Horas de Sebring de 1960.[9]

É probable que unha mancha de aceite deixada polo Porsche de Mieres provocara o tráxico accidente do Gran Premio de Cuba de 1958, no que polo menos morreron catro persoas e outras cincuenta resultaron feridas. O piloto de Ferrari Armando García Cifuentes patinou nunha gran mancha de aceite que fora depositada na pista e estrelouse contra unha tribuna; unha volta antes, Mieres entrara en boxes para repoñer o aceite que perdera cun manguito de aceite roto.[10]

Retirada[editar | editar a fonte]

A súa carreira no automobilismo deportivo terminou na década de 1950, Mieres interesouse pola vela, e representou á Arxentina en vela nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma. Competiu contra o ex piloto de carreiras e compañeiro, o Príncipe Bira na clase Star, terminando 17º e batendo ao seu antigo rival no proceso.[11] Só outros cinco pilotos competeron tanto no Campionato do Mundo de Fórmula Un e nas Olimpíadas. Morreu á idade de 87 anos en Uruguai.[12]

Resultado completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1953 Équipe Gordini Gordini Type 16 Gordini
6 en liña
ARX 500 NED
Ret
BEL FRA
Ret
GBR ALE SUI ITA
6
NC 0
1954 Roberto Mieres Maserati A6GCM Maserati
6 en liña
ARX
Ret
500 BEL
Ret
FRA
Ret
GBR
6
11º 6
Maserati 250F ALE
Ret
Officine Alfieri Maserati SUI
4
ITA
Ret
ESP
4
1955 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati
6 en liña
ARX
5
MON
Ret
500 BEL
5 *
NED
4
GBR
Ret
ITA
7
7
* Indican unidade compartida con Jean Behra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29. 
  2. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Enfield: Guinness Publishing. pp. 254–255. ISBN 0-85112-702-9. 
  3. Frenchman Wins Automobile Race, Los Angeles Times, xuño 1, 1953, Page C2.
  4. Bayol Takes Auto Race, New York Times, xullo 27, 1953, Page 23.
  5. Sports In Brief, Los Angeles Times, febreiro 1, 1954, Page C2.
  6. Hot Race, New York Times, xuño 24, 1954, Page 37.
  7. Argentine Driver Triumphs In Rain, New York Times, xullo 18, 1954, Page S4.
  8. Ferrari Is First At Buenos Aires, New York Times, xaneiro 21, 1957, Page 41.
  9. Gendebien's Porsche Takes Sebring Race Fatal to Two, New York Times, marzo 27, 1960, Page S1.
  10. Crash Kills 4 In Cuba Auto Race; Rebel Kidnappers Free Fangio, New York Times, February 25, 1958, Page 1.
  11. Viva F1. "Formula One at the Olympics". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2012. Consultado o 2012-07-26. 
  12. "Former Maserati grand prix driver Roberto Mieres dies aged 87". autosport.com. Haymarket Publications. 2012-01-27. Consultado o 2012-01-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]